Conversa categoría:Persoeiros LGBT
Aparencia
Esta páxina orfa contén unha conversa vella ou contidos anteriores con valor enciclopédico e mantense para a súa consulta. Por favor, non borres esta páxina. |
Para min é básico non categorizar as persoas por etnia, lingua ou sexualidade senón está xustificado dalgún xeito. Si debe haber categorías para activistas LGBT (sexan ou non eles mesmos LGBT), para investigadores LGBT ou o que sexa, si xa sei que outras wikipedias o fan pero que unha persoa sexa gai, lesbiana ou heterosexual non creo que sexa algo que haxa que categorizar sen motivo.--Sernostri (conversa) 21 de abril de 2014 ás 17:55 (UTC)
- É o mesmo que as categorías Categoría:Personalidades do ateísmo ou Categoría:Personalidades do catolicismo... habería que movela a "Categoría:Personalidades do movemento LGTB" e incluír só a activistas, investigadores e demais relevantes neste eido. --Norrin (Fálame) 6 de maio de 2014 ás 10:30 (UTC)
- Usuario:Xoacas, creáchela ti, que pensas? (E engado, para unificar, debería ser "Personalidades XXXX"). --Norrin (Fálame) 6 de maio de 2014 ás 10:31 (UTC)
- Concordo plenamente con Norrin.--Sernostri (conversa) 6 de maio de 2014 ás 14:06 (UTC)
- Se fose hoxe non a creaba. Paréceme ben a proposta de Norrin. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19 de xuño de 2014 ás 21:59 (UTC)
- Sernostri e Xoacas, propoño pois as categorías Categoría:Personalidades dos estudos LGTB, Categoría:Personalidades da cultura LGTB e Categoría:Personalidades do activismo LGTB. O que non sei e 1) se teremos artigos dabondo para enchelas, 2) cómo agrupalas (o de "movemento LGBT" non sei se é correcto e 3) de qué categoría, ademais da de Categoría:LGBT, penduralas. Saúdos! --Norrin (Fálame) 20 de xuño de 2014 ás 06:49 (UTC)
Eu concordo ca proposta. Sobre a denominación, usualmente emprégase LGTB ([1], [2], [3] etc). Se non se enchen agora, xa se irán enchendo (hainos ata nas mellores familias). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 29 de xuño de 2014 ás 11:47 (UTC)