Conversa usuario:4bot
Benvido(a) á Galipedia, 4bot!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. AlberteSi, digame? 19:52, 1 novembro 2007 (UTC)
Erros de ortografía
[editar a fonte]Ola 4bot, quizais te interesen estas dúas páxinas: Wikipedia:Erros de ortografía e Wikipedia:Erros de ortografía revisados, seguramente seranche útiles. O teu bot fai moi bos cambios, porén desfixen dous deles (os dous en Castelao), xa que pertencen a citas textuais, tal e como el as escribiu. Hai que ter coidado coas citas, xa que tamén as hai en castelán, e o bot pode pasar a traducir unha palabra ó galego nun texto castelán. Mais o traballo do bot está a ser moi bo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:19, 2 novembro 2007 (UTC)
San Amaro
[editar a fonte]Segundo o nomenclátor da Xunta que é o que se segue nestes casos, é San Amaro [1], polo menos o de Ourense, o da provincia da Coruña creo que é igual pero podes comprobalo nesta ligazón: Nomenclátor da Xunta. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:09, 4 novembro 2007 (UTC)
- Tes razón que paga a pena, por iso reviso algúns, para que todo quede perfecto, mais vai un pouco a fume de carozo. Máis que nada vixilo as parroquias, que é o máis conflitivo. Por certo, para que o teu bot sexa aprobado falta que poñas quen é o operador, se é que o tes, e se non crear unha conta de usuario para o operador. Un saúdo, estase a mellorar moito a lingua coas túas aportacións. AlberteSi, digame? 15:35, 4 novembro 2007 (UTC)
- Onde tes que poñelo é no de peticións de aprobación, aínda que poñelo na páxina do bot non vén mal. Póñelo ti no de peticións de aprobacións? Eu destacharei o voto. AlberteSi, digame? 15:40, 4 novembro 2007 (UTC)
(d)ondo
[editar a fonte]- Comproba esas substitucións: ás veces a xente escribe "donde" = "de" + "onde". --
Sobreira (parlez) 17:12, 4 novembro 2007 (UTC)
- Por qué, vai pedíndoche permiso antes de executar? Interesante.... --
Sobreira (parlez) 17:19, 4 novembro 2007 (UTC)
- Boas de novo. Na túa páxina dis que farás a mudanza se o VOLGA o deixe claro admitindo só outra forma. Mais na de soe, ademais de acostuma, tamén pode pasarse a adoita. Non sei se se pode facer a mudanza elixindo entre unha das dúas, segundo o contexto ou non. AlberteSi, digame? 18:29, 4 novembro 2007 (UTC)
- OK, pois como dicía un mestre meu: tíralle do aire. O teu bot vai rápido que nindiola. AlberteSi, digame? 18:36, 4 novembro 2007 (UTC)
Solicitude de estatus de bot
[editar a fonte]A solicitude de estatus de bot foi denegada e arquivada en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación/Arquivo Lmbuga Commons - Galipedia 18:58, 15 novembro 2007 (UTC)