Saltar ao contido

Conversa usuario:85.56.205.77

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola IP 85.56.205.77. Vin que modificaches a ligazón wikidata da entrada Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo. Aparentemente tamén creaches engadiches contido no elemento d:Q61062098 en Wikidata. O problema é que xa existía un elemento coas afirmacións que engadiches, xa que fora creado anteriormente.

Por favor, antes de crear un novo elemento en Wikidata procura facer unha busca antes, para non crear elementos duplicados e/ou introducir afirmacións en distintos elementos que ao final resultan ser o mesmo.

Xa fusionei os dous elementos e está corrixido. Mantívose o elemento máis vello,creado en febreiro de 2018 é dicir o d:Q47537667. Podes seguir achegando contidos sobre este tema ou (calquera outro)tanto aquí como en Wikidata, só ten en conta o que che comentei de facer unha busca antes de crear o elemento correspondente en Wikidata. Un saúdo e a seguir. Maria zaos (conversa) 2 de marzo de 2019 ás 23:16 (UTC)[responder]