Conversa usuario:Anaarias
Benvido(a) á Galipedia, Anaarias!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 11:21, 23 novembro 2009 (UTC)
lugares e parroquias
[editar a fonte]Ola, Ana! Deille categorías ás imaxes que subiches a Commons, para poder acceder a outras similares. Ademais, no artigo de Zolle, Zolle, Guntín deixei as ligazóns a outras aldeas e parroquias, para poder saltar facilmente aos artigos correspondentes doutros lugares. Por certo: vexo que o artigo do CPI Tino Grandío, que creaches hai nove anos, aínda non ten foto. Anímaste a sacar ti unha? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de maio de 2018 ás 15:23 (UTC)
- Ola, Ana; fixen categoría propia en Commons para o cole; é commons:Category:CPI Tino Grandío. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de maio de 2018 ás 20:35 (UTC)
- Boas de novo; pois o meu maior consello é que non teñas medo a meter a zoca. Se tes calquera dúbida, agora xa sabes onde preguntar; e se se mete a zoca, pois non pasa nada que para desfacer edicións sempre hai tempo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de maio de 2018 ás 00:09 (UTC)