Conversa usuario:Anxo Núñez Fernández
Dámosche a benvida á Galipedia, Anxo Núñez Fernández!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 19 de setembro de 2018 ás 10:55 (UTC)
Referenciar
[editar a fonte]Ola, Anxo. Calquera contido que engadas debes referencialo. Moitas grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19 de setembro de 2018 ás 10:55 (UTC)
- Daquela non pode quedar. A Wikipedia (pode revisar a guía de edición) non é fonte primaria e tampouco non admite investigacións orixinais. Todos os contidos que recolle foron primeiramente expostos en publicacións acreditadas. Se nalgún momento deses coa denominación que propós (seguramente como santo Ourente e non *san Ourente; á parroquia é Santo Ourente de Entíns), non dubides en achegala para podérmola incluír como denominación alternativa válida. Por outra banda, para conversar cun usuario, tes que facelo tal cal o fixeches pero, no canto de ao comezo da páxina, ao final. E que non che esqueza asinares as mensaxes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19 de setembro de 2018 ás 15:00 (UTC)
páxinas de conversa
[editar a fonte]Ola, Anxo.
Segundo as normas adoptadas na Galipedia polas persoas usuarias, os contidos das páxinas de usuario non se deben borrar, senón que deben quedar arquivados. É por iso que recuperei as mensaxes que outros compañeiros che deixaron. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de outubro de 2018 ás 08:51 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Anxo Núñez Fernández. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de outubro de 2018 ás 09:02 (UTC)
Ría de Muros e Noia
[editar a fonte]Boas Anxo, desfixen o teu engadido no artigo xa que non é un feito consolidado, é unha marca publicitaria coa que os concellos queren que se coñeza, pero polo momento isto aínda non sucede. E como podes consultar en Wikipedia:O que a Wikipedia non é, non se pode facer publicidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2018 ás 13:39 (UTC)
Proposta de borrado de María Xosé Suárez Castro
[editar a fonte]Boas, o artigo María Xosé Suárez Castro está proposto para borrado por non ter relevancia enciclopédica, podes facer comentarios sobre este tema en Wikipedia:Votacións para borrar/María Xosé Suárez Castro. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de maio de 2019 ás 12:40 (UTC)
Manuel González López
[editar a fonte]Boas, o artigo Manuel González López, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2019 ás 15:55 (UTC)