Conversa usuario:Banjo/Arquivo 14
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Arquivo 14: Do 30/07/2018 ao 31/12/2018
Ola, Banjo!
Non acabo de comprender moi ben o de "Se hai información non relevante para outros proxectos, como categorías ou marcas de destaque, a páxina de descrición do ficheiro e o seu historial deben recuperarse localmente tralo borrado de xeito que só se manteñan esas categorías ou marcas". Entendo que se refire, por exemplo, ás imaxes que foron destacadas en portada; pero non entendo que interese pode ter manter duplicada unha descrición dunha imaxe só por conservar unha categoría, se é que comprendín ben. Podes mandarme o enlace onde está o criterio ese, para ver se lendo o contexto o visualizo mellor? Graciñas, e perdoa o traballo de recuperar as imaxes. --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xullo de 2018 ás 07:39 (UTC)[responder]
Ola,quería preguntar por qué foi borrado o mejor trabarlo? É por qué esquecinme en por a bibliografía. Estoy canso de que me borredes o artigo. Mateosx 21 (conversa) 3 de agosto de 2018 ás 00:33 (UTC)[responder]
Ola, Banjo. Co bot, podes pasar as distintas formas de best seller á correcta e adaptada pola RAG best-séller? Que vaia ao xeito, que hai algunhas que cómpre deixalas estar por ser títuos en inglés. Grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 6 de agosto de 2018 ás 19:30 (UTC)[responder]
- @Atobar: Feito! co WP:AWB en manual, para evitar estragar títulos de filmes e referencias noutras linguas. Pode quedar algún solto por aí, pero o groso xa debería estar. ☣Banjo tell me 6 de agosto de 2018 ás 20:31 (UTC)[responder]
Ola Banjo. Moitísimas grazas pola túa ligazón. --XoioÉche o que hai 6 de agosto de 2018 ás 23:27 (UTC)[responder]
Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Tes razón Banjo. Non me dera conta, pero coruxa non se considera correcta. Haberá que borrala. Iso non quere dicir que a xente non diga coruxa, igual que ocorre coas parellas fuciño/fociño, anduriña/andoriña, rula/rola etc. Unha delas elíxese como normativa, ás veces admítense as dúas e outras só unha. Por exemplo, non consideran correcto fuciño, pero desde sempre se dixo así en moitas partes de Galicia. O feito que figure no DRAG coruxa ou fuciño (indicadas como incorrectas) é porque se consideran palabras galegas (mal ditas pero con tradición); pero non incluirían lechuza ou hocico (palabras non galegas). As redireccións tamén están pensadas para que o usuario que busca atope, e entón ás veces non está demais incluír as variantes existentes, aínda que co tempo se acabasen por considerar incorrectas (quero dicir nas últimas versións do DRAG). É diferente incluír no texto do artigo formas non admitidas, co que non estou de acordo, pero como redireccións para buscar é outra cousa. De todos modos, se a política é non incluír esas redireccións, pois haberá que borrala. Outras wikipedias son máis flexibles; por exemplo na inglesa poñen redireccións a todas as variantes de escritura que teñan (con guión, sen guión, fusionadas, formas inglesas ou americanas e mesmo formas polas que se sabe que moitos usuarios van a buscar o termo, aínda non sendo as máis correctas, pero tamén é certo que o inglés é un idioma un pouco especial niso).--Miguelferig (conversa) 9 de agosto de 2018 ás 22:08 (UTC)[responder]
Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. ☣Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:20 (UTC)[responder]
¿Porque eliminaches o meu artigo? ¡Quería facelo ben e puxen a plantilla en uso! Saúdos. --RodrigoLopezFDEZ (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 14:06 (UTC)[responder]
Pola incorporación de data e hora. Agremon(contacto) 14 de agosto de 2018 ás 18:46 (UTC)[responder]
Ola, Banjo. Poderías modificar esta imaxe para que o *sin pase a ser sen? Grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15 de agosto de 2018 ás 16:52 (UTC)[responder]
- @Atobar: Feito! A imaxe en galego queda co título Ficheiro:Gheada idioma galego.png ☣Banjo tell me 15 de agosto de 2018 ás 17:02 (UTC)[responder]
Ola, Banjo. Ao meu entender, é innecesario colocar o marcador na páxina de conversa cando xa se indico que se trata dunha tradución dende a Wikipedia X no resumo da primeira edición. Por exemplo, en aquí. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16 de agosto de 2018 ás 18:42 (UTC)[responder]
- @Atobar: Si, tes razón, é innecesario. O requisito de atribución xa se cumpre no propio historial neses casos. Non pasa nada tampouco por duplicalo desa forma. Estou sacando o {{traducido ref}} por non ter uso real, e sinceiramente non me estou parando moito en comprobar os historiais, é máis comodo e rápido deixalo na conversa con ese outro modelo en tódolos artigos para asegurar. ☣Banjo tell me 16 de agosto de 2018 ás 19:58 (UTC)[responder]
Ola Banjo. Por favor, mira a ver se agora o artigo quedou "non neutral", pois deixei só os datos, quitando os comentarios "xornalísticos". --XoioÉche o que hai 21 de agosto de 2018 ás 15:08 (UTC)[responder]
- @Xoio: Non de todo, fíxenlle uns cambios a maiores, á marxe doutro par de cambios de formato menores. Coido que agora xa queda listo, quiteille os marcadores. ☣Banjo tell me 21 de agosto de 2018 ás 17:07 (UTC)[responder]
- Moitas grazas. --XoioÉche o que hai 21 de agosto de 2018 ás 17:26 (UTC)[responder]
Traduccións automáticas
[editar a fonte]Boas, Banjo: Desculpa vin a conversa sobre traducción automáticas. O que estou a facer e darlle unha lectura as traducción automáticas e ver se hai erros e correxíndoas. É posible que se me escapen algunhas, desculpa. Un saúdo, Noel—o anterior comentario sen asinar foi feito por Noelgf (conversa • contribucións) 01/09/2018
Ola Banjo. Mira a ver se agora quedou ben o artigo, sen violar ningún dereito de autor. Un súado, --XoioÉche o que hai 4 de setembro de 2018 ás 20:17 (UTC)[responder]
- @Xoio: Necesitaría outra volta máis, pero agora non é o suficiente corta-pega como para presentar violación de dereitos. O outro marcador non o retires ata que se solucione o problema da redacción, por favor. ☣Banjo tell me 4 de setembro de 2018 ás 20:33 (UTC)[responder]
Ola Banjo. Mira a ver se agora quedou ben o artigo, sen violar ningún dereito de autor. --XoioÉche o que hai 4 de setembro de 2018 ás 20:26 (UTC)[responder]
- @Xoio: Eliminaches unha frase no primeiro parágrafo e retiraches a mención á fonte das que tomaches o texto e que presentan o problema, sen modificar nin un carácter. Os problemas seguen a ser os mesmos. ☣Banjo tell me 4 de setembro de 2018 ás 20:35 (UTC)[responder]
Ola Banjo. Se fas o favor, mira de novo o artigo Pazo de Lóngora a ver, se desta vez, cumpre cos requisitos requiridos. Grazas. --XoioÉche o que hai 6 de setembro de 2018 ás 14:31 (UTC)[responder]
- @Xoio: Segue a ser unha copia cuasi-literal na primeira sección e literal na segunda e terceira sección das tres fontes indicadas, polo que segue a infrinxir os dereitos de autoría das mesmas. Cópioche aquí o que se indica en WP:V por se che axuda para amañalo:
- Cómpre ter tino para evitar o plaxio e as infraccions dos dereitos de autoría ao utilizar as fontes. A mellor práctica é resumir o material da fonte coas súas propias palabras tanto como sexa posible; ao parafrasear unha fonte empregar unha cita en liña co texto; e facer calquera recoñecemento no propio texto cando sexa oportuno. ☣Banjo tell me 6 de setembro de 2018 ás 17:19 (UTC)[responder]
- Ola. Desculpa que che amole outra vez, pero, por favor, mira se agora o artigo quedou de vez adecuado. --XoioÉche o que hai 7 de setembro de 2018 ás 20:57 (UTC)[responder]
Copa Mundial de Fútbol ConIFA 2014
[editar a fonte]Hello, you can help improve the translation of the article "Copa Mundial de Fútbol ConIFA 2014" please. There is little to translate. Still sorry for my translation. I have currently posted sources per match of several newspaper articles such as the BBC, RNK, Nice-Matin, RSSSF, sverigesradio, as well as various well-known French, Italian, Swedish, Sri Lankan, Isle of Man newspapers, ect... Cordially.
Ola, Banjo. Sigo a voltas co modelo Xene-proteína. Fixen a páxina uroquinase e na caixa de datos aparéceme en vermello o Modelo:APC_prefix. Intentei buscar na wikipedia inglesa e non aparece o Template:APC_prefix, polo que non sei de onde sae este modelo. O caso é que APC suffix non dá problemas. Ademais no control de autoridades saen ben o APC prefix e suffix. Por certo, no control de autoridades non ten ligazón a palabra HomoloGene, que é unha páxina existente recentemente feita. Non sei a que se pode deber que APC prefix non funcione. Tes algunha idea?--Miguelferig (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 18:21 (UTC)[responder]
- @Miguelferig: [1] Feito! ☣Banjo tell me 9 de setembro de 2018 ás 21:24 (UTC)[responder]
- Grazas, Banjo.--Miguelferig (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 14:38 (UTC)[responder]
Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo
[editar a fonte]Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)[responder]
Grazas, Banjo, estudarei o tema. Agremon(contacto) 10 de setembro de 2018 ás 12:10 (UTC)[responder]
Grazas de novo. Polo momento, deixarei seguir o curso para a revogación. --Agremon(contacto) 8 de outubro de 2018 ás 22:19 (UTC)[responder]
grazas polo aviso, Banjo. Saúdos, Agremon(contacto) 16 de outubro de 2018 ás 06:41 (UTC)[responder]
Ola, Banjo. Podes poñer o bot a traballar para pasar *antinatural e *antinaturais a contranatural e contranaturais? Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 12 de setembro de 2018 ás 18:53 (UTC)[responder]
- @Atobar: Feito! co AWB baixo revisión manual para evitar falsos positivos. ☣Banjo tell me 12 de setembro de 2018 ás 19:04 (UTC)[responder]
Ola. A ver se agora o artigo quedou ben. --XoioÉche o que hai 20 de setembro de 2018 ás 18:07 (UTC)[responder]
Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Boas Banjo! Vin que borraches Categoría:Universidade Xaime I. Porén, segundo WP:TITORG os nomes das universidades tradúcense ao galego. Saúdos! --Norrin (Fálame) 24 de setembro de 2018 ás 07:33 (UTC)[responder]
Ola Banjo, como se aprecia, estou iniciándome no manexo da wiki e intentando contribuír a difundir a historia e traxectoria do grupo Raparigos, que este ano cumpre 50 anos de historia. Sobre o posible conflito de intereses, o grupo é suficientemente coñecido no mundo da gaita, quizá non hai xente animada a escribir na wikipedia sobre este aspecto da cultura galega. En todo caso conto con referencias xornalísticas, gráficas e publicacións que espero ir incorporando si é factible facelo. Un saúdo Infoxoan --Infoxoan (conversa) 24 de setembro de 2018 ás 23:44 (UTC)[responder]
Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Hola, querido Banjo, como estàs? Yo bien!
He abierto esta pagina, en la Galipedia, y te pido por favor alguno minuto de tu tiempo por un contextito rapido.
Muchas gracias por todo, y si quieres te contexto en Italiano y Francès. Hasta luego
☣Banjo tell me 14 de outubro de 2018 ás 20:39 (UTC)[responder]
Boas, estou homoxeneizando as categorías e os títulos dos artigos con cinema por ser a escolla do primeiro editor do artigo cinema. Agora hai artigos e categorías coas dúas formas e debería ser unha soa. --Breogan2008
- Ben o caso é que hai que escoller unha das formas, é dicir, para min non ten sentido que o artigo Historia do cinema teña por categoría "Historia do cine", polo que para min é algo a aplicar tamén nos títulos dos artigos, non?--Breogan2008 (conversa) 14 de outubro de 2018 ás 20:52 (UTC)[responder]
- Vale, facemos como dis. Para min o máis importante é que haxa un criterio. Pero debemos ter en conta que non só é o artigo historia do cinema o que hai que cambiar, senón tamén Cinema de Francia, Western (cinema), Cinema de Alemaña, Cinema de Italia ou cinema pornográfico. Seguro que hai máis. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 15 de outubro de 2018 ás 07:19 (UTC)[responder]
- Xa desfixen os cambios. Perdoa pola confusión e polas molestias.--Breogan2008 (conversa) 15 de outubro de 2018 ás 10:10 (UTC)[responder]
- Vale, facemos como dis. Para min o máis importante é que haxa un criterio. Pero debemos ter en conta que non só é o artigo historia do cinema o que hai que cambiar, senón tamén Cinema de Francia, Western (cinema), Cinema de Alemaña, Cinema de Italia ou cinema pornográfico. Seguro que hai máis. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 15 de outubro de 2018 ás 07:19 (UTC)[responder]
Ola, Banjo. Sería posible facer un modelo Goodreads e outro BiTraGa á maneira do IMDB, Twitter e similares? Pregunto porque vexo que hai moitas páxinas de autores e obras literarias que ligan a estas plataformas, e se cadra conviña algo semellante. Como o ves? Grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15 de outubro de 2018 ás 21:57 (UTC)[responder]
- @Atobar: Goodreads doado: en:Template:Goodreads book e en:Template:Goodreads author, adáptoos e miro de usar o bot para darlles uso. Para BiTraGa serían semellantes pero darán algo máis de traballo, non técnicamente pero sí en cuestión de datos. O ideal para este último sería obter un "volcado" dos IDs que usan para os autores e as obras e facer propiedades en wikidata para estos, semellante a como se fixo para os IDs da AELG. Traballo no tema e ímolo comentando. ☣Banjo tell me 15 de outubro de 2018 ás 22:12 (UTC)[responder]
- @Atobar: Modelo:Goodreads libro e Modelo:Goodreads autor listos. Revisarei o de BiTraGa cando consiga algo de tempo libre. ☣Banjo tell me 17 de outubro de 2018 ás 20:17 (UTC)[responder]
Sinto moito. Fíxeno só cando vin que só había tres artigos dependentes deste modelo. E pensei que quizais quería esborralo e centralizar todo en biografía. Escribín a Estevo (aei) para preguntarlle e díxenlle que se fixera mal para borrar as edicións. Perfecto agora. --Vanbasten 23 (conversa) 21 de outubro de 2018 ás 18:19 (UTC)[responder]
Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Ola!
Se Modelo:Biografía inclúe máis información ca Modelo:Escritor e Modelo:Compositor, por que recuperas estes últimos? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de novembro de 2018 ás 12:30 (UTC)[responder]
- Banjo, en ca.wiki teñen un proxecto para unificar as caixas, e están a desenvolvelo para que sexa multilingüe e collendo os datos de Wikidata. Eu comecei a traballar algo na adaptación, estas son algunhas cousas que fixen Usuario:Elisardojm/Instalación modelos con WikiData, pero polo momento non me podo poñer con isto, espero seguir nuns meses. A maiores, hai outra posibilidade, ampliar o modelo biografía con submodelos específicos, como en Modelo:Pirata incrustado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2018 ás 15:24 (UTC)[responder]
- @Elisardojm: Non hai motivo para unificar as caixas nun só modelo, non é viable para tódalas variantes posibles. O sistema actual de meta-modelo Infobox é suficientemente flexible para este tipo de caixas, e para utilizar os datos de Wikidata non é necesario refacer todo o sistema, con adaptar os modelos existentes para que usen o Wikidata é máis que suficiente. ☣Banjo tell me 10 de novembro de 2018 ás 16:04 (UTC)[responder]
Banjo, considero un erro que pola aplicación de primario reverqueras todos os cambios que fixen relacionados con Paula Vázquez Picallo. Como xa te teño dito outras veces, non vou entrar nunha discusión, pero o tempo dirá.Agremon(contacto) 11 de novembro de 2018 ás 20:35 (UTC)[responder]
Ola Banjo. Marquei para borrar o resumo do artigo destacado de xaneiro porque na proposta que fixen do artigo de Fanny Bullock Workman sinalaba que era para que aparecera no mes de marzo. Entendo que as persoas que votaron concordaban con que aparecera na portada nese mes, así que copiei o resumo que fixeches no mes de marzo. Se tes un momento habería que borrar a páxina resumo de xaneiro. Grazas, Piquito (conversa) 13 de novembro de 2018 ás 21:00 (UTC)[responder]
Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:05 (UTC)[responder]
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Boas Banjo, estou probando a facer cambios no portal Rusia, e gustaríame engadir un cabezallo similar ao que hai na portada da Galipedia. Revisando o código de Modelo:PortadaTítulo, aparece o parámetro class="fonslogo", que da como resultado o logo da wikipedia que aparece nese cabezallo. Como fago para cambiar ese fonslogo polo escudo de Rusia? A cuestión é que Elisardojm me dixo que ese fonslogo aparece en MediaWiki:Common.css, porén non podo editar aí ao non ter os permisos de administrador da interface. A cuestión é, cres que paga a pena crear un fonsrus ou algo parecido para engadir en MediaWiki:Common.css ou aí algunha outra forma de obter un resultado semellante sen andar tocando aí... sobre todo por que en función de como quede podería engadirse aos demais portais, e non imos crear 200 fonslogos. Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 10:55 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: As imaxes de fondo, do estilo dese "fonslogo", só se poden definir nos .css. Si sería necesario crear unha clase diferente para cada logo, xa que cada unha delas levará unha imaxe distinta. O que non é axeitado é facelo no MediaWiki:Common.css, sobre todo cando é para algo particular como son os portais, xa que o common debería conter código máis xenérico... A solución máis axeitada que se me ocorre sería, se efectivamente se vai utilizar este sistema en varios portais, crear un trebello específico que se activaría por defecto, e que incluiría únicamente as definicións dos logos nun css. Pola tarde-noite podo facer unha proba para ver se funciona ben deste xeito. Se se decide por facelo para máis portales xa quedaría a base, e se finalmente non se usa sempre se pode eliminar o trebello. ☣Banjo tell me 27 de novembro de 2018 ás 12:50 (UTC)[responder]
- Vale, xa imaxinaba que non se podería directamente no MediaWiki:Common.css. Probei a poñer unha imaxe en Portal:Rusia a ver se conseguía que aparecera algo semellante, pero por algún motivo deixa un espazo moi grande entre o texto e a imaxe. Cando fagas o novo trebello a ver se conseguimos que quede ben. Un saúdo e grazas.--AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 12:53 (UTC)[responder]
- Outra cousa Banjo. Ti non saberás se se pode quitar o texto que aparece en PAGEBANNER non? Por exemplo, en Portal:Rusia aparece escrito Rusia enriba da imaxe da cabeceira do artigo. Hai forma de que non apareza? --AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 16:20 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: Non é que non se poida poñer no Common.css, simplemente non é moi axeitado polo alcance limitado do seu uso, e se se vai replicar para outros portais faría que o Common.css quedase pouco "lexible". O trebello xa queda, deixei 4 imaxes de proba, só tes que cambiar o "class=logorusia" por "class=logorusia2"/"class=logorusia3"/"class=logorusia4" para ver como quedan, cámbialle a posición e o tamaño se non as ves nun primeiro momento (background-size e background-position). A silueta negra vese con cor ó poñela desta forma, sospeito que polo código subxacente do propio ficheiro .svg. Cando se decida unha final podemos eliminar o resto, pero polo momento tampouco hai presa. En canto ó do PAGEBANNER, o texto vai por defecto nesa extensión e non se pode eliminar. Pódese "agochar" en certa forma incluíndo o parámetro
|pgname=
baleiro, pero aínda así queda unha pequena sombra branca visible. ☣Banjo tell me 27 de novembro de 2018 ás 18:45 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: Non é que non se poida poñer no Common.css, simplemente non é moi axeitado polo alcance limitado do seu uso, e se se vai replicar para outros portais faría que o Common.css quedase pouco "lexible". O trebello xa queda, deixei 4 imaxes de proba, só tes que cambiar o "class=logorusia" por "class=logorusia2"/"class=logorusia3"/"class=logorusia4" para ver como quedan, cámbialle a posición e o tamaño se non as ves nun primeiro momento (background-size e background-position). A silueta negra vese con cor ó poñela desta forma, sospeito que polo código subxacente do propio ficheiro .svg. Cando se decida unha final podemos eliminar o resto, pero polo momento tampouco hai presa. En canto ó do PAGEBANNER, o texto vai por defecto nesa extensión e non se pode eliminar. Pódese "agochar" en certa forma incluíndo o parámetro
- Outra cousa Banjo. Ti non saberás se se pode quitar o texto que aparece en PAGEBANNER non? Por exemplo, en Portal:Rusia aparece escrito Rusia enriba da imaxe da cabeceira do artigo. Hai forma de que non apareza? --AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 16:20 (UTC)[responder]
- Ha ha! Por sorte o bordo da imaxe é negro e disimula ben a sombra! A ver en que queda a cousa co portal, que xa que houbo un conflito sobre o deseño con outro usuario. Moitas grazas pola axuda. --AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 18:50 (UTC)[responder]
- Vale, xa imaxinaba que non se podería directamente no MediaWiki:Common.css. Probei a poñer unha imaxe en Portal:Rusia a ver se conseguía que aparecera algo semellante, pero por algún motivo deixa un espazo moi grande entre o texto e a imaxe. Cando fagas o novo trebello a ver se conseguimos que quede ben. Un saúdo e grazas.--AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 12:53 (UTC)[responder]
Banjo, cando podas, poderías crear un fonseuro coa imaxe Ficheiro:Wiki Eurovision Heart (Infobox).svg, para incluír no Portal:Eurovisión? Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 11:41 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: Feito! "class=logoeuro". Pode tardar un pouco en recargar a caché do css para que se vexa. ☣Banjo tell me 28 de novembro de 2018 ás 11:52 (UTC)[responder]
- Graciñas! Xa apareceu. Pedinlle a Estevoaei que me dera permisos para editar nesa páxina, así non te ando molestando constantemente con este tema. --AMPERIO (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 11:53 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: Non hai de qué. Por "corrección" eu diríache que o permiso o deixes pedido no taboleiro, por aquilo de que quede constancia da petición nun sitio máis centralizado. ☣Banjo tell me 28 de novembro de 2018 ás 11:55 (UTC)[responder]
- Vale, entón o poñerei ali tamén. Grazas de novo. --AMPERIO (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 11:56 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: Non hai de qué. Por "corrección" eu diríache que o permiso o deixes pedido no taboleiro, por aquilo de que quede constancia da petición nun sitio máis centralizado. ☣Banjo tell me 28 de novembro de 2018 ás 11:55 (UTC)[responder]
- Graciñas! Xa apareceu. Pedinlle a Estevoaei que me dera permisos para editar nesa páxina, así non te ando molestando constantemente con este tema. --AMPERIO (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 11:53 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ @AMPERIO: O css onde engadir as novas clases é Mediawiki:Gadget-PortalClass.css. Cando queiras engadir unha nova copia a estrutura dunha anterior (dende { ata }), cámbialle o nome por "logoXXXX" segundo vexas descritivo, e ponlle a URL do ficheiro correspondente. Para sacar esta URL tes que ir á páxina do ficheiro en Commons (non en local), pinchar en "Usar este ficheiro" e copiar a segunda, a que pon "URL do ficheiro". Elimina as do portal Rusia que vexas que non se vaian a usar. ☣Banjo tell me 28 de novembro de 2018 ás 12:05 (UTC)[responder]
Boas Banjo, teño dúas cousas que non sei facer, a ver se me podías botar unha man:
- A primeira é engadir ao control de autoridades dous identificadores: Freebase ID (d:Property:P646) e Orthodox Encyclopedia ID (d:Property:P5002).
- A segunda é unha idea que teño para o Wikiproxecto catolicismo oriental. A idea sería crear por exemplo unha lista de bispos católicos da Igrexa maronita (d:Q64900), de tal xeito que poida ver dunha ollada cales existen en wikidata, etc. Non son quen de crear unha lista desde 0, mais se me fas unha básica para os bispos da Igrexa maronita, xa podo facer eu unha para o resto de igrexas.
Grazas! --Norrin (Fálame) 28 de novembro de 2018 ás 15:13 (UTC)[responder]
- Ola! @Norrin strange: respecto ao primeiro punto, terían que incluírse en Módulo:Control de autoridades/conf os identificadores de Freebase (este aparece no listado, pero como desbotado) e Orhodox Encyclopedia, xunto co número de P en Wikidata. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de novembro de 2018 ás 15:27 (UTC)[responder]
- @Norrin: O de Orthodox Encyclopedia queda engadido no control de autoridades. Freebase en principio está desbotado, de feito durante un tempo estivo engadido no modelo, pero dende que pecharon a súa API saqueino do modelo... Podería recuperarse coa URL que ten no Wikidata para o que lle chaman "Google Knowledge Base", pero sinceiramente creo que non achega moito (ex: [2] [3]) e nalgúns casos nin funciona (ex: [4]), unha procura "estándar" en google achega máis información que esas ligazóns. A lista revísoa pola tarde-noite, en canto quede lista déixoche aviso. ☣Banjo tell me 28 de novembro de 2018 ás 15:34 (UTC)[responder]
@Norrin: Engadindo isto na páxina que queiras usar para a lista sacas un listado básico de bispos da igrexa católica:
{{Wikidata list |sparql=SELECT ?item ?yob ?yod WHERE { ?item wdt:P39 wd:Q29182. ?item wdt:P140 wd:Q9592. ?item wdt:P31 wd:Q5. OPTIONAL { ?item wdt:P569 ?dob. BIND(YEAR(?dob) AS ?yob) } OPTIONAL { ?item wdt:P570 ?dod. BIND(YEAR(?dod) AS ?yod) } } LIMIT 2000 |wdq=. |links=red |sort=569 |columns=number:#,P18:Imaxe,item:Elemento en Wd,label:Nome,?yob:Nacemento,?yod:Falecemento }} {{Wikidata list end}}
- P39 -> Cargo
- Q29182 -> Bispo
- P140 -> Relixión
- Q9592 -> Católica
Así con estes valores xenera unha lista moi extensa, que ata pode ser difícil de manexar, pero podes probala sen medo. Sería cuestión de xogar cos valores "Q" para cambialos polas distintas relixións/igrexas... O problema que vin é que a maioría das personalidades de igrexas particulares teñen a relixión "Católica", polo que por exemplo se usas a maronita (Q64900) non devolve ningún resultado (si hai personalidades que teñen esta relixión asignada en wikidata, pero non son bispos). ☣Banjo tell me 28 de novembro de 2018 ás 21:19 (UTC)[responder]
- Vale, xogarei con isto a ver qué podo sacar. Grazas! --Norrin (Fálame) 29 de novembro de 2018 ás 08:20 (UTC)[responder]
Boas Banjo, cando teñas un momento poderías botarlle unha ollada ao Modelo:Ficha de documento? O problema está en que cando engades o parámetro |signatarios= devolve dúas veces o mesmo resultado. No exemplo que aparece no modelo pódese comprobar que aparecen duplicados Parlamento Europeo, Consello e Comisión Europea dentro dese apartado. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2018 ás 11:17 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: Feito! Tiña o "{{{signatarios|}}}" duplicado. ☣Banjo tell me 30 de novembro de 2018 ás 11:27 (UTC)[responder]
- Ah non me decatei diso! Moitas grazas! --AMPERIO (conversa) 30 de novembro de 2018 ás 11:28 (UTC)[responder]
Non sei se chegou o aviso de tarefa da taberna de Galifontes, poderías botarlle un ollo? É que hai que ser administrador para importar dúas páxinas, queremos mover alí os estatutos de A3GAL e a acta fundacional. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2018 ás 09:00 (UTC)[responder]
- @Elisardojm: Chegou alerta, pero xa o deixou listo HdH. ☣Banjo tell me 6 de decembro de 2018 ás 11:31 (UTC)[responder]
- Grazas igualmente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2018 ás 18:21 (UTC)[responder]
Boas Banjo, vin que hai uns días modificaches algunhas caixas de información e hoxe decateime dun detalle en Conversa:Malores Villanueva. Ao engadir o modelo:interese galegas a caixa queda cun bordo polo medio que queda un pouco raro. Poderías botarlle unha ollada a isto? Non é un tema que me quite o sono, polo que se o queres deixar como está non habería problema ningún. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 10 de decembro de 2018 ás 16:19 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: Os bordos das mensaxes veñen definidos segundo o tipo de aviso. No caso concreto que indicas ese bordo é do modelo {{BPV}}, que é un aviso de tipo "contido". Ó xuntalo cun aviso "estándar" vese desa forma. Os tipos de mensaxes son máis ou menos estes (hai algún máis, aínda non me puxen coa documentación dos modelos):
isto é un aviso grave |
isto é un aviso medio |
isto é un aviso estandar |
isto é un aviso de fusión/movemento |
- Cada tipo co seu formato predefinido. Están adaptados do sistema de avisos da wiki inglesa, e cada un ten un formato dependendo de si son avisos para artigos, conversas, categorías, etc. (os dos artigos banda lateral de cor e fondo branco, os das conversas fondo marrón e bordo, os das categorías fondo azul...). O sistema que tiñamos ata o de agora era unha adaptación máis vella deste mesmo sistema, pero aplicaba o formato de artigos por defecto para tódalas páxinas. Pódense cambiar máis ou menos libremente, o css está no MediaWiki:Common.css e o código está en Módulo:Message box, pero sería cuestión de ver se os cambios pagan a pena en cuestión de lexibilidade/efectividade, esforzo e facilidade de actualizacións futuras (se fosen necesarias). Eu son partidario de deixalos como están agora, pero como vexa a comunidade. ☣Banjo tell me 10 de decembro de 2018 ás 17:08 (UTC)[responder]
- Pois entón que quede como está. As páxinas de conversa non son tan visibles como as principais dos artigos, así que tampouco é que supoña un gran problema. Grazas pola túa explicación tan detallada :) --AMPERIO (conversa) 10 de decembro de 2018 ás 17:10 (UTC)[responder]
Boas Banjo, Quero informarme a que consideras promoción ou spam para eu poder mellorar os meus artigos e non cometer os mesmos erros continuamente. No artigo de Facundo Freitas disque hai isto, e quero saber como podo facelo ben e se ti poderíasme axudar. Grazas e saúdos. --Usuario:RodrigoLopezFDEZ (conversa) 18 de decembro de 2018 ás 00:35 (UTC)[responder]
- @RodrigoLopezFDEZ: WP:NON#PROPAGANDA, WP:V, WP:FF, WP:NFP, WP:CI, WP:X9 ☣Banjo tell me 17 de decembro de 2018 ás 23:44 (UTC)[responder]
Ola Banjo:
[editar a fonte]Non comprendemos dende a organización de METEOtempo Galicia por qué eliminas a nosa información publicada en WIFIPEDIA. Agardamos unha resposta. Atentamente:
-A DIRECIÓN DE METEOTEMPO GALICIA-
Boas Banjo. Teño un problema coa bibliografía de Motín do HMS Bounty. Resulta que en tres ligazóns aparece que falta a url:
- Darby, Madge (2004). "Bligh, Sir Richard Rodney (1737–1821)". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/2648. (require subscrición (?)).
- David, Andrew (2004). "Cook, James (1728–1779)". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/6140. (require subscrición (?)).
- Frost, Alan (2004). "Bligh, William (1754–1817)". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/2650. (require subscrición (?)).
Probei creando o Modelo:ODNBsub que empregaban no artigo en castelán xunto a referencia pensando que tomaría a url de aí... pero non. Sabes como se pode solucionar? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 22 de decembro de 2018 ás 12:45 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: {{ODNBsub}} pode substituírse por
|subscrición=
nos modelos de citas. Neste caso o modelo más axeitado é {{Cita enciclopedia}}, {{Cita web}} sempre precisa unha|url=
, se non se lle indica marca ese erro. Podes ver arriba como creo que queda mellor. ☣Banjo tell me 22 de decembro de 2018 ás 13:28 (UTC)[responder]
Boas Banjo, fixen uns pequenos arranxos en Boeing 777. Actualicei os datos de vendas a novembro de 2018 e modifiquei a posición da táboa de vendas por tipo de aeronave para que non quedara a pantalla desprazada (non sei se te pasaba a ti tamén). Vin que os ingleses utilizan un modelo chamado Boeing 777 Orders and Deliveries no que se inclúen esas gráficas e táboas de vendas e pedidos, non sei se merece a pena facelo nos tamén e (isto non sei se se poderá) facer que un bot actualice eses datos cando o fagan alí. --AMPERIO (conversa) 23 de decembro de 2018 ás 10:09 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: Grazas, tiña pendente darlle unha volta a ese artigo. O modelo alí téñeno porque usan o gráfico en dúas páxinas ó mesmo tempo, afórralles tempo ó actualizalo, para nos é un pouco innecesario mentres só se use nunha única páxina. O do bot é probablemente posible técnicamente, mais custoso en esforzo e tempo (eu persoalmente agora mesmo non podería nin poñerme a investigar o tema). Nun futuro seguramente aparezan proxectos para usar wikidata neste tipo de gráficos para actualizar alí os datos de forma máis doada con bots e que os gráficos xa se xeren sós con esos datos de wikidata en tódalas wikipedias... non me estranaría moito que xa alguén estivese a traballar neses temas. Grazas de novo polo repaso ó artigo. ☣Banjo tell me 23 de decembro de 2018 ás 15:31 (UTC)[responder]
Ola Banjo. Por qué eliminaches o artigo Carlos Silvar, e deixaches o antigo Calros Silvar que cómpre eliminar? --XoioÉche o que hai 23 de decembro de 2018 ás 23:28 (UTC)[responder]
- @Xoio: Porque Calros Silvar é o nome correcto. ☣Banjo tell me 23 de decembro de 2018 ás 23:45 (UTC)[responder]
Ola, Banjo. Estou deixando por onde vou pasando a lista de referencias a tres columnas; vexo que o teu bot cámbiao para 30em. Non sei se nalgures está indicada esa preferencia, ou se ten algunha vavantaxe. Saúdos, --Agremon(contacto) 25 de decembro de 2018 ás 20:31 (UTC)[responder]
- @Agremon: Wikipedia:Libro_de_estilo#Indicacións_para_as_referencias_e_bibliografía: Cando se use o modelo {{Listaref}} na sección de "Notas" para as referencias e notas, nalgúns casos cómpre indicar un parámetro de anchura para dividir en columnas a sección segundo a pantalla e resolución da pantalla do lector, particularmente nos casos nos que o artigo posúa moitas referencias ou notas aclaratorias. As instrucións de uso para as diversas opcións atópanse na páxina do propio modelo. ☣Banjo tell me 25 de decembro de 2018 ás 20:54 (UTC)[responder]
- @Banjo:, entendo que |3 cómpre todas as especificacións ás que alude, sen ter que cambialas a |30em. Saúdos,--Agremon(contacto) 26 de decembro de 2018 ás 11:02 (UTC)[responder]
- @Agremon: Non, xa que 3 sempre divide en tres columnas, independentemente da resolución de pantalla do lector, mentres que 30em asigna un tamaño de columna relativo á resolución e tamaño de caracter, polo que segundo estes parámetros axústase automáticamente para cada pantalla en 2-3-4 columnas, facilitando a lexibilidade en cada caso. ☣Banjo tell me 26 de decembro de 2018 ás 11:05 (UTC)[responder]
- @Banjo:, entendo que |3 cómpre todas as especificacións ás que alude, sen ter que cambialas a |30em. Saúdos,--Agremon(contacto) 26 de decembro de 2018 ás 11:02 (UTC)[responder]
- @Banjo:, comprendido o obxectivo e a avantaxe. Grazas! --Agremon(contacto) 26 de decembro de 2018 ás 13:09 (UTC)[responder]
Ola, Banjo! Podes recuperar na páxina principal de Novas da Taberna as seccións referidas a eventos do 2019, que aínda non tiveron lugar?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de decembro de 2018 ás 10:18 (UTC)[responder]
Boas Banjo, a proposta de Piquito creei o Modelo:WikiproxectosBanner para engadir nas conversas dos artigos que inclúan máis dun Wikiproxecto. Traducín o modelo inglés, que tamén incluía a opción de incluír o {{BPV}} nas conversas. Ata aí creo que todo ben. A cuestión é que ao facer a páxina de "instrucións" do modelo, empreguei para os exemplos wikiproxectos existentes que nos seus modelos inclúen unhas categorías para os artigos e que non son necesarias en {{WikiproxectosBanner}}. Sabes como podo facer para que esas categorías non aparezan nesa páxina, pero sigan aparecendo nas outras? Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 12:51 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: Feito! Engadindo unha comprobación no propio modelo para comprobar se o espazo de nomes é o de conversa de artigos limítase a categorización a esas conversas. Ex: [5] [6] [7] ☣Banjo tell me 30 de decembro de 2018 ás 13:10 (UTC)[responder]
- Vaites! xusto te ía escribir que o solucionara eliminando os parámetros
|class=
|importance=
(en Catolicismo oriental si seguía saíndo por que existía outra categoría máis xeral sen eses parámetros). Mellor así, moitas grazas pola axuda.. Non sei se servirá de moito o modelo, pero bueno aí queda. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 13:15 (UTC)[responder]
- Vaites! xusto te ía escribir que o solucionara eliminando os parámetros