Conversa usuario:Castelao/Arquivo 1
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:Castelao.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 10:18, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)
RE: Colmeiro
[editar a fonte]Tiñas toda a razón, xa o amañei e púxenlle unha referencia, grazas polo aviso. Para outra vez, se pensas que algo está mal e tes unha referencia axeitada non fai falta que preguntes, sé valente :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:51, 21 de febreiro de 2012 (UTC)
Pequencontro en Santiago
[editar a fonte]Boas, non sei se estás enterado do proxecto WikiSkills, pero resulta que este martes 17 pola tarde van facer un obradoiro dese tinglado en Santiago. Resulta que como imos a participar algúns galipedistas propuxen na taberna que ó rematar iso fagamos un pequeno encontro, se podes e che apetece deixa unha nota alí para ver cómo nos organizamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:43, 13 de abril de 2012 (UTC)
- Non se deben poñer eses datos persoais na Galipedia, pero só por seguridade de cada un. Se queres podes enviarme un correo electrónico usando a ligazón que hai na miña páxina de usuario que se chama "Enviar un correo electrónico a este usuario" e se queres podes poñerme o teu número aí (pero para quedar hoxe tes que enviarmo antes das 15:00 xa que logo estarei no tinglado do WikiSkills). E si, quedamos ás 20:00/20:15 nas Marías, a ver se nos vemos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:10, 17 de abril de 2012 (UTC) P.D: Tenta poñer un pequeno comentario na ligazón da taberna que che deixei de que ó mellor podes pasar por alí, para que o resto da xente se entere tamén, e así tamén che vale de práctica ;).
- A ligazón para mandarme un correo é doada de atopar, cando sabes onde está claro :). Na miña páxina de usuario debaixo da caixiña para facer as buscas de artigos hai un recadro que se chama caixa de ferramentas, está dentro desa caixa, e tamén está na túa páxina de usuario. Non che dou máis pistas ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:18, 17 de abril de 2012 (UTC)
- Xa me chegou o teu correo :). E acaba de confirmarme Atobar que quedamos ás 20-20:15 nas Marías pero que só ten tempo para unha reunión de 30-40 minutos, a ver si ven alguén máis do obradoiro de WikiSkills. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:33, 17 de abril de 2012 (UTC)
Síntoo, ó final o tinglado retrasouse un pouco e cheguei máis tarde do acordado e non te puden avisar porque perdera o papeliño co teu teléfono...:( A ver se para outra vez podemos organizarnos un pouco mellor, pero se queres comentar algún tema podes avisarme na miña páxina de conversa ou mandarme un correo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:43, 19 de abril de 2012 (UTC)
Ola Castelao, as modificacións que eu fixen nas túas correccións ao artigo Lino Torre Sánchez-Somoza debíanse simplemente á miña falla de información. Descoñecía que Pedro Pena ocupase a alcaldía de xaneiro ao xullo de 1909 con esa condición. E efectivamente, segundo os teus datos non foi un alcalde accidental. Así que vou volver a poñer as túas correccións no artigo. O que te agradecería (eu e todos os usuarios) (e evitaría casos como este) é que sempre que aportases algunha información que modificase o que está escrito, esta información estivese referenciada, xa sexa como unha nota ou poñendo o libro, artigo ou web correspondente na bibliografía. De todos xeitos, parabéns polas túas aportacións, e a seguir colaborando. Un saúdo. --Xas (conversa) 14 de setembro de 2014 ás 15:36 (UTC)[responder]
- Sobre as referencias. Non te preocupes todos fomos aprendendo pouco a pouco e grazas á axuda de outros compañeiros. Por iso, cando queiras poñer un dato novo e referencialo e non saibas como facelo, pois nada, podes enviarme unha mensaxe e eu (ou calquera outro compañeiro) procuraremos solucionalo. Se queres ver como facer coas referencias da prensa, que segundo me dis son a túa principal fonte, poder botarlle un olla precisamente a eses artigos de alcalde de Compostela, nos que eu utilicei esas mesmas referencias de prensa que ti dis. Calquera cousa, aquí estamos para axudar. Non dubides en preguntar. Saúdos e moitos ánimos. E grazas de novo polas túas aportacións! --Xas (conversa) 14 de setembro de 2014 ás 17:29 (UTC)[responder]
Ola, Castelao; na Galipedia adoita seguirse un formato común para os artigos de personalidades, polo que vou revertir parte das edicións que fixeches no artigo de Ánxel Casal. Amais, puxeches numerosos erros ortográficos (*maioria, *voltou, *compostelanos...). Amais, xa non se usan as interwikis, e no canto de incluír os apelidos nas categorías úsase o modelo:ORDENAR. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de setembro de 2014 ás 08:40 (UTC)[responder]
- Polo que mirei no historial, creo que o que fixeches foi editar sobre unha edición antiga do artigo, non sobre a última edición existente. Para calqueira dúbida, non teñas medo a preguntar. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de setembro de 2014 ás 09:09 (UTC)[responder]
Ola Castelao. Respecto do que me dis do formato das datas, eu o que fixen en realidade foi respectar o formato que puxeras ti nas túas referencias. Nas referenias que eu engadín usei o formato habitual. Pero tes razón. Xa paso o corrixilas. Grazas! --Xas (conversa) 15 de setembro de 2014 ás 14:59 (UTC)[responder]
Ola Castelao, vexo que acabas de crear a páxina Juan José Viñas Balduvieco. Era para comentarche que xa existe o artigo Juan José Viñas, que se refire á mesma persoa, aínda que como ti ves de comentar, ten mal o segundo apelido. Creo que deberías modificar e ampliar este artigo de Juan José Viñas e deixar Juan José Viñas Balduvieco como unha redirección. Saúdos. --Xas (conversa) 1 de outubro de 2014 ás 14:14 (UTC)[responder]
Ola Xas! Non me decatei de que xa existía a ficha. Vou trasladar os datos á ficha de "Juan José Viñas" e fago o que dis. O que tamén vexo é que lle chaman "Valduvieso". Xa hai 3 variacións do seu apelido: Balduvieco (que aparece nos xornais da época), Valdueso (na web do Congreso dos Deputados) e Valduvieso. Tratarei de ver cal é a máis axeitada. Gracias pola axuda e un saudo! --Castelao (conversa) 1 de outubro de 2014 ás 15:17 (UTC)[responder]
Ola Castelao/Arquivo 1, grazas por subires ficheiros á Galipedia.
Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.
Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):
{{Information |Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia. |
En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.
- Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
-
- Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
- No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
- Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
- Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
- Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres chaves.
- Garda a páxina
Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).
Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 28 de outubro de 2014 ás 21:34 (UTC)[responder]
Gracias polo aviso. Xa estaba vindo que ía ter algún problema e non teño moi claro o tema dos permisos, ao menos o tema de preenchelos. De feito, teño moitas imaxes vellas de Santiago (postais) e terei que ir subíndoas pouco a pouco, pero ás veces teño un certo reparo polo dito. Un saudo! --Castelao (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 07:08 (UTC)[responder]
Boas, vin os teus comentarios pedindo ligazóns a outras linguas e xa están postos. Esas ligazóns chámanse interwikis e ti tamén podes poñelas, só tes que ir a outra wiki que teña o artigo, buscalo e na lista de idiomas que ten darlle a "Editar los enlaces" (iso é o que pon a wiki en castelán). Ó premer nesa ligazón irás á páxina de Wikidata onde está centralizada esa información. Se tes calquera dúbida sobre o tema podes deixarme un comentario na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 01:19 (UTC)[responder]
Gracias Elisardo, o que me pasa é que pídeme un contrasinal e non acepta o da Galipedia. Por iso, entendín que era só para administradores. Se non é así, supoño que teño que darme de alta. Gracias outra vez e saudos! --Castelao (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 07:02 (UTC)[responder]
- Pois non me lembro se hai que dar de alta o usuario tamén nesa web, fai tanto tempo que me metín alí :) O que é seguro é que alí pode andar todo o mundo. Outra nota, para responder unha mensaxe tes que poñer a túa resposta na páxina de conversa do usuario que che escribe para que lle saia o aviso de mensaxe nova. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 09:20 (UTC)[responder]
- Non te preocupes, pouco a pouco :) E se tes calquera dúbida ou problema podes preguntarme cando queiras ou poñelo na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 09:31 (UTC)[responder]
Boas, acabo de ver esta foto que di que é de Juan Martínez Buján que, segundo o artigo, faleceu en 1993 co cal as súas obras aínda teñen dereitos de autor, ata o ano 2073 (en España hai que sumar 80 anos) non pasará a Dominio Público. Revisa se todo isto é así, e se estou no certo solicita que se borre a imaxe. De ser todo isto certo revisa tamén tódalas cargas que teñas feito por se algunha outra estivera nesta situación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 13:33 (UTC)[responder]
- Entón vale, entendera eu mal e pensaba que o autor era el. Como o autor é descoñecido só hai que contar 80 anos dende a publicación da foto co cal xa está en DP. O si penso que habería que cambiar na información do ficheiro é a Orixe, eu poría algo do estilo "Colección de postais Martínez Buján" ou algo polo estilo. Bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 16:31 (UTC)[responder]
Daquela procede retirar o {{seniw}}. Feito! Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 31 de outubro de 2014 ás 07:49 (UTC)[responder]
Ola, Castelao! Nos modelos de rueiros existentes (o rueiro de Vigo e o rueiro de Pontevedra) aparecen só os nomes dos persoeiros ou institucións, sen o indicador de "rúa", "avenida" ou "parque" para evitar que ocupen demasiado espazo. Ademais, redúcense aos núcleos urbanos, mentres que no de Santiago de Compostela incluíches topónimos que non son senón o nome dos lugares, como o de Angrois. Por outra banda, procura evitar as redundancias, como rúa, ruela e travesa de Altamira; e no caso concreto de Altamira, é un topónimo que fai referencia ao lugar (como a rúa do Castro, a Porta das Mámoas ou a travesía de Basquiños), mentres que nos modelos aparecen só os nomes non tradicionais dos lugares, senón os adicados a alguén ou algo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de novembro de 2014 ás 17:36 (UTC)[responder]
- Ola! Agora entendo mellor a túa idea. En principio paréceme un proxecto bastante ambicioso e complicado de levar a cabo, pois non todas as rúas teñen unha historia relevante para un artigo enciclopédico, pero o resultado pode ser moi interesante. Se cadra, unha opción sería crear un artigo chamado "Rueiro de Santiago de Compostela" no que se fale da importancia histórica das vías e rúas da cidade. En calquera caso, anímote a levar adiante o traballo, e máis adiante pode modificarse o formato, unificando varios artigos nun só, ou separando en varios o que había nun.
No caso de facer artigos individuais, quizais o formato máis correcto para o nome sexa "Rúa de Rosalía de Castro", pero isto pode levar a problemas con nomes de rúas que existen noutras cidades, e para evitar confusións debería ter o formato "Rúa de Rosalía de Castro de Santiago de Compostela", para distinguir do posible artigo de "Rúa de Rosalía de Castro de Vigo".
Grazas pola aclaración sobre a orixe do nome Altamira no rueiro compostelán!
- Noutra orde de cousas, para o artigo Escola Normal de Santiago de Compostela quizais sexa interesante movelo a Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela e que teña un formato similar ao de Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, pois a historia foi similar en ambos os dous casos.
- Ola de novo! É preferible evitar as comas nos títulos, pois están reservadas a artigos de lugares, parroquias e cidades (O Alcouce, Figueirido, Vilaboa; Sar, Santiago de Compostela; Xenebra, Suíza) ou a papas e emperadores (Xoán XXIII, papa). Para o caso das rúas é preferible usar a preposición "de" (rúa de Rosalía de Castro de Santiago de Compostela) ou mesmo as parénteses (rúa de Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)). Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de novembro de 2014 ás 10:39 (UTC)[responder]
- No modelo a Avenida da Coruña aparece no A, cando debe aparecer na letra C; lembra que a contracción dos determinantes afecta tamén aos topónimos, polo que é Avenida da Coruña e non *Avenida de A Coruña. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de novembro de 2014 ás 11:51 (UTC)[responder]
Vaia, pois tes toda a razón. Coido que o mellor é deixar a categoría que estaba primeiro, xa que hai un precedente de nomenclatura semellante con outros condados (Middlands Occidentais, Yorkshire Norte,...). Marcarei a miña como lixo para que sexa eliminada. Grazas polo aviso. Un saúdo e a traballar arreo. --Chairego_apc (si?) 12 de novembro de 2014 ás 23:35 (UTC)[responder]
- Para sermos coherentes deberías substituír a túa categoría de Vilas e cidades de West Sussex por Vilas e cidades de Sussex Occidental. Que opinas? --Chairego_apc (si?) 12 de novembro de 2014 ás 23:40 (UTC)[responder]
- Si, está ben, fágoo agora mesmo. Só é un momento. Un saúdo. --Chairego_apc (si?) 12 de novembro de 2014 ás 00:15 (UTC)[responder]
Desculpa Castelao por non che ter respondido. En realidade si que hai algunha norma ou algunha política ao respecto de poñer Buenos Aires e non Bos Aires. Sei que a vin ou mo dixeron hai uns meses, pero agora que me puxen a buscala, non dei con ela. Seguirei buscando e en cato a atope xa cha comunico. E sei que a hai porque a maioría dos artigos que modifiquei (os referidos a periódicos da emigración) foron feitos por min, e feitos cando a norma era poñer Bos Aires. Pero a partir dun determinado momento (cando souben do cambio na norma) xa fixen os artigos usando Buenos Aires. De féito, se me puxen a modificar os artigos sobre periódicos foi por coherencia, para que non houbera uns que puxeran Bos Aires e outros Buenos Aires. E ao facer as modificacións tiven que modificar tamén as ligazóns dos artigos. Iso foi o que fixen no artigo sobre Juan Martínez Buján que ti creaches. Insisto, en canto dea coa norma xa cho comunico. Por certo parabéns polos teus artigos e o teu traballo na wiki. Saúdos. --Xas (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 10:14 (UTC)[responder]
- Perdón por meterme onde non me chaman, Xas e Castelao. A explicación pode atoparse no propio artigo de Buenos Aires. O criterio seguido na Galipedia para os exónimos é dar preferencia á opción escollida pola Real Academia Galega. No seu dicionario, na definición de 'bonaerense' aparece "De Buenos Aires". Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de novembro de 2014 ás 10:35 (UTC)[responder]
Querido Castelao, muchas gracias para el contexto! Rei Momo (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 12:57 (UTC)[responder]
- Buenos, no me mate, ah ah ah. He carregado un otra foto nesta pagina, y tiengo tentado la traducion Italiano-Gallego con Google. Te pido la gentileza de contaxtar se el señor Google ha escrebio correcto o no. Muchas gracias por tudo e que Dios te guarde! Rei Momo (conversa) 14 de novembro de 2014 ás 17:57 (UTC)[responder]
- Grazie mille, amigo! Rei Momo (conversa) 17 de novembro de 2014 ás 20:54 (UTC)[responder]
Ola Castelao.
Poderías completar a caixa de datos de Ficheiro:Rua de Abril Ares.png?
Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 22 de novembro de 2014 ás 10:30 (UTC)[responder]
Caro amigo Castelão, he carregado una fotografia en esta pagina, y te pido, por favor una rapidisssssssssima relectura se tiengo escribido tudo certo.
Muchas gracias para a ajuda y buen final de semana.
Rei Momo (conversa) 23 de novembro de 2014 ás 00:42 (UTC)[responder]
P.S.: Sabes que, sabendo o Portugues, entendo mais o Gallego do que o Espanhol?
Caro Castelao, como estàs? Aqui tem muito frio!
Oh, tiengo aberto esta nova pagina, y te pido por favor un 2 ou 3 minutos para reler-la. Irà perder solamente pocos minutos! Muchas gracias para el tu contexto, y Feliz Navidad y Prospero Año Nuevo!
Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 10:51 (UTC)[responder]
- No tiene problema, agradeço mucho por tu visita! Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 13:04 (UTC)[responder]
- ... y si tu queres, tiengo aberto esta nova pagina, tienes, por favor 5 minutinhos para un contexto rapido? Muchas gracias por tua ajuda! Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 14:16 (UTC)[responder]
- Grazie mille por tu contexto!!!! Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 15:19 (UTC)[responder]
- ... y si tu queres, tiengo aberto esta nova pagina, tienes, por favor 5 minutinhos para un contexto rapido? Muchas gracias por tua ajuda! Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 14:16 (UTC)[responder]
Ola Castelao, desculpa, tes razón. Xa o corrixín. O que aconteceu foi que confundín o cargo de Diego Salas Pombo, que era o Xefe Provincial do Movemento da Coruña nesas datas (1941-1945) co feito de ser tamén Gobernador civil da provincia da Coruña. Estes dous cargos eran sempre simultáneos, é dicir, o Gobernador civil era o Xefe provincial do Movemento. Así ocorre nos demais casos que teño feito. E así figura tamén nas biografías de Diego Salas que teño consultado. Teño que buscar máis información para ver que é o que aconteceu neste caso. Grazas polo aviso. Un saúdo. --Xas (conversa) 15 de decembro de 2014 ás 17:20 (UTC)[responder]