Bixara Pedro al-Rai
(2013) | |
Nome orixinal | (ar) بشارة بطرس الراعي |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de febreiro de 1940 (84 anos) Himlaya, Líbano (en) |
Cardeal | |
24 de novembro de 2012 – | |
Patriarca de Antioquía dos Maronitas | |
15 de marzo de 2011 – | |
Bispo diocesano | |
9 de xuño de 1990 – ← Antonios Mhasseb (en) Diocese: Maronite Catholic Eparchy of Byblos (en) | |
Bispo titular | |
2 de maio de 1986 – Diocese: Caesarea Philippi (en) | |
Bispo auxiliar | |
2 de maio de 1986 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica maronita |
Educación | Collège Notre-Dame de Jamhour (en) Universidade Pontificia Lateranense |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1986–), sacerdote católico (1967–) |
Empregador | Universidade San Xosé |
Orde relixiosa | Orde Mariamita Maronita |
Consagración | Nasrala Pedro Sufair |
Participou en | |
marzo de 2013 | conclave de 2013 |
Premios | |
|
Bixara Pedro al-Rai[1] (en árabe: مار بشارة بطرس الراعي, Mār Bishārah Buṭrus al-Rāʿī), nado en Himlaia (Líbano) o 25 de febreiro de 1940, é o 77º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 15 de marzo de 2011, e polo tanto cabeza da Igrexa católica maronita. É tamén cardeal da Igrexa católica dende 2012.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bixara al-Rai naceu en Himlaia, unha vila da gobernación do Monte Líbano, o 24 de febreiro de 1940. Estudou a secundaria no mosteiro de Notre-Dame de Duq Musbih, e posteriormente Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Lateranense. Logo de ser ordenado sacerdote en setembro de 1967, o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo titular de Cesarea de Filipo e auxiliar do Patriarcado de Antioquía dos Maronitas o 2 de maio de 1986.
Recibiu a consagración episcopal o seguinte 12 de xullo, de mans do patriarca Nasrala Pedro Sufair, entón patriarca de Antioquía.
Xoán Paulo II nomeouno posteriormente bispo de Biblos o 9 de xuño de 1990.
Logo da renuncia por idade do patriarca Nasrala, aceptada por Bieito XVI o 26 de febreiro de 2011, O Sínodo da Igrexa Maronita elixiuno patriarca o 15 de marzo seguinte.
O 24 de marzo, dez días logo da súa elección, Bieito XVI concedeulle a necesaria "comuñón eclesial".[2]
Ao longo de 2011 asumiu a presidencia da Conferencia Episcopal Libanesa e do Consello dos Patriarcas Católicos Orientais.
O papa Bieito XVI creouno cardeal no consistorio do 24 de novembro de 2012.[3] En novembro de 2017 protagonizou un feito histórico, ao converterse na primeira autoridade cristiá en visita oficial a Arabia Saudita.[4]
Galería fotográfica
[editar | editar a fonte]-
O patriarca Rai, na Cátedra de San Pedro, 11 de outubro de 2014.
-
O patriarca Rai impón as mans ao pai Maurizio Malvestiti durante a súa ordinación episcopal. Detrás deles, os cardeais Sandri e Müller, 11 de outubro de 2014.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén escrito adaptado ao francés: Béchara Pierre Raï, Béchara Boutros Raï e Bechara Boutros al-Rahi.
- ↑ Bieito XVI (24 de marzo de 2011). Libreria Editrice Vaticana, ed. "Mensagem do papa Bento XVI a Sua Beatitude Béchara Boutros Raï, patriarca de Antioquia dos Maronitas, para a aceitação do pedido de comunhão eclesiástica".
- ↑ Ufficio delle Celebrazioni Liturgiche del Sommo Pontefice (ed.). "Concistoro ordinario pubblico del 24 novembre 2012 - Assegnazione dei titoli e delle diaconie ai nuovi cardinali". vatican.va (en italiano). Consultado o 10/04/2022.
- ↑ Espinosa, Ángeles (13 de novembro de 2017). "Histórica visita oficial de una autoridad cristiana a Riad" [Histórica visita oficial dunha autoridade cristiá a Riad]. El País (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2017.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: (creación da sé) |
Bispo de Biblos 1990 - 2011 |
Sucesor: Mixal Aun |
Predecesor: Nasrala Pedro Sufair |
Patriarca de Antioquía 2011 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |