Saltar ao contido

Xosé VII Pedro al-Tian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé VII Pedro al-Tian

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) يوسف بطرس التيان Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1760 Editar o valor en Wikidata
Beirut, Líbano Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 1820 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Antioquía, Turquía Editar o valor en Wikidata
Bispo diocesano
1786 –
← Simón VI Awad
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica maronita Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1786–), sacerdote católico (1784–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónXosé VI Istifan Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 127510928 Editar o valor en Wikidata

Xosé VII Pedro al-Tian (en árabe: يوسف بطرس التيان, Yuwsuf Butrus al-Tyan), nado en Beirut (Líbano) o 15 de marzo‎ de 1760 e finado en Qanubin o 20 de febreiro de 1820, foi o 66º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 28 de abril de 1796 até a súa renuncia o 19 de novembro de 1808, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Beirut nunha importante familia maronita. Aínda novo, foi enviado a estudar ao Colexio Maronita de Roma, onde foi ordenado sacerdote en 1784. En 1786 foi nomeado bispo de Damasco, recibindo a consagración episcopal o 6 de agosto de mans do patriarca Xosé VI Pedro Istifan, e en 1788 foi nomeado vigairo patriarcal. O 28 de abril de 1796 foi elixido patriarca de Antioquía e de todo Levante.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Filipe Pedro al-Xumail
 Patriarca de Antioquía e todo o Levante 
1796 - 1808
Sucesor:
Xoán XI Pedro al-Hilu