Paulo I Pedro Masad
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1806 Ashqout, Líbano (en) |
Morte | 18 de abril de 1890 (84 anos) Bkerké, Líbano (en) |
Bispo titular | |
Diocese: Arquidiocese de Tarso | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica maronita |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1841–), sacerdote católico (1830–) |
Consagración | Xosé VIII Pedro Hubaix |
Paulo I Pedro Masad[1] (en árabe: بولس بطرس مسعد, Bulus Butrus Mas'ad), nado en Axqut (Líbano) o 16 de febreiro de 1806 e finado o 18 de abril de 1890, foi o 70º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 12 de novembro de 1854 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bulus Masad naceu en Axqut, no distrito de Kisruan, o 15 de febreiro de 1806.[2] Traballou como pastor cando era pequeno, e logo de rematar a educación básica entrou no seminario en Aïn-Ourakat.[2] Aos 18 anos foi enviado ao seminario de Propaganda Fide.[2] Foi ordenado sacerdote o 13 de xuño de 1830.
Á súa volta ao Líbano, exerceu de secretario do patriarca Xosé VIII Pedro.[2] En 1841 foi nomeado vigairo patriarcal, e consagrado bispo titular de Tarso o 28 de marzo de 1841 polo patriarca Xosé VIII Pedro.[2]
Á morte de Xosé IX Pedro, o sínodo dos bispos maronitas elixiuno patriarca o 12 de novembro de 1854. Durante o seu pontificado tivo que afrontar situacións moi complicadas, como as revoltas campesiñas contra os xeques, os masacres de 1860, e a guerra de independencia de Yusif Karam;[2] a súa intelixencia e prudencia foron determinantes ante estes acontecementos.[2]
Publicou unha historia dos maronitas, un escrito sobre a virxindade perpetua de María, e unha refutación dos escritos de Marach.[2] Exerceu o cargo até a súa morte o 18 de abril de 1890, e foi enterrado na igrexa da súa vila natal segundo os seus desexos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "S. B. Pierre-Paul Massaad, Patriarche des Maronites, et l'Église maronite". Les Missions catholiques (Lión: Oeuvre pontificale missionnaire de la Propagation de la foi) 22: 274–276. 1890. ISSN 2021-4243. OCLC 5868627.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Xosé IX Pedro al-Khasin |
Patriarca de Antioquía e todo o Levante 1854 - 1890 |
Sucesor: Xoán XII Pedro al-Hax |