Conversa usuario:Colectivoliterario
Benvido(a) á Galipedia, Colectivoliterario!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 29 de abril de 2013 ás 16:53 (UTC)
Actos vandálicos
[editar a fonte]Bloqueeite por facer vandalismos e destruír contidos. Aquí podes responder se tes algo que dicir ao respecto... --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 18:52 (UTC)
O contido que destruín foi creado por min mesmo. O Iván del Rïo Paderne que borrei son eu, e xa non exerzo como escritor. Podo amosarche a copia do DNI se é preciso.
- Falarei con outros administradores para que ver que fan. Entendo que non queres que quede constancia aquí da túa obra?--AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 19:24 (UTC)
Bloqueos e artigos
[editar a fonte]Ola, Colectivoliterario,
- Xa non estás bloqueado. Creo que os administradores fomos un pouco duros contigo neste caso, e que non era para tanto.
- Iso si, non se pode destruír contido da Wikipedia, creáralo ti ou outra persoa. O contido que se crea na Wikipedia forma parte dela, cunhas licenzas de autor determinadas, e esas licenzas non son de copyright. Se reincidises a destruír contido si, poderías ser bloqueado.
- Ora ben, e ao mesmo tempo, tampouco deberías crear un artigo sobre ti mesmo. Tampouco é correcto (cantas veces nos trabucamos todos hoxe!). Un dos problemas que ten crear un artigo sobre ti mesmo é que non es imparcial. Nestes casos, o normal é que o artigo se borre, non porque estea equivocado, senón porque se este autor é verdadeiramente importante, como parece, xa chegará unha terceira persoa que non sexas ti, que recoñecerá esa importancia, e creará o artigo. Se alguén quere borrar ese artigo, pode propoñelo para ser borrado: explícanse as causas, danse os argumentos, e os demais usuarios votan. Eu aínda non teño moi claro se é necesario borralo, pero se ao final acordo que si, proporeino para o seu borrado e deixarei que decida a comunidade. Polo demais, se tes calquera dúbida, por favor, consúltanos aos administradores, que estaremos encantados de axudarte e de explicarche o que non saibas. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de marzo de 2014 ás 19:54 (UTC)
- Seica te debo unha desculpa polo bloqueo. Non teño máis que engadir ao que dixo Xabier Cid. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 20:01 (UTC)
- Non sei que din as normas pero para min inventar artigos debería ser causa de expulsión do proxecto, por medio dun bloqueo a perpetuidade. Pero non son eu o que toma ese tipo de medidas, pero xa que fixeches a broma espero que se fas algunha edición máis sexa para colaborares, a pesar de todo serías benvido e indicaría que tes madurez suficiente para rectificar erros.--Sernostri (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 16:34 (UTC)