Conversa usuario:Eva Basdediós
Dámosche a benvida á Galipedia, Eva Basdediós!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo.-Maria zaos (conversa) 20 de decembro de 2020 ás 11:20 (UTC)
Investigacións orixinais
[editar a fonte]Ola Eva Basdediós.
Desgraciadamente a Wikipedia non é o lugar axeitado para publicar investigacións orixinais ("bibliografía: Entrevista a Juan Francisco Centrón Montero nun parque de Vigo" etc),.
Por favor revisa: WP:NON, WP:CITE, WP:NFP, WP:FF...
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 27 de decembro de 2020 ás 18:17 (UTC)
Borrado de páxina
[editar a fonte]Ola, Eva Basdediós, grazas por contrubuír na Galipedia. Lamentablemente, veño de borrar a entrada que crearas sobre Juan Francisco Centrón Montero. Non achegaba referencias e a relevancia quedaba cuestionada pola inclusión de investigacións orixinais nela. A Wikipedia é unha fonte secundaria, é dicir, só pode recoller aquilo que xa foi publicado fóra dela. Na túa páxina de conversa, nos cadros que aparecen na parte superior atoparás distintas guías de como editar na Galipedia e o que esta é ou non é. Se decides volver a crear o artigo baseandoo en fontes fiables, por favor contacta comigo ou con calquera outra persoa de administración acó. Igualmente podes consultarnos calquera dúbida ou problema que vaias atopando á hora de editar. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 30 de decembro de 2020 ás 21:14 (UTC)