Conversa usuario:Galandil
Benvido(a) á Galipedia, Galandil!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Galandil. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!
--Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de outubro de 2014 ás 12:56 (UTC)
orixe dos datos
[editar a fonte]Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
[editar a fonte]Ola Galandil.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!
--Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de outubro de 2014 ás 14:39 (UTC)
Ortografía
[editar a fonte]Boas Galandil, antes de seguir facendo novos artigos sería mellor que revisaras e amañaras os erros ortográficos que teñen os artigos que fixeches. Non vale de nada ter un feixe de artigos se non están correctamente redactados, iso non lle fai ningún ben á Galipedia. Xa che comentaron as ferramentas que podes utilizar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de outubro de 2014 ás 22:55 (UTC)
- Vaiche boa Galandil. O primeiro que debes saber é que os revisores ortográficos e os tradutores automáticos non chegan para facer que un texto sexa correcto, son simplemente axudas e pequenas. O maior problema que hai nos artigos traducidos, e que non detectan eses programas, é a sintaxe do idioma, os obxectos directos e indirectos, o uso dos pronomes en determinadas oracións e outras cousas máis son case imposibles de amañar con eles. Se queres colaborar na Galipedia, e non tes coñecementos abondo do idioma, hai centos de cousas no proxecto nas que traballar, algunhas delas: poñer modelos ós artigos que non o teñen, amañar erros ortográficos sinxelos e que están repetidos en moitos artigos, engadir imaxes de Commons ós artigos que non teñen ningunha, etc, con iso tamén se contribúe á Galipedia, e ben falta que nos fai.
- Na Galipedia o que nos interesa é ter contidos de calidade, e canta máis calidade mellor, aínda que iso implique que o número de artigos da nosa wiki sexa menor. Por iso tentan revisarse tódolos contidos e nos que hai erros ponse o modelo axeitado para que, como sabes, queden localizados e tamén teñan un aviso para que os usuarios saiban que ese artigo ten problemas.
- Por outra banda sempre tentamos conseguir usuarios que queiran colaborar con nós porque mans non nos sobran.
- Pensando isto doutra forma, por que non tentas repasar os artigos? Le o que escribiches e amaña os erros que teñen, revisa as correccións que outros usuarios xa fixeron nos artigos que non teñen o marcador e corrixe os mesmos problemas nos artigos que hai que revisar. Cando remates de revisar un dos artigos avísame e eu lereino de novo e comentareiche os problemas que lle atope, se queres, claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2014 ás 16:48 (UTC)
Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos
[editar a fonte]Ola Galandil.
É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:
Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 5 de outubro de 2014 ás 08:00 (UTC)
Velocidade
[editar a fonte]Ola Galandil.
Antes de seguir facendo artigos novos. Poderías revisar Mosteiro de Santa María de Palazuelos?
Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 10 de outubro de 2014 ás 18:01 (UTC)