Saltar ao contido

Conversa usuario:Luisinho

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Luisinho, sempre nos ilusiona ter novos compañeiros. O traballo que hai por facer nesta wikipedia é moito e os novos colaboradores son necesarios para que o proxecto saia adiante. Confiamos en que atopes na Galipedia un ambente enriquecedor e produtivo. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:25, 6 Xan 2005 (UTC)

  • Bueno, coma sempre, chego tarde para darche a benvida; calquera dubida ou cousa na que necesites axuda non teñas vergoña e propoñe-la, xa que estamos pa intentar axudarnos uns os outros. un saudo--Xelo2004 19:25, 8 Mar 2005 (UTC)
  • Chego aínda máis tarde que Xelo2004 pero supoño que non importa demasiado. Benvido!!!! ;-) --Alyssalover(talk) 08:26, 14 Mar 2005 (UTC)
  • Moitas grazas ou gracias (a ver se mo aclarades) pola vosa fervorosa benvida, tentarei axudar canto poida na galipedia :-) ¡Vémonos na taberna!

--Luisinho 10:49, 14 Mar 2005 (UTC)

Categorías

[editar a fonte]
  • Sintoo non poderte axudar neste aspecto, eu intenteino pola miña parte en non logrei gran cousa (salvo perde-la cabeza). Recomendoche que consultes con Prevert (sobretodo), con Sobreira ou Rocastelo. Creo que todo isto radica nas paxinas de mantenemento, pero como che dixen, consultalle, sobretodo a Prevert. Un saudo e grazas por consultar--Xelo2004(talk) 16:30, 14 Mar 2005 (UTC)
  • Compañeiro deixoche unha posible esplicación dunha dúbida con GL ou GA na Taberna/Axuda, cando poidas pasate por eili e xa tomas unhos grolos. un saudo--Xelo2004(talk) 00:05, 15 Mar 2005 (UTC)
  • Ola, para cambiar o texto das imaxes só tes que editar a páxina e procurar o que conteña Image como [[Image:Allston Flight Florimell.jpg|thumb|O voo de Florimell, 1819.]], e alí podes cambiar o texto, tamaño... da imaxe, de feito ese título púxerao eu, sen me decatar que estaba errado, de teres algunha dúbida máis estarei encantado de che responder.--Rocastelo 12:24, 27 Mar 2005 (UTC)

Sinónimos

[editar a fonte]

Cando dúas palabras son sinónimas, no canto de crear dúas entradas iguais como no caso de sapoconcho e tartaruga e mellor redirixir unha a outra, neste caso sapoconcho a tartaruga, na páxina de sapoconcho ponse #REDIRECT [[Tartaruga]]. O caso de Galicia e Galiza foi especial e decidiuse facer dúas entradas. Pero no resto de casos non ten sentido crear páxinas diferentes co mesmo texto--Rocastelo 12:47, 27 Mar 2005 (UTC)

Pasa-lo ben

[editar a fonte]

alegrame, que collas a vacacións, a min inda me queda por colle-las, xa polo de agora estiven de baixa. Aproveita e disfruta todo o que poidas, e de paso che deixen, e logo xa volverás coas pilas cargadas pa continuar con iste proxecto.--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 19:58, 29 Mar 2005 (UTC)

Entroido

[editar a fonte]

Ola, Luisinho. Vexo que estás a cambiar as entradas de Antroido de Ribadeo por Entroido. A forma que ti pos non se usa por aquí, por eso estaba así. Non teño inconvinte en deixalo como o puxeches ti, pero creo que debera estar do outro xeito polo que digo. En tal caso, facer ó revés, crear unha páxina con 'Entroido' e redirixila a 'Antroido'.--Agremon(contacto) 14:52, 29 Mar 2005 (UTC)

Ola de novo, Luisinho. Non está mal Entroido, só que por estes lares úsase antroido máis. Francamente, non sei que dicirhe. Que siga falando a xente e logo vemos. Por outra banda, non sei se non habería que cambiar as referencias dos pregóns a outra wiki, que antes non había.--Agremon(contacto) 16:53, 29 Mar 2005 (UTC)

  • Olá, Luisinho. Un par de cousas sobre os pregóns:
    • Cal é o seu estatuto legal? Ou sexa, poden-se publicar así, sen máis?
    • Penso que o seu sitio apropriado non é a Galipedia, senón [http:wikisource.org wikisource], onde, por certo, ainda non hai nengun texto en galego. Xosé(Falarlle) 17:13, 29 Mar 2005 (UTC)

Cambio anónimos

[editar a fonte]

Xa está feito o cambio na páxina de anónimos. Saúdos. --Prevert(talk) 18:16, 7 maio 2005 (UTC)

Conxugación dos verbos

[editar a fonte]

Xa che respondo eu, esa é a conxugación que aparece nas normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega.--Rocastelo 18:34, 7 maio 2005 (UTC)

  • Ven dun arquivo pdf que hai neste enlace: http://www.onosolar.net/galiza.html#Galicia%20e%20o%20Galego . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:35, 7 maio 2005 (UTC) Engadido: algunhas cousas non están exactamente igual que na Normativa oficial. Saúdos. --Prevert(talk) 18:39, 7 maio 2005 (UTC)
  • O mesmo que Prevert. Con relación a se hai diferenzas coa normativa oficial, ese tema xa saiu antes. Estiven folleando a normativa oficial estes dias atrás e coincide. Isto dos verbos non o comparei pero mirarei-no pasado mañá. A terminoloxia eu coñezo-a desde hai anos. Por certo, debo-lle agradecer a Diego, que leva O noso lar que hoxe me enviase unha copia deste texto en formato .doc. Vai-me axudar co traballo porque os documentos pdf non entenden de parágrafos e teño-os que formatar todos e, especialmente, coas táboas (e máis agora que veñen todas as dos verbos); curiosamente, moitas destas táboas aparecen como gráficos incrustados, polo que as teño que crear igual. Xosé(Contacto) 19:12, 7 maio 2005 (UTC)

Wikisource

[editar a fonte]

Ola Luisinho. ¿Es ti quen votu na páxina da Votación para a creación do dominio galego en Wikisource firmando co teu nome? Se é así un administrador de dito proxecto informoume de que o teu voto non é válido e non será contabilizado. Para que conte coma tal deberías rexistrarte no wikisource e voltar a votar para que así se aseguren de que o voto é correcto ;) Un cordial saúdo --Alyssalover(fálame) 20:26, 16 maio 2005 (UTC)

Além si que está rexistrado no wikisource pero semella que sobreira lle modificou a firma ;) saúdos --Alyssalover(fálame) 22:55, 16 maio 2005 (UTC)

A Pataca Perdida

[editar a fonte]

Saúdos Luisinho: Gracias por animarme a seguir coa traducción, pensei que a páxina xa estaba enlazada, porque eu atopeina en artigos requeridos, na taberna dixeronme que podía manter os enlaces da páxina en es. vou ir facendo pero non me vou atrever moito a facer enlaces paréceme que é millor que revisedes vos a traducción de vez en cando e decidades que enlaces si e cales non se conservan ou como quedan ou se algunhas xa existen etc. Sométome ó voso arbitrio, creo que é mellor por que eu non entendo aínda moi ben este universo.Rañolas(talk) 10:08, 26 maio 2005 (UTC)

Un bico.

É unha ledicia verte outra vez por aquí. Confio en que axiña teñas conexión a internet para contar outra vez contigo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:13, 9 setembro 2005 (UTC)

Estatuto de Galicia de 1981

[editar a fonte]

Na entrada estatuto incluín o estatuto de 1981. Teño dous problemas:

  • Entendo que este texto non ten nin pode ter copywrite: ¿É lícito poñelo aquí? Se alguén ten idea de que non é lícito, non procede ou ten copywrite, por favor, bórrao.--Lmbuga 23:05, 14 setembro 2005 (UTC)
  • Pasa algo raro na numeración dos artigos do estatuto. Aparece un número a maiores que non sei evitar--Lmbuga 23:05, 14 setembro 2005 (UTC)

unha aperta e ata mañá. Agora vou durmir

Traducións

[editar a fonte]
  • Ola Luisinho, sempre é agradable verte por aquí. Non me refería a poñer unha ligazón externa ao artigo orixinal, dicía poñer unha mención no campo resumo cando se crea o artigo, ben sexa co enderezo da versión do historial ben sexa mencionando a wikipedia da que procede (incluindo ou non o enderezo do artigo, non o historial). A min gústame máis a primeira opción porque cumpre unha dobre función, a atribución é máis completa, e por outra banda para verificar a fiablidade da versión do artigo orixinal. O historial informa sobre se os editores dese artigo son usuarios que contan cunha historia de contribucións fiable ou non, se o seu traballo é rigoroso ou descoidado, se comproban os datos ou non. Así que iso ten unha dobre función: atribución e verificabilidade. Sei que na práctica moitas persoas omiten calquera mención ou esta resulta incompleta. Unha opción a maiores, de cortesía, sería poñer o enlace interwiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:47, 21 maio 2006 (UTC)

Ola Luisinho!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos

[editar a fonte]

Ola Luisinho. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 6 decembro 2006 (UTC)