Conversa usuario:Rañolas
Benvido/a á Galipedia Rañolas, toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Un pequeno apunte sobre a edición na páxina do usuario Rocastelo, nas páxinas de usuario (excepto a de discusión) só pode editar o propio usuario e aquelas persoas que teña autorizado. No resto dos casos non debe editarse alí. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:31, 5 maio 2005 (UTC)
- Non te preocupes, só era unha aclaración. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:28, 24 maio 2005 (UTC) Por certo, se eres Rañolas de http://galicia.eapuntes.com , cando vin a túa mensaxe xa tiñas solucionado o problema. Saúdos. --Prevert(talk) 12:32, 24 maio 2005 (UTC)
Sitename
[editar a fonte]O cambio depende do acceso que teñades a MediaWiki, se podedes acceder ao código podedes facer o cambio alí, se o acceso é como usuario administrador o lugar é http://gl.wikipedia.org/wiki/MediaWiki:Wikititlesuffix no voso caso http://galicia.eapuntes.com/index.php/MediaWiki:Wikititlesuffix , se interpretei ben a pregunta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:38, 24 maio 2005 (UTC)
Pataca
[editar a fonte]¡Ola Rañolas! A túa tradución de pataca está moi ben. Tes que lembrarte de poñer ligazóns a outras palabras deste xeito [[pataca]] para evitar que a páxina quede orfa (non estea ligada con ningunha outra). ¡Bo traballo, segue así! Un saúdo --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 18:10, 25 maio 2005 (UTC)
- Boas, sempre se agradece unha man para traduci-los artigos (cando non, amplialos). Vin traducido o artigo de pataca, pero non sei se tes pensado amplia-lo, polo que de sustituinche o marcado {{entraduccion}} polo de {{enuso}}. Se ves que non tes pensado seguir con el (quizais o artigo de orixe era asi ou por outros motivos); entón polle o artigo, no fondo, o marcado {{en progreso}}. Un saudo; ah, e felicidades por quereres emprender unha alternativa deste proxecto nunha galipedia en (galicia.eapuntes.com). Eso, un saudo e para o que se necesite, por aqui andamos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:29, 25 maio 2005 (UTC)
- Eu levo aquí só desde xaneiro e podo-che dicer que cometin moitos erros xa desde o principio e que despóis seguin-nos cometendo igual ;-). Por fortuna, non son o único a pasar-lle isto, asi que a comunidade é moi comprensiva e axuda en todo o que pode. Non te cortes en perguntar todas as veces que faga falta.
- Non vexo o problema co vínculo que puxeche en pataca a terra. Vai ao que se chama unha "páxina de homónimos", isto é, unha páxina que recolle diferentes acepcións dun termo e reenvia ao artigo adecuado. No teu caso, realmente "terra" non é terra (planeta) senón as que neste momento son as acepcións 1 ou 5. (terra (material) ou terra de cultivo). Só tes que escoller a que cres que é máis adecuada e redactar asi: [[terra de cultivo|terra]]. Desta maneira, o lector verá "terra" (o segundo termo entre corchetes) pero o vínculo será a terra de cultivo. Xosé(Contacto) 11:12, 26 maio 2005 (UTC)
- Rañolas dixo: "No primeiro caso o de terra eu diría que se refire a terra material pero non o pensara ata que ti mo dixeches. ¡Que maravilla!. Pero... ¿¿teño que decidilo eu??" ... E a resposta é: SI. TI DECIDES. (logo, se non gosta en xeral cambiará-se, claro, pero se ti es o primeiro, ti tes que decidir). Xosé(Contacto) 20:55, 26 maio 2005 (UTC)
- Polos errós non te preocupes, e deber de humanidade face-lo e aquí, na galipedia non íamos a ser de menos (so que estamos uns e outros limandonos asperezas) asi no imos repartido o traballo, coma bos irmans (ou compañeiros, segundo prefiras). Lembroche que cando poidas preparas a túa páxina de usuario, na que nos dirás (máis ou menos) que proxectos tes con esta galipedia; máis que nada para que a maioría da comunidade saiba no que che debemos axudar; se no tes moi claro coma face-la, votalle unha ollada as páxinas dos usuarios que colaboran habitualmente neste proxecto. saudiños. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:58, 26 maio 2005 (UTC)
Paxina de usuario
[editar a fonte]Por suposto, que terás que ver en cousas podes axudar, sempre hai cousas en que face-lo; e o pouco que sexa, benvido é. En canto a paxina de usuario (xa habrás visto, que has hai moi sinxelas e moi elavoradas; vai segundo os coñecementos e o gusto da persoa). Tamén hai quen dispón de moitos medios e que apenas ten recursos; o caso é colaborar e sentirse a gusto cos demáis e sobretodo, consigo mesmo. Polo dos artigos, pon o artigo no buscador e preme a orde "artigo", aunque eu recomendaríache a de "procura"; que o atopas, lees, e se ves que podes engadir (aunque seña unha palabra, que diaños é unha palabras máis), engades, se non hai o artigo, entón é necesario crealo (coido que na sección de axuda da portada existen unhas pautas para crealos). Recorda, tómate o tempo que necesites, xa que ninguén ten a obriga de meter presas a ninguén, e en canto as dúbidas ou as preguntas nas seccións correspondentes ou os usuarios que máis vexas colaborando. saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:49, 31 maio 2005 (UTC)
- De seguro que viches na páxina de Prevert o tema dos bicos, tan so era unha broma que eu facía, en canto o de "amig@ (se mo permites)", pois claro que telo permiso, é máis, entre nosco non andamos con de "amigo" senon que soemos chamarnos compañeiros, auque non nos coñezamos en persoa, pero eso si, compañeiro/s/a/as polo traballo que se esta a facer, por iso se che é máis sinxelo e elo axudache a perde-lo medo a min podesme chamar iso, compañeiro ¿dacordo compañeira?. Veña, ata cando queiras. unha aperta --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:15, 4 Xuñ 2005 (UTC)
- ¡Carallola que agora me empezas a desconcertar!, sigo pensando que eres compañeira, a non ser que ti digas o contrario; despois de todo, que diaños, as veces hai volverse un pouco "lesbiano", je je je. saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 17:35, 13 Xuñ 2005 (UTC)
- ¿quéres que viva coa dúbida?, acostumado xa estou asi que nonme pilla de sorpresa. Eso sí, noto que xa empezache a perde-lo medo ¡bo sintoma! e iso sí me alegra. Nembargantes xa non sei troque o meu no polo de "Pedriño" e continuamos coa novela "Os dous de sempre" (de castelao). Ala, saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:14, 14 Xuñ 2005 (UTC)
Imaxes de Commons
[editar a fonte]Vexo que copiache unha imaxe da es:wikipedia. Esa imaxe (como se pode deducir en parte por estar o título en inglés) está no proxecto Commons, que pretende reunir material gráfico de uso libre. Nese caso non é necesario copiar a imaxe xa que con só pór o seu nome o sistema vai-na buscar. Xosé (✉) 16:46, 16 Xuñ 2005 (UTC)
Títulos dos libros
[editar a fonte]Está ben como fixeches, cos títulos orixinais. Outra cousa sería que os títulos apareceran en castelán e os títulos orixinais foran noutro idioma. Sorte co voso wiki, polo que vexo avanza. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:56, 6 agosto 2005 (UTC)
Qué foi de galicia.eapuntes.com?
[editar a fonte]Intentei varias veces entrar no voso wiki e xa non está dispoñible, e unha pena porque comezaba a tomar forma. De todo os xeitos parabéns polo traballo que fixestes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:59, 1 decembro 2005 (UTC)
O mesmo digo.--Agremon(contacto) 23:03, 9 xaneiro 2006 (UTC)
20.000 artigos
[editar a fonte]Ola Rañolas. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.
Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:44, 6 decembro 2006 (UTC)