Saltar ao contido

Conversa usuario:MJSB73MP

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, MJSB73MP!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 22 de outubro de 2022 ás 14:50 (UTC)[responder]

Grazas!--MJSB73MP (conversa) 22 de outubro de 2022 ás 14:54 (UTC)[responder]

Ola, MJSB73MP. Grazas polos artigos que estás a crear sobre casas significativas. Porén recomendaríache que lle botases unha ollada a Wikipedia:Libro de estilo, no apartado de estrutura, porque na Galipedia empregados un outro formato diferente nalgunhas seccións.

Outra cousiña, tamén, se o artigo é tradución doutro existente noutra lingua, aínda que xa aparece a indicación no noso Historial, por cuestións estatísiticas, adoitamos indicalo na páxina de conversa do propio artigo con este formato: 2 chaves+"Traduciddo de"+lingua+título orixinal+data+nº de edición+2 chaves --> {Traducido de|pt|Alavivo|10 de marzo de 2022|63168433} (Aquí poño unha chave para que non haxa redirección). O númerio de edición aparece na barra do navegador cando prememos na derradeira edición, no historial do artigo orixinal. Ánimo e a darlle duro. Un saúdo.MAGHOI (conversa) 24 de outubro de 2022 ás 06:55 (UTC)[responder]

Ola, de novo. MJSB73M. Vin a edición de Conversa:Alameda de Pontevedra. Porén, non é preciso pórlle título nin asinalo. Tal como está agora, sería o óptimo. Grazas, de novo. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 26 de outubro de 2022 ás 16:30 (UTC)[responder]
Ok, grazas MAGHOI. Verei de facelo así para os artigos que poida facer. Boa noite. MJSB73MP (conversa) 26 de outubro de 2022 ás 17:44 (UTC)[responder]

Ola, MJSB73MP! Como vai todo?

Anímaste a facer artigo de Pontesa? Imaxino que xa viches que hoxe ardeu :/ Xa me contarás se che apetece ou non :) Un saúdo, e graciñas! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de novembro de 2022 ás 19:30 (UTC)[responder]

Ola, Estevo(aei)! Graciñas pola información. Non, non sabía que ardera. Neste momento estou máis con traducións, quizais no futuro se alguén non o fai antes e teño tempo, quen sabe?, aínda que en verdade non sei practicamente nada de Pontesa nin teño ningunha información documentada. Aproveito para preguntarche: non haberá ninguén que poida e saiba facer o Modelo (template) para a Infobox de Parques (Xardíns) como hai nas outras Wikipedias? Paréceme raro e unha mágoa que non se atope na Galipedia e que eses artigos teñan que ir sen infobox. Un saúdo e que pases unha boa noite! MJSB73MP (conversa) 6 de novembro de 2022 ás 21:56 (UTC)[responder]
Ola, MJSB73MP! En relación co Modelo:Parque: anímote a traducilo ti mesm@! Eu non controlo moito dos modelos, a verdade; son partidario de ter poucos pero polivalentes, a moitos pero específicos (fascíname ver que en Commons abonda con poñer nunha categoría {{Wikidata Infobox}}, e xa adapta o modelo a cada circunstancia!). De feito, coido que de facerse Modelo:Parque o ideal sería que tomase a maior cantidade posible de información de Wikidata. Existe o Wikipedia:Wikiproxecto modelos, e como podes ver na sección Posibles fusións procúrase reducir o número deles. Se é que creas o Modelo:Parque, podo axudar incluíndoo en artigos xa existentes, pois tes toda a razón ao dicir que é mágoa que non leven Infobox. O "problema" sería cando xa teñen algunha outra Infobox que se solape (ocórreseme, por exemplo, se un xardín é BIC ou Patrimonio da Humanidade), pero todo se pode arranxar. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de novembro de 2022 ás 23:24 (UTC)[responder]
Ola, estevoaei. Faríao se soubese pero desgraciadamente eu non controlo tampouco como se fan os modelos. Xa tentei o outro día facelo en base a outros modelos (montañas, parques naturais...) pero perdín bastante tempo e non me saíu. Acabo de tentar crealo traducindo un modelo doutra wikipedia como me dicías na túa mensaxe pero ese non debe de ser o procedemento porque non funciona: pídoche que o borres cando poidas. Cada Wikipedia debe de ter uns códigos específicos para crealos. A ver se alguén que saiba ou que xa fixese outros o fai porque é un dos importantes que falta en relación a outras Wikipedias. Boas noites! MJSB73MP (conversa) 7 de novembro de 2022 ás 00:08 (UTC)[responder]
Borrado! Procedo a incluír a ligazón a Modelo:Parque en Wikipedia:Wikiproxecto modelos por se alguén se anima a crealo. Se é así, déixoche un aviso. Saúde! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de novembro de 2022 ás 00:17 (UTC)[responder]

fotos de Pontevedra

[editar a fonte]

Ola, MJSB73MP! Que tal?

Non sei se coñeces a ferramenta WikiShootMe. É ben interesante! O que fai é indicar os elementos de Wikidata xeolocalizados que non teñen foto, para poder incluíla na Q correspondente (se é que xa hai foto en Commons do elemento) ou para animar a xente a que faga as fotos que faltan.

No caso de Pontevedra faltan fotos de diversas bibliotecas, e do Hipercor e mais o Carrefour, entre outros elementos. Tanto as bibliotecas como os hipermercados foron creados en Wikidata ao abeiro dunha base de datos xa existente, ao igual ca establecementos hoteleiros. Agardo que sexa de utilidade, se é que non coñecías xa a ferramenta. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de novembro de 2022 ás 09:38 (UTC)[responder]

Ola Estevoaei!
Grazas pola mensaxe. Si, coñézoa desde non hai moito e de feito contribuín creando previamente as páxinas de Wikidata e engadindo fotos que faltaban. Se algunha vez paso por eses hipermercados e teño tempo a ver se podo sacar algunha foto, se aínda ninguén o fixese. Un saúdo! MJSB73MP (conversa) 8 de novembro de 2022 ás 09:51 (UTC)[responder]

cárcere da Parda

[editar a fonte]

Ola, MJSB! Como vai todo?

Onte fixen o artigo do cárcere da Parda. De momento é só un bosquexo, pero non atopei moita máis información. Tes máis material ao respecto? Un saúdo, e mil grazas!! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de decembro de 2022 ás 12:00 (UTC)[responder]

Ola Estevoaei!
Graciñas pola creación do artigo sobre o cárcere da Parda. Non teño moita información sobre o cárcere da Parda. Parece que foi demolido a principios de 1996 (xa que en 1995 o alcalde Juan Luis Pedrosa asinara o convenio para conseguir trasladar alí os xulgados) ou empezaran a demolición nos últimos meses de 1995? https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2016/01/05/parda-deja-carcel-convertirse-juzgado-5-enero-1996/0003_201601P5C7993.htm O antigo cárcere de Rosalía de Castro non sei cando foi demolido exactamente, parece que o concello cedeou o soar para o actual Pazo de Xustiza (inaugurado en 1956) en 1948. MJSB73MP (conversa) 20 de decembro de 2022 ás 12:29 (UTC)[responder]
Grazas pola achega! Dúas cuestións menores: a forma "gran" emprégase antes de consoante, e "grande" antes de vogal (un grande edificio / unha gran persoa). O nome do arquitecto do Gran Garaje era Maximiano, segundo a súa necrolóxica (aquí), aínda que tamén aparece como Maximino. Seica está soterrado en Mourente, vou ver se atopo a súa lápida. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de decembro de 2022 ás 09:57 (UTC)[responder]

Grazas pola explicación de gran/grande! No referente a Maximiano graciñas pola ligazón. Pola contra en todos os artigos máis actuais doutros xornais referentes ao edificio Gran Garaje pon sempre Maximiliano... En canto ao cárcere da Parda foi demolido en 1995 xa que nun artigo da Voz de principios de xaneiro de 1996 pon que as autoridades visitaran o soar. Un saúdo! MJSB73MP (conversa) 22 de decembro de 2022 ás 10:08 (UTC)[responder]

Alameda de Pontevedra

[editar a fonte]

Buos días MJSB73MP


Revisa no seguinte enlace que creo pode ser interesante para a tua entrada, cando Sesmero fai seu proxecto xa hay un importante nº de arbores plantados a cordel rodeados de un cerco de cantería...


https://media-atopo.depo.gal/service/data/MFRRaDRQMThpRmlXOVpjZzhtYmIyV0pnS2FnNlB0Snd2ZVdTbE95U1N4MU12bGVRTExXVFUreHpiSlFvUHNPenZETDNkb0k3OHhTMkhxSUIyQ2w5d0xEVXVJbHZGdHoweEx6QS9GYlJZWmR6UmFrM0ZGM2pJVVBtNUE4blFmdnBPWTR6WGpNOEMvZjV0V2lvQlBKenlhVy9XdnIweDVheUVMdU9URTVhVnVZPQ==

El último es el mas capaz y hernnosc) por su localidad, tiene de largo 552 varas y de ancho 150. Dentro de- este espacio hay una alameda cerrada por un camapé de cantería, la que tiene de largo *2829 varas,,y 58 de ancho, rlivrididas por. cinco

"i

anchasïcallesVcon árboles á cordel, y un espacioso salon. Adorínaxl este campo 91 acacias, 57 robustos y grandes robles, y tambien al paseo ó calle que desde la puerta de Sto. Domingo sigue

al campo de S. Roque y arrabal de la Moureira. La situacion de

este paseo y ïalameda con su vista sobre la ria, es de las mas deliciosas y encantadoras, puessque estendiéndose en el orizonte á mas

de ocho leguas, parece que ellcielo quiere confundirse con la mar;

y desde ella tambien se vé en algunos meses del año pasar el sol

á otro hemisferio stimergiéndosé en las iaguas del vasto océano;

«lejando algunas; veces en aquel acto las nubes que se hallan sobre el orizonteiluminadas por las descomposiciones de «sus rayos

conlos colores srtmaixiente vivos del arco iris que variando á

proporcion que el sol sigue su carrera ó la tierra su movimiento, Justinoguerra (conversa) 2 de xaneiro de 2023 ás 10:23 (UTC)[responder]

Bos días Justinoguerra e grazas pola túa mensaxe e polo enlace!

Sabes se por casualidade hai planos ou debuxos ou outras informacións do actual cuartel de San Fernando proxectado e construido nos primeiros anos do século XX (1900-1905; 1906-1909) como os que atopaches dos cuarteis precedentes do cuartel actual?

Un saúdo! MJSB73MP (conversa) 2 de xaneiro de 2023 ás 11:44 (UTC)[responder]

Límites históricos das parroquias de Pontevedra

[editar a fonte]

Ola! Estaba con isto e preguntábame se ti, que editas sobre Pontevedra, saberías cales son os límites históricos das parroquias de Santa María e San Bartolomeu de Pontevedra, antes das novas do século XX. Saúdos e grazas polo traballo. One2 (conversa) 6 de xaneiro de 2023 ás 18:42 (UTC)[responder]

Ola One2! Pois a verdade é que non o sei pero se o chegase a descubrir direicho. Un saúdo! MJSB73MP (conversa) 6 de xaneiro de 2023 ás 18:48 (UTC)[responder]

A Moureira

[editar a fonte]

Ola, MJSB73MP! Como vai todo?

Que ben que creases o artigo da Moureira. Ao respecto, liches o libro de Sabino Torres As tres columnas? Recoméndocho encarecidamente! :) Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de xaneiro de 2023 ás 21:51 (UTC)[responder]

Ola Estevoaei! Non, non o lin, grazas pola información! MJSB73MP (conversa) 22 de xaneiro de 2023 ás 22:16 (UTC)[responder]

Fotos do Corpus

[editar a fonte]

Ola, MJSB73MP! Onte fixen estas fotos da procesión do corpus en Pontevedra. Pensei que igual che apetecía botarlles un ollo para mellorar as descricións ou categorizacións, que son un pouco xenéricas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de xuño de 2023 ás 12:28 (UTC)[responder]

Ola Estevoaei! Graciñas pola mensaxe! Nestes intres teño moi pouquiño tempo e non estou en Ponte mais botareilles un ollo cando poida. Se algún día tes tempo e ganas, todas as fotos que poidas facer das rúas da cidade e edificios senlleiros das rúas que estén nos artigos da Wikipedia (García Camba, Oliva, Benito Corbal, Michelena...), dos barrios (Valdecorvos, Monte Porreiro, A Parda...), dos parques (Gafos, Illa das Esculturas, Xunqueira de Alba...) serán moi benvidas para complementar os artigos.
Un saúdo! MJSB73MP (conversa) 13 de xuño de 2023 ás 12:44 (UTC)[responder]

Caixa de Aforros

[editar a fonte]

Ola! No artigo da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra mudei o Modelo:Edificio por Modelo:Organización, pois o artigo fala da institución, non da sede. Polo mesmo motivo, retirei do elemento de Wikidata de Emilio Quiroga Losada‎ (d:Q107528001) o elemento Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra da sección "obra salientable", pois o elemento fala da institución, non do edificio. Habería que crearlle elemento en Wikidata á propia sede. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de abril de 2024 ás 11:29 (UTC)[responder]

Ola Estevo(aei), que tal? Se entendín ben, habería que crear un elemento en Wikidata para o Edificio de Caixa de Pontevedra como obra de arquitectura (título do elemento: "Edificio Central da Caixa de Aforros de Pontevedra", non si? Un saúdo! MJSB73MP (conversa) 29 de abril de 2024 ás 13:00 (UTC)[responder]

Cuartel de San Fernando de Pontevedra

[editar a fonte]

Ola MJSB73MP. Como vai a cousa?

Oes, poderías ampliar a introdución de "Cuartel de San Fernando de Pontevedra"?

Está proposto en Wikipedia:Sobre Galicia/Votacións, e unha introdución máis extensa valería para o resumo a publicar na portada.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 1 de agosto de 2024 ás 18:02 (UTC)[responder]

Ola HombreDHojalata,
Acabo de ver a túa mensaxe e engadín a introdución máis longa que suxeriches. Espero que sexa adecuada e que non chegue demasiado tarde! Un saúdo! MJSB73MP (conversa) 26 de agosto de 2024 ás 12:28 (UTC)[responder]