Saltar ao contido

Conversa usuario:Nanotrasno

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Nanotrasno. A chegada de colaboradores novos permítenos avanzar na construcción desta wikipedia galega e toda a axuda é moi apreciada. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:35, 18 Xan 2005 (UTC)

  • Benvido, pola miña parte non hai gran cousa que decir, so esperamos que te atopes como na casa (pero sen facer trasnadas je je. un saudo --Xelo2004 20:41, 18 Xan 2005 (UTC)
  • Ola Nanotrasno, esta mensaxe é en relación ao modelo de marcador Template:En progreso, xa temos un que fai as mesmas funcións que o que creaches Template:En progreso. Para evitar duplicidades de categorías e marcadores vou redirixir o que ti creaches ao que xa temos. En Wikipedia:Mantemento hai unha relación de marcadores relacionados co mantemento que quizais che sirvan nalgunha ocasión. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:58, 13 outubro 2005 (UTC)
  • Noraboa pola túa páxina de usuario e parabéns polas colaboracións que estás facendo na Galipedia. Grazas por facer que sexamos a única wikipedia co artigo Autocorrelador e agradecerche tamén a túa proposta para mellorar a difusión desta wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:37, 15 outubro 2005 (UTC)

Respostas

[editar a fonte]
  • Sobre a portada: na portada non podes facer o cambio pero estamos preparando unha nova potada e aí podes por a categoría que dis. En canto ao de poñer enlaces para comezar un artigo cando non o hai, tamén pensara eu nelo, en canto teña un momento fago o cambio. Iso está en Special:Allmessages e só o poden facer os administradores. E sobre o demais estarei atento a túa proposta. Uno cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:45, 18 outubro 2005 (UTC)
  • Xa están creadas as mensaxes, se se che ocorre algún comentario non tes máis que deixalo na miña páxina (se o texto non é claro ou se botas en falta algo). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:41, 18 outubro 2005 (UTC)
  • En relación á pregunta da portada dicirche que eses enlaces veñen de vello. O da wikipedia maorí puxeno eu porque temos unha especial relación con eses compañeiros dos antípodas. Probablemente haxa que retirar todos os enlaces -como ocorre noutros wikis- porque xa están na zona inferior da páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:37, 20 decembro 2005 (UTC)

Pregunta

[editar a fonte]

cuales son las lenguas celtas? son celtasal 100%? y donde puedo comnseguir como aprenderlas? y en que direccion su wiki?


--[[User:DGDIC| DGDIC [[ User Talk: DGDIC| (Cha Valte Deseigas Dacierourú Dago Pu Favote entrar Etcá a Dacierre)]]]] 12:46, 20 decembro 2005 (UTC)

  • A entrada vigués corresponde a unha entrada do Galizionario, en Xentilicios galegos tes a relación de todos os xentilicios galegos onde podes incluir aqueles que tiñes pensado editar aquí. Hai outras dúas posibilidades con respecto a esa páxina: unha redirección á páxina Vigo ou unha páxina de homónimos coma francés. Un cordial sáudo. --Prevert(talk) 10:25, 28 decembro 2005 (UTC)
  • Non tes porque pedirme desculpas, só deixei a mensaxe para que souberas que se estaba facendo no Galizionario, coma ti farías con outro punto que coñeceses. Por certo, convirte a páxina no que mellor che pareza: unha páxina de homónimos ou nunha redirección. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:20, 28 decembro 2005 (UTC)

Solitón-linear

[editar a fonte]

Agradézoche a explicación. Eu son de letras e a verdade é que me aventuro moito traducindo cousas que certamente non entendo. Polo que respecta a linear/lineal, tes razón, o meu descoñeceento débese a que son de letras e iso que son profesor de galego. Fixéchesme ir ó mellor dicionario que teño e lelo con atención, Nos máis dos usos é válido lineal (tamén linear), pero referido a polinomios ou vectores, só vale linear. De aquí en diante usarei sempre linear é así non terei problemas. Grazas. (Se ves algún erro con esta palabra nalgún texto, non dubides en corrixila).--Lmbuga 14:50, 6 febreiro 2006 (UTC)

Licenza de imaxe

[editar a fonte]

Ola tes a imaxe Image:DispersionPingaAuga.png, sen licenza nin orixe. Podes mirar en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe os diferentes marcadores que se lle poden aplicar ás imaxes e e aquí a táboa identificadora da imaxe. Para calquera dúbida pódeste poñer en contacto comigo na miña páxina de discusión--Rocastelo(fálame aquí) 16:59, 5 xuño 2006 (UTC)

  • Xa está marcada a imaxe correctamente, grazas por identificar a fonte. Caso de cargar unha imaxe doutra wikipedia (de non estar en Commons) é importante copiar a licenza orixinal e o seu autor para comprobar a validez en todos os proxectos, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 16:36, 13 xuño 2006 (UTC)

Ola Nanotrasno!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos

[editar a fonte]

Ola Nanotrasno. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 6 decembro 2006 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:29, 3 outubro 2007 (UTC)

Aniversario

[editar a fonte]

Ola Nanotrasno. Hai moito que non coincidimos e quero aproveitar que o pasado 18 de xaneiro se cumpriron tres anos desde que fixeches a túa primeira edición na Galipedia para lembrar a túa colaboración. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:10, 10 febreiro 2008 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons

[editar a fonte]
Imaxe borrada
Esta imaxe foi borrada por estar xa presente en Commons.
Imaxe:Formacion arco da vella.png
Ficheiro:RainbowFormation LandscapeScheme.png

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Formacion arco da vella.png, localizouse a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Formacion_arco_da_vella.png), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Formacion arco da vella.png foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), póñase en contacto co usuario que envía a mensaxe para que a imaxe sexa restaurada. .

Grazas pola súa colaboración. Non dubide en contactar comigo se ten algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo

--Xan de ningures 23:19, 31 marzo 2009 (UTC)

Cuestionario onomástica

[editar a fonte]

Ola, Nanotrasno! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:48 (UTC)[responder]