Wikipedia:Votacións/Elección de administradores
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Política para a elección de administradores
Período de votación: 25.10.2007 - 05.11.2007
SI: 10 — NON: 0 — NEUTRO: {{{neutro}}} — CONCLUSIÓN: aprobado |
Para ser administrador é necesario que a comunidade che coñeza e confíe no teu bo facer, polo que se esixirá que os candidatos sexan avaliados caso a caso segundo as súas contribucións e o tempo que leven na Galipedia.
Requisitos para ser presentado á administración
[editar a fonte]- Os usuarios de Wikipedia que cumpran os requisitos anteriores poderán ser presentados por calquera outro usuario sempre e cando se obteña o consentimento previo do interesado. En ningún caso se aceptará que un usuario se presente a si mesmo.
- Ter feitas máis de 3.000 edicións (ferramenta de contaxe: 1).
- Levar máis de 8 meses inscrito na Galipedia e ter colaborado asiduamente coa comunidade (edicións na Taberna, páxinas de discusión, páxinas Axuda ou páxinas Wikipedia).
- Dominar e aceptar todas e cada unha das políticas da comunidade, en especial os cinco piares
- Ter unha conta de correo habilitada (véxase preferencias).
- Non ter sido bloqueado no último ano e medio. Trátase neste caso de bloqueos producidos por incumprimento das políticas oficiais da comunidade e excluíndose os aplicados erroneamente.
- Non ter desenvolvido artigos borrados, mediante o procedemento de Votacións para borrar por vangloria, propaganda ou violacións de copyright.
Presentación de candidaturas
[editar a fonte]Non se poderán presentar candidaturas nos meses de xullo e de agosto, nin nas vacacións de Nadal e Semana Santa por ser etapas en que moitos usuarios non están activos.
A elaboración da proposta realizarase en Wikipedia:Votacións á administración, pero ademais o feito deberase notificar en Wikipedia:A Taberna (propostas).
Se algún usuario ten fundadas sospeitas respecto da verdadeira identidade do candidato poderá solicitar a un checkuser que revise IP e contas de usuario creadas. En caso de que se encontre máis dunha conta darase a coñecer o feito na páxina de votación.
Valoración de candidaturas
[editar a fonte]As candidaturas presentadas serán valoradas pola comunidade en atención ó traballo global realizado polo candidato en Wikipedia incluíndo artigos, páxinas de enciclopedia, atención a outros usuarios, labores de mantemento, mediación, discusión de políticas, etcétera.
Consideraranse válidos os votos asinados e emitidos por usuarios rexistrados, exceptuando o voto do candidato, que cumpran os mesmos requisitos esixidos en Wikipedia:Votacións no momento en que na Galipedia haxa un “checkuser”. Mentres non haxa un “checkuser”, serán precisos 4 meses de antigüidade e 700 edicións.
Recoméndase xustificar os votos en contra.
Calquera modificación na páxina de votación realizada de forma anónima será revertida.
Se algún usuario emite máis dun voto coa mesma ou distinta conta contarase un só, cando non sexan contraditorios. Calquera usuario poderá alterar o sentido do seu voto en calquera momento.
A decisión sobre a aceptación ou rexeitamento da candidatura adoptarase transcorridos quince días dende a súa presentación. Os días dos meses de xullo, agosto, vacacións de Nadal e Semana Santa non serán computados. Entenderase que o candidato foi aceptado se conseguiu un 75% de votos a favor. As decisións favorables poderán ser executadas de inmediato por calquera administrador, quen procederá a informar ó candidato e incluirá o seu nome na lista de administradores.
Se transcorrido o prazo non se logrou un consenso suficiente, desestimarase a candidatura.
Finalizada a votación nun sentido ou outro, a votación será arquivada.
Revogación dos permisos de administrador
[editar a fonte]Un burócrata solicitará en wikimedia a baixa dun administrador automaticamente, logo de ser seren seguidos os procedementos indicados.
Procedementos
[editar a fonte]O procedemento consta de dous pasos: a petición e a votación.
Para pedir que se considere a revogación de privilexios, tres usuarios débeno solicitar en "Wikipedia:Administradores/Votacións á administración". Para poder participar na solicitude hai que ter unha antigüidade de 4 meses e un número mínimo de 700 edicións.
Feita a petición, ao día seguinte abrirase unha votación en "Wikipedia:Administradores/Votacións á administración", que se deberá publicar en "Wikipedia:A Taberna (propostas)" e da que haberá que notificar ao administrador cuestionado.
A votación durará 15 días e o resultado determinarase por maioría simple. Tanto se a petición é rexeitada como aceptada, arquivarase; se é aceptada, un burócrata retiraralle os privilexios.
Un administrador cuxos privilexios fosen revogados desta maneira non poderá ser proposto de novo até transcorrido un ano.
Un administrador cuxa actuación fose aprobada por un 75% dos votos non poderá ser proposto de novo no prazo de un ano.
Motivos posibles
[editar a fonte]- Ausencia total da Wikipedia galega durante dous anos.
- Abandono das funcións de administración durante tres anos. Enténdese como abandono o feito de que haxa menos de 20 accións que só poden desenvolver exclusivamente os administradores.
- Atentar, sen que houbese posteriormente unha rectificación expresa do seu proceder ante a comunidade e/ou o/os implicado/s, contra o indicado en Wikipedia:Normas de conduta.
- Atentar contra as políticas aprobadas pola comunidade, en especial as tres normas básicas da Wikipedia: O punto de vista neutral, a verificabilidade e o feito de que a Wikipedia non é unha fonte primaria.
Votación
[editar a fonte]- Concordo --Xosé (✉) 20:58, 25 outubro 2007 (UTC)
Concordo esperando sirva para coexionar o proxecto Lansbricae (Ti dirás) 21:22, 25 outubro 2007 (UTC)Comentario: Non participo na votación. Que fose un erro ou non no momento de recoller todo o debatido non quita que se esté a modificar o contido cando xa teñen votado xente un contido determinado. Voltamos de novo aos sistemas de sempre, con boa fe modificamos o xa votado por outros modificando, aínda que sexa en pouco, o voto das persoas que xa o fixeran. Ao meu entender non se pode modificar o que se está a votar sen o consentemento dos demais presupoñendo que todos tiñamos en conta o texto incluido con aterioridade. Porqué logo non se recuperou a proposta inicial senón unha mestura dunha primeia proposta mais unha segunda máis algún engadido? Desde esa proposta inicial non vin achegamentos de consenso, ao contrario vin achegamentos a posturas determinadas. Plegueime a elas pero non chega con eso, senón que tamén hai que facer modificacións con posterioridade ao inicio da votación. Moi triste. A opinión dunha persoa ten un valor que non se está a respetar, non dubido que de boa fe, neste procedemento. Triste, sen mais Lansbricae (Ti dirás) 21:34, 28 outubro 2007 (UTC)- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 21:32, 25 outubro 2007 (UTC)
- Concordo, aínda que tras reler quedanme algunhas dúbidas no de que teñan que ser 3 usuarios para pedir a baixa do admin... Pero eso quedará para futuras modificacións (se as hai), de momento estaría ben probar así a ver como funciona :) --BaNjO tell me 15:01, 26 outubro 2007 (UTC)
- Concordo --Toliño Fala aquí comigo 12:40, 27 outubro 2007 (UTC)
- Concordo --FryantTralarí Tralará 12:48, 27 outubro 2007 (UTC)
NeutroPorque se eliminou non sei por que o texto: Os usuarios de Wikipedia que cumpran os requisitos anteriores poderán ser presentados por calquera outro usuario sempre e cando se obteña o consentimento previo do interesado. En ningún caso se aceptará que un usuario se presente a si mesmo.
Creo que era un texto importante, así que de momento voto neutro. Ademais tería algunha suxerencia, pero iso xa serían cousas mínimas que se falarían máis adiante. AlberteSi, digame? 13:08, 27 outubro 2007 (UTC)
ConcordoNeutro. Paréceme atinado o comentario de Alberte. --Xabier Cid 16:23, 27 outubro 2007 (UTC)- Concordo. --Xabier Cid 11:07, 29 outubro 2007 (UTC)
- Concordo--Hugo22 15:01, 27 outubro 2007 (UTC)
- Concordo, unha vez recuperado o texto. AlberteSi, digame? 21:13, 28 outubro 2007 (UTC)
- Concordo, parécenme unhas normas razoablemente axeitadas. --Furado 00:50, 30 outubro 2007 (UTC)
- Concordo --Calrosfking (FÁLAME) 14:46, 5 novembro 2007 (UTC)