Saltar ao contido

Conversa Wikipedia:Votacións/Elección de administradores

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Comentario "Un administrador cuxos privilexios fosen revogados desta maneira non poderá solicitalos de novo até transcorrido un ano" Penso que eiquí hai unha contradición co sistema que se propón, se un administrador ten que ser proposto polos demais usuarios para ser presentado, e despois de ser elexido pola comunidade, e de un tempo como administrador, tres usuarios deciden solicitar a revogación dos seus permisos e por votación da comunidade, non acabo de entender que "de segundas" xa non sexa a comunidade a que elixa se esa persoa reune os requerimentos para voltar a ser administrador, senón que o solicite el mesmo. Penso que ten que ser un erro, porque neste caso non semella moi lóxico que caiba que unha persoa á que lle foron revogados os seus permisos poida solicitalos de novo, penso que podería en todo caso, ser proposto de novo por outros usuarios no prazo dun ano. Alma (fálame eiquí) 15:50, 19 outubro 2007 (UTC)

  • Tes toda a razón. O problema parte da redacción que fixen eu (no futuro penso propoñer que quen queira se poida presentar sen ter que ser "apadriñado"). Podemos optar por modificalo agora ("non poderá ser proposto de novo...") ou sobreentender que a solicitude/proposta é por parte doutro usuario. --Xosé (✉) 16:15, 19 outubro 2007 (UTC)
  • Creo que debería trocarse polo de "non poderá ser proposto de novo...", ao ser un erro de redacción non creo que ninguén teña problemas có cambio. --Banjo tell me 17:25, 19 outubro 2007 (UTC)
  • Eu entendo ao que te refires Xosé e concordo en que debe deixarse a liberdade de elección entre que te propoñan ou presentarte, pero neste caso, o problema que atopo e que cando a un se lle revogan non pode el solicitalo, creo que debe ser clarexado, porque da a entender que ese administrador pode solicitar a alta en meta sen necesidade de someterse a unha nova votación pola comunidade, e iso é o que considero o erro principal e a contradición na proposta. Alma (fálame eiquí) 17:29, 19 outubro 2007 (UTC)
  • Perfecto: Cambio. --Xosé (✉) 17:55, 19 outubro 2007 (UTC)
  • Desapareceron os votos, non habería que recuperalos? Se alguén muda a opinión que o tache. AlberteSi, digame? 17:59, 19 outubro 2007 (UTC)
  • Certo, habería que recuperalos e ademáis avisar á xente para que revisen os seus votos. De todas formas será mellor esperar a que se remate de facer os cambios que se consideren necesarios, e recuperalos unha vez se volva a abrir a votación. --Banjo tell me 20:01, 19 outubro 2007 (UTC)
    • Os votos están no arquivo (ver arriba de todo). Retirei-nos para aí porque se referian a unha proposta inicial que agora está modificada substancialmente (requisitos para ser administrador, revogación de dereitos, etc.) e, polo tanto, xa non tiñan nada que ver coa proposta que hai agora. Mantelos daba a impresión de que eran a favor/en contra do que hai agora, que é diferente. Nos próximos dias pódese refinar a proposta actual e logo submeter a votación. Ao abrirse de novo o prazo para a votación xa non se poderia contar con eles, xa que, ademais, terian sido emitidos antes de que esta se iniciase. Continuan no arquivo como referencia. --Xosé (✉) 13:15, 20 outubro 2007 (UTC)
  • Xa opino aquí, porque non se da aberto a votación e eu tiles para poñer non atopo: discordo porque os prazos de actividade-inactividade da parte de revogación dos administradores fan que semelle un cargo honorífico cando non o é é un cargo meramente práctico e se non é utilizado non só non malo pola falta senón tamén máis perxudicial ao dar unha imaxe á comunidade de que existe un número maior de colaboradores administradores dos que realmente existen. Con este sistema apenas se quitarían do listado actual aqueles que non fixeron case nada desde o principio. 3 anos de inactividade, 20 edicións cada non sei canto, esto é unha tomadura de pelo, que as cousas sigan igual que estaban e listo pero andar mareando a perdiz para acabar co mesmo sistema para eso xa teño a vida real, cos caciques reconvertidos en alcaldes-construtores, as empresas dos amigos .... Lansbricae (Ti dirás) 16:03, 21 outubro 2007 (UTC)

Iniciar unha conversa sobre "Wikipedia:Votacións/Elección de administradores"

Iniciar unha conversa