Conversa usuario:Pérez Pérez 4
Benvido(a) á Galipedia, Pérez Pérez 4!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 19 de marzo de 2019 ás 14:19 (UTC)
Duplicado
[editar a fonte]Ola! Grazas por crear o artigo Mosteiro San Pedro de Rocas. O problema é que xa existía unha entrada na Galipedia con este contido, en Mosteiro de San Pedro de Rocas. As túas contribucións foron incorporadas a esta páxina, como podes comprobar no historial. Lamentablemente moitos dos datos do artigo que crearas ti xa figuraban nela, polo que tiven que harmonizar os contidos de ambas. Se esquecín algo ou consideras que aínda faltan cousas sobre este tema, as túas achegas en en Mosteiro de San Pedro de Rocas son máis que benvidas.
Para que non se creen artigos duplicados por erro é recomendable facer unha busca na Galipedia antes. En canto a escolla do título para as entradas da Galipedia, está especificada nesta política. Un saúdo e a seguir!.--Maria zaos (conversa) 28 de xuño de 2019 ás 20:15 (UTC)