Saltar ao contido

Conversa usuario:PaiBregoán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Posible conflito de intereses[editar a fonte]

Ola PaiBregoán. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses .

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2023 ás 12:04 (UTC)[responder]

Boas compañeiro, moitas grazas pola revisión.
Unha dúbida, poderías incluír as RRSS do Ferrado na Infobox, tal e como están reflexadas na entrada de Orgullo Galego: (Orgullo Galego)
As ligazóns ás RRSS son:
Twitter: https://twitter.com/oferradogal
Instagram: https://www.instagram.com/oferrado.gal/
Facebook: https://www.facebook.com/oferrado.gal
Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCY8fcZjVa9CNbOhS8P3jPQA
Así mesmo, sería moi interesante poder incluír a imaxe do logotipo da revista na entrada e trocar o título da mesma incluíndo O Ferrado (revista) ou O Ferrado (colectivo); para evitar confusión co Ferrado medida.
Non dou coa maneira de poder introducir eses cambios:
  1. RRSS no infobox
  2. Logotipo para ilustrar a entrada
  3. Poñer (Revista / Colectivo) no título.
Moitas grazas pola axuda en facer medrar a Galipedia. Unha aperta fonda PaiBregoán (conversa) 15 de xaneiro de 2023 ás 13:03 (UTC)[responder]
Ola PaiBregoán.
As ligazóns que dis póñense na correspondente ficha en Wikidata (un proxecto irmán da Wikipedia) e O Ferrado inda non a ten.
Por outra banda, as imaxes van en Wikimedia Commons (outro proxecto irmán de Wikipedia) e teñen que ter una licenza libre, que permita mesmo obra derivada e uso comercial.
Non hai confusión posible con "ferrado", que non leva o artigo "o".
Un saúdo a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2023 ás 17:44 (UTC)[responder]
Boas noites!
Moitas grazas pola axuda.
Seguindo os teus consellos veño de engadir as páxinas de Wikidata e Wikimedia Commons. Na primeira inserín os ID das RRSS e na segunda o logo do colecitvo (de dominio público e coa autorización dos membros do colectivo).
Así, conseguín poñer na entrada da galipedia o logo, pero gustaría de:
  1. Poñer o logo na infobox
  2. Inserir as RRSS na infobox (que xa puxen en Wikidata)
Non obstante aínda non sei como facelo, sería de moita axuda se me puideras indicar cómo, ou arranxalo para que a páxina quede completa.
Certamente tes toda a razón con respecto da medida! :)
Unha aperta. PaiBregoán (conversa) 15 de xaneiro de 2023 ás 18:35 (UTC)[responder]