Conversa usuario:Pargal
Benvido(a) á Galipedia, Pargal!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 15:55, 21 de decembro de 2010 (UTC)
Formato
[editar a fonte]Tes que lle dar formato ao texto qe trase para o artigo de Pilar Rojo. Outramente, será borrado. E por suposto, o texto ter que ser orixinal, é dicir, non o podes traer doutra páxina web. Se é eseo caso, daquela dío e borrámolo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:55, 21 de decembro de 2010 (UTC)
- Houbo que refacer por completo o artigo de Pilar Rojo.[1]. Para a próxima trata de darlle o formato ti. --Atobar (conversa comigo) 17:08, 22 de decembro de 2010 (UTC)
Imaxe á que lle faltan datos
[editar a fonte]Imaxe(s) sen licenza e/ou orixe
[editar a fonte]Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe Ficheiro:Consti.JPG |
Ola Pargal, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web teña copyright.
Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{Cc-by-sa-4.0}}). Tes unha relación de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo clic sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.
Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.
¿Como incluír eses datos cando vas subir unha imaxe? No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon "Resumo". Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.
- Accede á foto.
- Unha vez que accediches, fai clic na pestana editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{Cc-by-sa-4.0}}
- Garda a páxina
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --Alberte Si, dígame? 13:46, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)
Pilar Rojo
[editar a fonte]Ola Pargal. Marquei o artigo Pilar Rojo co marcador atención porque segundo as normas da Galipedia ese tipo de edicións poden supoñer un conflito de intereses. Se a conta Pargal estivera operada por unha ou varias persoas do servizo de prensa do Parlamento de Galicia, ou polo equipo dun grupo paralamentario ou por calquera outro servizo relacionado ou se dese unha situación semellante a edición non sería lexítima. Se fóra o caso dalgunhas das situacións anteriores teña presente que a Wikipedia non é un medio de comunicación e certos procedementos admitidos nos medios non están admitidos aquí. En particular no caso das biografías de persoas vivas, se quere achegar algunha información ou facer algunha precisión pode facelo a través das páxinas de conversa dos artigos. En Wikipedia:Conflito de intereses ten información sobre esta cuestión e se hai algún punto que non estea claro ou apareza incompleto pode preguntar aos colaboradores habituais do wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:54, 24 de febreiro de 2012 (UTC)
Lista de ligazóns externas
[editar a fonte]Ola Pargal. Grazas polas túas achegas. Porén, desfixen os cambios en Parlamento de Galicia. Penso que está fora dos obxectivos do proxecto ligar tódala extensa lexislación relativa ao tema.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11:37, 12 de abril de 2012 (UTC)
Boas, desfixeches un cambio alén das ligazóns que penso era imprescindible xa que corrixía un erro que había neste artigo, é o referente á mesa do parlamento que tiña a membros que non están actualmente. Os que están ben son os seguintes:
Presidenta: Pilar Milagros Rojo Noguera (PPdeG) Vicepresidente 1º: Miguel Santalices Vieira (PPdeG) Vicepresidente 2º: Francisco Xulio Cerviño González (PSdeG) Secretario 1º: José Manuel Balseiro Orol (PPdeG) Secretario 2º: Carme Adán Villamarín (BNG)
--Pargal (conversa) 11:43, 12 de abril de 2012 (UTC)
- Tes razón no da actualización. Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 12:01, 12 de abril de 2012 (UTC)
Xa o cambiei de novo. E penso que o das ligazóns é interesante para o proxecto, aínda que respecto a súa postura.
--Pargal (conversa) 11:45, 12 de abril de 2012 (UTC)
Nomes dos artigos
[editar a fonte]Ola, Pargal. Desfixen os cambios que fixeras no nome dos artigos de Santalices. As razón é que na Wikipedia galega buscamos o nome máis simple polo que é coñecido, non o nome máis complexo. Só se poñen máis complexos cando efectivamente hai varias persoas que se chaman igual e pode dar lugar a confusión. Un saúdo! --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de febreiro de 2016 ás 14:44 (UTC)