Pilar Rojo
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pilar Rojo Noguera 23 de febreiro de 1960 (64 anos) A Coruña, España |
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: España 25 de novembro de 2016 – 9 de marzo de 2017 | |
Deputada de España | |
7 de xullo de 2016 – Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
6ª Presidenta do Parlamento de Galicia | |
1 de abril de 2009 – 26 de xaneiro de 2016 ← Dolores Villarino – Miguel Santalices → | |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
20 de novembro de 2001 – 12 de xaneiro de 2016 | |
Actividade | |
Ocupación | política, arquitecta |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Pilar Milagros Rojo Noguera, nada na Coruña o 23 de febreiro de 1960, é unha política galega militante do PPdG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. En 1990 e ata 1996 exerceu como arquitecta da Facenda Pública na Delegación Provincial de Economía e Facenda en Pontevedra. En novembro de 1996 foi nomeada delegada provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia en Pontevedra, cargo que ocupou ata finais de 2001.[1]
No ano 2001 foi elixida deputada do PPdeG por Pontevedra no Parlamento de Galicia, cargo para o que foi reelixida nas VII e VIII lexislaturas. O 20 de xaneiro de 2003 foi nomeada Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, cargo que desempeñou ata as eleccións autonómicas de 2005.
Após as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009, foi elixida presidenta do Parlamento de Galicia. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse en terceiro lugar pola provincia de Pontevedra e foi elixida deputada. En xaneiro de 2016 foi substituída na Presidencia do Parlamento Galego por Miguel Santalices.[2] Nas eleccións xerais de abril de 2019 presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra, sen obter escano. Repetiu candidatura nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano, desa volta con éxito.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Monográfico: Pilar Rojo.". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2015.
- ↑ "Miguel Santalices será o novo presidente do Parlamento", Praza Pública, 25 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilar Rojo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Presidentes do Parlamento de Galicia
- Conselleiros da Xunta de Galicia
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Nados na Coruña
- Nados en 1960
- Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da VII Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Senadores por Pontevedra
- Senadores de España polo PP
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra
- Medallas do Parlamento de Galicia