Conversa usuario:Peixe22
Dámosche a benvida á Galipedia, Peixe22!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
![]() Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. ![]()
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
![]()
![]()
|
Boa estadía e bo traballo. Xas (conversa) 1 de marzo de 2022 ás 08:45 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Peixe22. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación →
Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2022 ás 21:14 (UTC)
- Boas HombreDHojalata! Activarei o revisor ortográfico entón. Grazas pola puntualización! Peixe22 (conversa) 14 de marzo de 2022 ás 09:52 (UTC)
artigos sobre alcaldes e alcaldesas
[editar a fonte]Ola, Peixe! Como vai todo?
Quería darche as grazas polo teu traballo nos artigos de alcaldes e alcaldesas, así como nos de eleccións municipais nos diferentes concellos.
Cada artigo de Wikipedia correspóndese cun elemento en Wikidata, unha base de datos libre. Así, nos artigos que fuches creando fun facendo os elementos correspondentes; por exemplo, para Luís Rey Villaverde creei o d:Q111144510. Vin que xa fixeches algunha modificación en Wikidata, anímote a probar a crear elementos novos!
Respecto ás ligazóns externas: sería interesante que en vez de poñelas como tal, de forma xenérica, as puxeses como referencias para afirmacións concretas dos artigos. Fixen isto no artigo de Santiago Tirado Serén: as ligazóns que engadiras, púxenas como referencias para o contido do texto.
Vin que tes un erro ortográfico recorrente: en ocasións xuntas o verbo co artigo("volveu selo alcalde", por exemplo). Neses casos, débese poñer un guión, para indicar a segunda forma do artigo ("volveu se-lo alcalde") ou pode poñerse separado ("volveu ser o alcalde").
Se tes calquera dúbida, pregunta na miña páxina de conversa. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 11 de marzo de 2022 ás 14:05 (UTC)
- Boas estevo(aei)! Grazas polas puntualizacións! O que si non me quedou claro de todo como crear o da wikidata máis o das ligazóns... Se me puideras matizar como elaboralos faríasme un gran favor! Peixe22 (conversa) 14 de marzo de 2022 ás 09:50 (UTC)
- Ola, Peixe! Podes probar, por exemplo, a facer o Q en Wikidata para Pablo Lago Sanmartín. Os pasos son os seguintes: unha vez entras en Wikidata (link), busca na esquerda onde pon "Crear un novo elemento". Clicas aí, e comezas. Lingua = gl; Etiqueta = Pablo Lago Sanmartín; Descrición = político galego. Unha vez creado, toca engadir o resto de valores; tes que ir dándolle onde pon "+ engadir unha declaración". Podes usar de modelo, por exemplo, o d:Q111144510(Luís Rey Villaverde), e aí ves as declaracións que che serven: "instancia de = ser humano"; "sexo = home"; "data de nacemento = 1978" etc. E para enlazar o artigo da Wikipedia co elemento de Wikidata, tes que ir ao elemento de Wikidata, unha vez que estea creado, e na parte inferior xa che pon "Wikipedia". Engades o código da Wikipedia en galego (gl) e o título do artigo que queres enlazar (neste caso, "Pablo Lago Sanmartín"). E xa estaría :)
Vai probando sen medo; unha vez que lle colles o truco non leva máis de dous minutos, e axiña irás controlando outras posibilidades que ten Wikidata. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de marzo de 2022 ás 15:36 (UTC)- Dacordo! Grazas! Peixe22 (conversa) 14 de marzo de 2022 ás 16:06 (UTC)
- Despois de editar uns cuantos wikidata saiume isto: Como medida contra os abusos, ten limitada a acción que está realizando a un número determinado de veces nun período curto de tempo, e vostede superou ese límite. Inténteo de novo nuns minutos Peixe22 (conversa) 14 de marzo de 2022 ás 16:28 (UTC)
- nada, solucionado! Peixe22 (conversa) 14 de marzo de 2022 ás 18:00 (UTC)
- Ola, Peixe! Podes probar, por exemplo, a facer o Q en Wikidata para Pablo Lago Sanmartín. Os pasos son os seguintes: unha vez entras en Wikidata (link), busca na esquerda onde pon "Crear un novo elemento". Clicas aí, e comezas. Lingua = gl; Etiqueta = Pablo Lago Sanmartín; Descrición = político galego. Unha vez creado, toca engadir o resto de valores; tes que ir dándolle onde pon "+ engadir unha declaración". Podes usar de modelo, por exemplo, o d:Q111144510(Luís Rey Villaverde), e aí ves as declaracións que che serven: "instancia de = ser humano"; "sexo = home"; "data de nacemento = 1978" etc. E para enlazar o artigo da Wikipedia co elemento de Wikidata, tes que ir ao elemento de Wikidata, unha vez que estea creado, e na parte inferior xa che pon "Wikipedia". Engades o código da Wikipedia en galego (gl) e o título do artigo que queres enlazar (neste caso, "Pablo Lago Sanmartín"). E xa estaría :)
Referencias en contribucións recentes
[editar a fonte]
Ola, Peixe22. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref>
despois da información, poñendo no lugar de referencia
a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}}
ou {{Cita web}}
. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:



Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 25 de febreiro de 2023 ás 23:33 (UTC)
Eleccións municipais de 2019 en Galicia
[editar a fonte]Ola, Peixe22. DEsfixen a túa edición en Eleccións municipais de 2023 en Galicia para manter o formato con outros artigos que teñen a mesma forma. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 3 de maio de 2023 ás 16:05 (UTC)
- Boas, e como poderíamos redirixir os enlaces que teñan posto Municipais de 2023 en maiúsculas? Digo para non ter que cambiar 1 a 1. Peixe22 (conversa) 3 de maio de 2023 ás 16:17 (UTC)
ortografía
[editar a fonte]Ola, Peixe! Como vai?
Lembra que cando empregues a segunda forma do artigo debes incluír o guión. Por exemplo, "pasou a se-lo alcalde", e non "pasou a selo alcalde". Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 18 de xuño de 2023 ás 22:25 (UTC)
- Ola, Peixe; lembra que se o artigo acompaña un substantivo non vai unido ao verbo. É "revalidar a alcaldía" ou "revalida-la alcaldía", pero nunca "revalidala alcaldía". Só vai pegado se é pronome, "despois de perder a alcaldía logrou recuperala". Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 5 de xullo de 2023 ás 11:40 (UTC)
- Ola, Peixe; por favor, lembra o que che comentaba máis arriba. Pon o guión ao emprega-la segunda forma do artigo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de febreiro de 2024 ás 20:09 (UTC)
José María Pose Romero
[editar a fonte]Ola, Peixe! Como vai?
Unha consulta: no artigo de José María Pose Romero puxeches que faleceu nos Ánxeles do concello de Brión; sería quizais Os Ánxeles, Brantuas, Ponteceso, que queda máis preto de Vimianzo? De onte tomaches a información?
Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de setembro de 2024 ás 19:56 (UTC)
- Ola boas! Si que faleceu nos Ánxeles de Brión, e enterrado en Bastavales, nese mesmo concello. Sae en 2 crónicas de La Voz daquel entón, polo que paso a referencialo. Peixe22 (conversa) 16 de setembro de 2024 ás 09:43 (UTC)