Conversa usuario:Piterleik
Benvido(a) á Galipedia, Piterleik!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. ☣Banjo tell me 21 de abril de 2017 ás 20:40 (UTC)
Votacións
[editar a fonte]Ola Piterleik. Risquei o teu voto en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Georges Bizet xa que aínda non cumpres os requisitos mínimos para participar nas votacións da Galipedia indicados en Wikipedia:Votacións. ☣Banjo tell me 21 de abril de 2017 ás 20:40 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
[editar a fonte]Ola Piterleik.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de marzo de 2020 ás 18:42 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Piterleik. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 15 de marzo de 2020 ás 18:44 (UTC)
Desculpa, mais eu teño o C2 acreditado na nosa lingua, o que pasa é que ó traducir directamente do castelán facendo copiapega pois a un pásanselle pequenos erros como *el en lugar de o, etcétera. Vou revisar os artigos porque seguro que aínda me quedaron algúns por aí.
Ligazóns interlingüísticas
[editar a fonte]Ola Piterleik.
Cando inicies un artigo, lembra engadir a ligazón interlingüística no Wikidata.
Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.
Un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 17 de marzo de 2020 ás 10:27 (UTC)