Conversa usuario:Ric delg
Ola, benvido á Galipedia, para calquera dúbida tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade e podes establecer contacto co resto dos colaboradores nas diferentes seccións da Taberna e nas páxinas de discusión dos usuarios. Agardamos que colabores a gusto con nós, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 21:25, 4 marzo 2006 (UTC)
- Benvid@, espero que te sintas coma na túa casa. A pouca axuda que poidas proporcionar sempre é de gran utilidade.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 21:42, 4 marzo 2006 (UTC)
Andes
[editar a fonte]Grazas polo aviso, o artigo pasara desapercibido. Estaría ben que o refixeras, se queres claro. Aproveito para darche unha re-benvida. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:25, 21 setembro 2006 (UTC)
- Moitas grazas pola túa colaboración e por refacer o artigo Andes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:23, 21 setembro 2006 (UTC)
RE: Wikiproxecto NBA
[editar a fonte]Ola! O primeiro agradecerche as alabanzas ó meu traballo, pero é nunha grande parte traducido. Respecto a túa colaboración, eres mais que benvido a colaborar, por suposto. Se queres podes apuntarte na páxina do wikiproxecto, e empezar por onde queiras. Agora o máis necesario son artigos dos equipos restantes e dos xogadores importantes.
POdes consultarme o que queiras se tes algunha dúbida. Un saúdo. --Fryant 21:19, 29 setembro 2006 (UTC)
- Ok, perfectísimo. Moitas grazas pola axuda.--Fryant 17:52, 30 setembro 2006 (UTC)
20.000 artigos
[editar a fonte]Ola Ric delg. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.
Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:43, 6 decembro 2006 (UTC)
Escudos sen licenza e sen orixe
[editar a fonte]Ola Ric delg. Grazas por contribuíres e cargares escudos. O escudo Imaxe:Escudo Covelo.jpg non ten licenza, nin orixe. A orixe é o DOGA en que foi aprobado e a páxina da ca se pilla o escudo (a non ser que sexa creación propia). ¿Coñeces ou tes acceso ti a eses datos?
Están tamén sen licenza imaxes nas cales participaches como Imaxe:Escudo Cuntis.jpg ou Imaxe:Escudo Catoira.jpg; polo que tamén as marquei coa etiqueta {{SenLicenza}}. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:45, 1 xaneiro 2008 (UTC)
- Ola de novo. Se son os escudos oficiais e non son unha reelaboración artística, están no dominio público (PD), pero teñen que darse esas dúas condicións. Para saber se son oficiais (se son da Deputación supoño que si o son) hai que saber o DOG en que se aprobaron e poder comparalos. Por iso che preguntaba se o sabías. Faría falta alguén que puidese ter acceso ós DOGas e colocar a orixe. O que si é preciso, se están no dominio público é que lles coloques a licenza {{PD}}. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:46, 4 xaneiro 2008 (UTC)
Reboiras
[editar a fonte]Tes toda a razón, pero veña, faino ti. Retira o que creas axeitado. :) Un saudiño --Xabier Cid 00:18, 8 febreiro 2008 (UTC)
Sabela
[editar a fonte]Movín Sabela a Sabela (cantante). Tes a primeira marcada para borrar, pero se queres crear o artigo correspondente ao antropónimo podes facelo xa eliminando o marcador de borrado. A próxima vez non dubides en facelo ti mesmo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:25, 15 de agosto de 2010 (UTC)
Referencias
[editar a fonte]Boas noites, Ric. Vexo que puxeches un "cómpre referencias" nesta frase do artigo a Morte na cultura popular: "As diferentes actitudes ante a morte ... responden, o mesmo que noutros momentos transcendentais da vida, ás diversas opcións relixiosas e filosóficas de cada quen, pero tamén ó contexto social no que se vive [Cómpre referencia]". ¿Que queres que se referencie? ¿que se vive a morte de forma distinta segundo a opción relixiosa ou filosófica de cada quen? ¿que hai diferenzas segundo o contexto social no que vive un? De se-lo primeiro caso posmo máis difícil, pero no segundo xa hai referencias: na primeira sección: Risco e Mariño Ferro. Hai máis autores que coinciden en que a xente do medio rural -tradicional- se enfrontan á morte de xeito distinto ós urbanitas, pero ¿non abonda con dúas referencias? Xa me dirás e intentarei buscar. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 00:11, 16 de agosto de 2010 (UTC)
- Grazas polo que dis do artigo. A min tamén me deixou moi satisfeito e xa foi artigo destacado sobre Galicia o ano pasado. Propoñelo agora como artigo de calidade depende de vós, se así o considerades pero vendo o debate da conversa non parece que reúna o acordo suficiente. En calquera caso eu non podo nin propoñelo nin participar na votación (se algún día a hai). O das referencias é un tema conflitivo e pouco estandarizado (hai datos moi fáciles de referenciar e outros non tanto, porque son ideas que o autor desenvolve ó longo dun artigo ou mesmo dun libro e non se pode coller unha cita textual para levar a rodapé), e demasiadas veces se colga a etiqueta sen que quede nada claro a qué se refire exactamente. Na conversa podes ver que Elvire tamén tiña as súas dúbidas neste parágrafo. Case prefiro deixa-lo marcador por agora, buscar fontes que o acrediten e xa haberá tempo de borralo. Ben, o dito. Que grazas e a seguir. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:37, 16 de agosto de 2010 (UTC)