Conversa usuario:Satna
Benvido á Galipedia, Satna!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--RNC 12:35, 7 decembro 2009 (UTC)
Javier Varela
[editar a fonte]Ola, Xosé Luís!
Desfixen a túa edición no artigo de Javier Varela Pérez quizais dun modo apresurado, sen determe a analizar polo miúdo o artigo, porque vin que eliminabas parte do contido e mais as referencias indicadas. Porén, quizais o procedemento correcto sería iniciar un debate na páxina de conversa do artigo, no que expoñas os teus argumentos. Sería interesante que convidases a participar na discusión ás usuarias e usuarios que participaron na creación dese artigo.
En calquera caso, descoida, que a imaxe do concello e da vila non queda danada; cómpre saber distinguir entre as persoas e os contextos. :)
Anímote a seguir colaborando na wiki coas túas achegas. Se tes calquera tipo de dúbida, non teñas medo en preguntarme a min ou a outra persoa, que habemos axudarte de boa gana.
Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:05, 25 de abril de 2012 (UTC)
Imaxes de Antas de Ulla
[editar a fonte]Boas Satna! Acabo de ver que andas polo concello de Antas de Ulla e quería pedirche, se che apetece e tes a posibilidade, que fagas algunhas das imaxes de parroquias dese concello que faltan nos seus artigos. As imaxes son as dos artigos que están nesta categoría e esta petición é en base ó Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias que intenta conseguir imaxes para todas as parroquias de Galicia. Como poderás ver no mapa desa páxina, a provincia de Lugo, xunto coa de Ourense, é das que lle faltan máis fotos polo que todas as achegas neses concellos son máis que benvidas.
Normalmente o que facemos é poñer fotos das igrexas porque é o que se pode asociar de forma máis doada a cada parroquia, pero tamén valen vistas algún dos pobos da parroquia, dalgún monumento que se atope nelas ou das súas paisaxes. E se coñeces a afeccionados á fotografía que anden por esas zonas e poidan colaborar, tamén sería estupendo que "difundiras esta palabra" :).
E xa sabes, para o que precises aquí estamos, non te quedes con dúbidas que o mellor é preguntar ós que xa levamos tempo escornándonos con este trebello :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2016 ás 18:40 (UTC)
Boa tarde Elisardojm. Ha ser para min un pracer aportar esas fotografías. Algunhas xa as teño (do concello de Antas, que de onde eu son) e outras podo obtelas agora que virá (digo eu) o bo tempo. O caso é que onte empecei a subir algunhas e menos mal que houbo quen me botou a man, que xa me volvín tolo co trebello este e non fixen as cousas como se debera. E iso que non me metín con fonduras de formato e todo iso...
Saúdos --Satna (Ti dirás) 22 de abril de 2016 ás 18:54 (UTC)
- Si, xa vin que Banjo estivo ben atento e tamén llo agradezo :) Pero ti non te preocupes de nada, só de facer e subir as fotos que iso nós non o podemos facer :), o resto de problemas aquí estamos para botar unha man en todo.
- Por certo, para subir as fotos eu recoméndoche facelo en Commons, o servidor de fotos central para todas as wikipedias, xa que alí hai un asistente por pasos que facilita o traballo, é o Commons:Special:UploadWizard. Neste asistente tes tres pasos, primeiro seleccionar os ficheiros a subir (podes poñer varios ó mesmo tempo), segundo seleccionar a licenza coa que as queres compartir (por defecto está a CC-BY-SA, Creative Commons-Recoñecemento-Compartir Igual), e finalmente poñerlle un nome, descrición e categoría (se son imaxes dun concello podes poñer de categoría simplemente o nome do concello en galego e xa chega). Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2016 ás 19:33 (UTC)
- Ah, e para acceder a Commons tes que usar o mesmo usuario e contrasinal que na Galipedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2016 ás 19:34 (UTC)
Ola de novo Elisardojm. Veño de incorporar unha imaxe seguindo as túas instruccións. Trátase da Igrexa da parroquia de Árbol (Santalla) no concello de Antas de Ulla. Por favor, bótalle un ollo porque ao subila para a wiki da citada parroquia non logro poñela no formato estándar que se vén utilizando. Agradézoche que me indiques onde meto o cazo para non lograr o formato axeitado. Graciñas. --Satna (Ti dirás) 23 de abril de 2016 ás 11:52 (UTC)
- Ah, acabo de velo, o problema era que puxeches a imaxe dentro dunha galería, e para metelas unha ficha (o cadro que sae á dereita do artigo e que se constrúe co texto "raro" que está entre chaves ó editar o artigo) só hai que poñer o nome do ficheiro. Xa o amañei, igualei o campo "imaxe" da ficha co nome do ficheiro, podes ver os detalles do cambio aquí , tamén lle puxen a lenda, no seu campo. Se tes calquera dúbida, coméntame o que sexa :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de abril de 2016 ás 15:45 (UTC)
Obrigado unha vez máis. --Satna (Ti dirás) 23 de abril de 2016 ás 16:42 (UTC)
Boas Elisardojm. Boeno, pois nestes días quedaron todas as parroquias de Antas de Ulla con foto (penso que non rompín máis nada). A curto prazo espero seguir aportando de Concellos limítrofes. Saúdos --Satna (Ti dirás) 24 de abril de 2016 ás 19:37 (UTC)
- Xenial!!, unha gran achega, xa hai outro concello máis en verde (aparecerá cando cambiemos o mapa ;)! :) Moitas grazas Satna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de abril de 2016 ás 07:43 (UTC)
Veño de che comentar na túa páxina Elisardojm, para que cando teñades xeito poidades marcar en verde outro concello máis: Palas de Rei xa ten imaxes para todas as parroquias. Foi ben emocionante percorrer lugares da miña comarca que nunca tivera o pracer. Saúdos --Satna (Ti dirás) 11 de xuño de 2016 ás 19:29 (UTC)
- Xa está actualizado o mapa e ben que queda! :) E o que contas é o mellor do choio, alédome de que gozaras coas voltas pola túa comarca, e, se te animas, Taboada tamén o tes ó lado ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2016 ás 22:29 (UTC)
- Ah, agora vin a túa mensaxe na miña conversa, dalle duro!! Eu teño algunhas da Pontenova e a que falta en Meira, pero teño que facer un oco para subilas :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2016 ás 22:38 (UTC)
Ola, Xosé Luis! Mandeiche un correo electrónico, mais non sei se segues a usar o mesmo enderezo ca cando te rexistraches.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de abril de 2016 ás 09:30 (UTC)
Imaxes parroquias da Ulloa
[editar a fonte]Elisardojm: hoxe logrei completar as imaxes de todas as parroquias de Monterroso que quedaban. Da Ulloa queda Palas de Rei con un número importante de faltas. Irei pouco a pouco... Saúdos --Satna (Ti dirás) 1 de maio de 2016 ás 19:44 (UTC)
- Un traballo incrible Satna! :) Palas de Rei si que ten máis traballiño pero o bo deste proxecto é que non temos límite de tempo, vanse facendo as cousas ós poucos e ó mesmo tempo vaise paseando :)
- Sobre o que me comentas do cambio de extensión do ficheiro non hai ningún problema, as maiúsculas non afectan a esa parte do nome. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2016 ás 09:14 (UTC)
- Que grande achega!, para min poñer unha imaxe nun artigo que non a ten é como iluminalo :) Xa está actualizado o mapa, e sobre Ansar o único que che podo dicir é o que está no Nomenclátor da Xunta de Galicia, que en Taboada existe a parroquia de Ansar, Taboada e que en Monterroso existe o lugar de Ansar na parroquia de Viloíde, Monterroso como ben dis. Segundo esa fonte de información os artigos están correctos e segundo a páxina do concello de Taboada, a parroquia de Ansar comprende os lugares de Bouzal, Cal de Mourelle e Sto. Estevo tal e como se indica no noso artigo, podes velo aquí, polo que penso que non hai erros. Por se che interesa, hai outro máis, Ansar, Sanguiñeda, Mos na parroquia de Sanguiñeda, Mos :)
- Se hai algún erro ou hai que aclarar algunha cousa sempre pode facerse engadindo a información coas referencias asociadas, se precisas axuda con iso déixame un comentario cando queiras. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2016 ás 14:02 (UTC)
- Moi ben, pois aclarado queda :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2016 ás 13:33 (UTC)
Xenial, estás a facer un traballo estupendo e alédome de que sigas no choio :) Eu ó volver de vacacións pasei un momento por Pedrafita do Cebreiro a ver se o sacaba, pero pola dificultade da zona e a falta de tempo non tiven tempo de rematalas. Aínda así a visita pagou a pena de sobra e da para volver! :) O mapa xa o actualizou Banjo e ben que se nota a túa man! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2016 ás 09:41 (UTC)
- Grazas pola benvida :) e que sigas atopando sorpresas por Guntín :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2016 ás 22:10 (UTC)
- Estes días as findes estou fóra da casa e non podo actualizar o mapa ó teu ritmo! :) Menos mal que Banjo sempre está ó tanto :) Estupendo que estea rematado Paradela, se segues con Guntín (tómao con calma :) xa vas a chocar con Riciños que está dándolle ó concello de Lugo ;) Nós estamos a piques de rematar con Coruña, só faltan por facer sete, este ano xa cae... Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de agosto de 2016 ás 11:00 (UTC)
- Outra cousa, podo pedirche un favor antes de que vaias por Guntín? É que hai unhas parroquias do concello do Páramo que teñen de imaxe só o cartel do lugar, é unha imaxe si, pero moi pouco representativa... Son as parroquias de Piñeiro, O Páramo, Sa, O Páramo e Santo André da Ribeira, O Páramo. Xa avisara á usuaria que as fixera se podía facer outras fotos deses sitios pero xa fai moito tempo que non pasa por aquí... Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de agosto de 2016 ás 11:16 (UTC)
- Si que viñeches con forzas das vacacións!! :) Xenial, agradézoche que pasaras polo Páramo porque aínda que eses artigos tiñan imaxe, realmente eran unhas imaxes que mostraban moi pouca cousa.
- Sobre o de Riciños, eu dicíao un medio en broma e para que souberas que había máis xente traballando no choio, fixo moitas fotos do concello de Lugo que é moi grande e faltaban moitas, agora que o rematou non sei se seguirá por aí ou por outro lado :) Pero por preguntar o que ten pensado non pasa nada, mellor preguntar e organizarse que non facer o traballo dúas veces, non? Eu teño pendente subir as fotos de varios concellos de Ourense, e outras de Coruña que farán que esa provincia quede tremendo :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2016 ás 15:02 (UTC)
Xentilicio de Antas de Ulla
[editar a fonte]Ola, pois claro que repoño "seoanés/a". Desculpa, non sabía de onde proviña, así que cinxinme ao indicado por Henrique Costas. Non obstante, creo que será mellor agardar á nova edición do libro para eliminar as outras formas.
Saúdos.
Marcio (conversa) 16 de maio de 2016 ás 21:01 (UTC)
Grazas por entendelo, Marcio Saúdos --Satna (Ti dirás) 16 de maio de 2016 ás 21:11 (UTC)
imaxes
[editar a fonte]Ola, Satna!
Estou moi sorprendido polo de 'autopromoción'. Supoño que haberá algún software que detecta edicións vandálicas, pero non entendo por que o sistema sinalou como tal o feito de engadires a foto dunha igrexa. En fin, os robots son de moita utilidade, pero supoño que non nos comprenden ben. Non te preocupes por iso.
Alégrame ver que segues a subir fotos da túa zona, a ver se aos poucos imos cubrindo de imaxes a comarca! :)
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de xuño de 2016 ás 19:54 (UTC)
RE:Curiosidade
[editar a fonte]Ola! Vin a mensaxe que lle deixaches a Elisardo, tralo que revisei e comprobei que efectivamente a Categoría:Portomarín parroquias sen imaxes xa non tiña ningún artigo, polo que procedín a actualizar a imaxe e a conta na páxina do wikiproxecto e procedín co borrado da categoría xa baleira. Para levar a conta das pendentes tes tanto a páxina do wikiproxecto, que se actualiza manualmente, como as subcategorías de Categoría:Lugo parroquias sen imaxes, nas que a conta de artigos pendentes é a tempo real. ☣Banjo tell me 28 de xullo de 2016 ás 18:25 (UTC)
RE:Posible troleo na Wikipedia
[editar a fonte]Tiñas razón era un vandalismo, recuperei a última versión que vin que non tiña tonterías. A wiki en castelán funciona de forma semellante á nosa pero eles teñen máis xente :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de novembro de 2016 ás 22:55 (UTC)
RE:Imaxes Carballedo
[editar a fonte]Xa te botaba de menos! :) Xeniais as fotos de Carballedo, eu esta finde fun polo Vicedo e xa quedou listo (aínda que teño pendente subilas), tamén fixen un par de Xove pero aí quedan máis por facer. A próxima vez que me achegue por alí a ver se fago as de Ourol e Muras, que son poucas, e así xa quedaría lista esa fronteira :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2017 ás 23:43 (UTC)
Placas altimétricas de concellos
[editar a fonte]Boas Satna, non sei se te enteraches que fixen a Galería_de_imaxes_de_placas_altimétricas_dos_concellos_da_provincia_de_Lugo e coméntocho por se pasas por algún concello que lle falte e tes oportunidade de facerlle unha foto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2017 ás 12:41 (UTC)
- "para que raio quererás iso", :D :D :D Cantas veces terei escoitado eu o mesmo! :D Saúdos e feliz día para ti tamén, --Elisardojm (conversa) 17 de maio de 2017 ás 11:14 (UTC)
- Perfecto!, xa metín eu a de CastroverdeAltim.jpg, moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de maio de 2017 ás 11:37 (UTC)
Solicitando fotografía relativa a Lorenzo Varela
[editar a fonte]Ola Xosé Luis.
Se che cadrara pasar por Fufín, Monterroso, poderías tirarlle unha foto á sepultura de Lorenzo Varela? [1]
Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19 de maio de 2017 ás 21:26 (UTC)
- Fantásticas! Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 20 de maio de 2017 ás 21:59 (UTC)
Dornelas
[editar a fonte]Ola, Satna! Como vai todo?
Penso que xa queda o asunto resolto. O que fixen foi mover a foto de Mos a Dornelas, Mos.jpg.
Unha aperta!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de outubro de 2017 ás 18:05 (UTC)
consulta
[editar a fonte]Ola, Satna! Como vai todo?
A fin de semana pasada estiven pola Ulloa, facendo unha etapa do roteiro de Pelerinaxes I. Tomei unha foto entre Vilanuñe e Casa de Naia, nunha aldea que no mapa do Instituto Xeográfico Nacional aparece como Torna, pero no Nomenclátor non aparece este topónimo. Saberías dicirme se pertence á parroquia de Vilanuñe ou á de Casa de Naia?
Graciñas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de xuño de 2018 ás 21:44 (UTC)
- Moitas grazas! A foto é esta. Non nos achegamos moito porque iamos mal de tempo e porque empezaron a ladrarnos mil cans. Xa modifico a info engadíndolle o artigo. Apertas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xuño de 2018 ás 12:33 (UTC)
Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia
[editar a fonte](Déixoche copia dun aviso que se enviou a tódolos usuarios activos e que non te chegou porque aínda non estabas na lista de distribución. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 23:00 (UTC))
Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
- Xenial, xa che engadín á lista de distribución e cando haxa novas importantes xa che chegarán automaticamente :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2018 ás 21:15 (UTC)
Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia
[editar a fonte]Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Modiificación en texto de portada
[editar a fonte]Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Preparación do servizo ORES na Galipedia
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Cuarta malla de artigos da Galipedia
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:06 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Entrega do Premio Rosalía de Castro
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Entrega_do_Premio_Rosalía_de_Castro hai información sobre a cerimonia de entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua á Galipedia, será o día 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). As persoas interesadas en asistir deben anotarse nese lugar para indicar a asistencia á Deputación. Tamén se pode facer entre todos unha nota en nome da comunidade para ler no momento da recollida. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:07 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Escudo de Antas
[editar a fonte]Boas Satna, vin que cambiaches o escudo do concello, pero non estou seguro de se a licenza é correcta. Collíchelo do DOG? Se é así tes que indicalo no ficheiro de Commons no apartado de "source", se o colliches doutro sitio debes indicalo tamén para comprobar que ten unha licenza libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 08:45 (UTC)
- Xa atopei a fonte real no DOG e engadina no ficheiro, porén é recomendable usar o ficheiro File:Escudo de Antas de Ulla.svg xa que ese formato pode redimensinarse sen perder calidade. Fixen uns arranxos no ficheiro .svg e penso que agora está totalmente axeitado á definición heráldica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 20:04 (UTC)
- Cambieille tamén as estrelas, para velo actualizalo refresca a páxina no navegador. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2018 ás 22:49 (UTC)
- Grazas a ti pola túa colaboración :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2018 ás 18:20 (UTC)
- Cambieille tamén as estrelas, para velo actualizalo refresca a páxina no navegador. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2018 ás 22:49 (UTC)
Nova firma dos estatutos de A3GAL
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Seguindo_coa_asociación hai información sobre a nova firma dos estatutos da asociación A3GAL e a posibilidade de aparecer como socio fundador da mesma. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:06 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Listas xeradas automaticamente no espazo de nomes principal
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente no espazo de nomes principal, está a falarse do uso de listas xeradas por bots a partir dos datos de Wikidata. Tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:22 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Categorización de persoas por etnia, raza, sexo, xénero, relixión, orientación sexual, ideoloxía política
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Categorización_de_persoas_por_etnia,_raza,_sexo,_xénero,_relixión,_orientación_sexual,_ideoloxía_política,_etc. comezou un debate para falar sobre diferentes categorizacións dos artigos de biografías, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 14:11 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Proposta de modificación en efeméride do 26 de agosto
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Modificación en efeméride do 26 de agosto presentouse unha modificación da efeméride Wikipedia:Efemérides destacadas/26 de agosto que precisa a revisión da comunidade para acadar un consenso sobre a cuestión, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:12 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Colaboración en evento sobre normalización lingüística
[editar a fonte]Colaboración en evento sobre normalización lingüística
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística presentouse unha solicitude para participar nun encontro de normalización lingüística organizado polo Consello da Cultura Galega. As persoas interesadas en participar poden comentalo nese fío. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 23:42 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Primeira asemblea de A3GAL
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL anúnciase a primeira asemblea da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre para o vindeiro 9 de marzo en Ourense. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 14:02 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Poñer aviso nas páxinas da wikimaratona deste sábado
[editar a fonte]Boas, ó final da proposta Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Contacto_da_concelleira_de_Igualdade_de_Ourense hai unha proposta para engadir un aviso na cabeceira de tódalas páxinas dos artigos para anunciar a todo o mundo a wikimaratona que se vai realizar este sábado 9 en Ourense. Se estás de acordo coa idea, pon un concordo ó final e asina co teu usuario. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:03 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Accións a tomar contra o artigo 13 da Directiva Europea
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Accións_a_tomar_contra_o_artigo_13_da_Directiva_Europea hai unha votación para decidir que accións realizar en contra do artigo 13 da Directiva Europea de dereitos de autor. Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2019 ás 14:24 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Aberto proceso de votación á administración
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Maria zaos está aberto unha votación para decidir se escoller, ou non, á usuaria Maria zaos como administradora. Anímase a votar a quen reúnan os requisitos para participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 15:39 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Xestión dun premio
[editar a fonte]Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xestión_dun_premio, hai un comentario sobre a xestión do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018. Todos os comentarios e propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de maio de 2019 ás 22:49 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Proceso de reválida como administrador de Elisardojm
[editar a fonte]Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Reválida_como_administrador_de_Elisardojm, hai un aviso do proceso de reválida como administrador do usuario Elisardojm. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:49 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Xurado do Premio Rosalía de Castro
[editar a fonte]Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xurado_do_Premio_Rosalía_de_Castro, hai un aviso para participar como xurado no premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. As persoas interesadas que avisen nese fío o antes posible xa que urxe responder á Xunta. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 13:07 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Proposta de novo funcionamento para a imaxe da semana
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Proposta_de_novo_funcionamento_para_a_imaxe_da_semana, hai unha proposta para xestionar de forma diferente as imaxes da semana, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de maio de 2019 ás 22:37 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Votacións para xestión do premio da Galipedia
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Votacións, están a votarse os proxectos que se van financiar co premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018, tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:14 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Solicitude para poñer anuncio do concurso de fotos na cabeceira dos artigos
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Solicitude_para_poñer_anuncio_na_cabeceira_dos_artigos, hai unha solicitude para poñer un anuncio do próximo concurso fotográfico da Galipedia na cabeceira dos artigos. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 07:32 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Sendín
[editar a fonte]Ola, Xosé Luis! Como vai?
Hai un tempo puxeches no artigo de Sendín, Olveda, Antas de Ulla que a aldea pertence administrativamente ao concello de Monterroso. Podes completar a información con algunha referencia, porfi? Moitas grazas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xuño de 2019 ás 07:50 (UTC)
Artigos destacados na portada
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_destacados_na_portada, hai unha proposta para modificar a escolla dos artigos destacados na portada. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 00:27 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Evento Aprendendo Wikidata este sábado en Lalín
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:Aprendendo WikiData Setembro 2019 están os detalles do próximo evento da Galipedia, un encontro para falar e aprender sobre Wikidata dende o nivel máis básico. Tamén aproveitaremos para comentar o estado da asociación A3GAL e avanzar coas súas actividades.
Os que estean interesados poden apuntarse nesa páxina para organizarnos co transporte e na xestión da actividade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 13:07 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Quinta malla de artigos da Galipedia
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Quinta_malla_de_artigos_da_Galipedia abriuse un fío para organizar a Wikimalla da Galipedia deste ano, no que hai que escoller os artigos nos que se vai traballar e a semana na que se vai facer. Tódalas propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 13:03 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Proposta para poñer aviso do concurso fotográfico
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta_para_poñer_aviso_do_concurso_fotográfico hai unha proposta para poñer un aviso nas páxinas da Galipedia para anunciar que vai rematar o concurso fotográfico da Galipedia, Wikipedia:Wiki Loves Parroquias. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de outubro de 2019 ás 21:57 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Recibidos os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Recibidos_os_cartos_do_premio_da_Galipedia_na_conta_de_A3GAL hai un aviso indicando que xa se recibiron os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL e que xa pode ser xestionado pola Comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 17 de outubro de 2019 ás 08:30 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Wikiclubs de editores da Galipedia
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Wikiclubs_de_editores_da_Galipedia hai unha proposta dunha nova actividade na Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de outubro de 2019 ás 12:48 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Día_do_Galizionario_na_Galipedia
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla
[editar a fonte]Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.
Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)
Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Wikidata
[editar a fonte]Ola, Satna! Como vai a cousa?
Non sei que tal te manexas con Wikidata; como saberás, cada artigo da Wikipedia se corresponde con un elemento en Wikidata; por exemplo, Ribó, Amoexa, Antas de Ulla correspóndese con d:Q12399043, e están ligados entre si. En ocasións a Wikipedia toma a información directamente de Wikidata, como por exemplo co Modelo:Biografía nos artigos de persoas. Nos artigos de lugares aínda non, pero se cadra nun futuro si. Se che apetece, podes ir complementando os elementos dos lugares en Wikidata coas imaxes e coordenadas, tomando como exemplo o elemento de Ribó, onde xa incluín eses apartados. Se tes calquera dúbida, pregunta sen medo, claro!
Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de xullo de 2020 ás 20:46 (UTC)
Lugares de Antas de Ulla
[editar a fonte]Ola, Satna! Que delicia ver que todos os lugares de Antas de Ulla teñen imaxe. Posiblemente si, sexa o primeiro concello galego con fotos de todas as aldeas na Wikipedia!
Os concellos limítrofes sonche ben grandes (Lugares de Monterroso, Lugares de Palas de Rei, Lugares de Rodeiro, Lugares de Agolada, Lugares de Taboada), pero todo é poñerse!
Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de agosto de 2020 ás 15:52 (UTC)
- Pois respecto á creación de artigos, guíate polo formato dos que xa existen, que máis ou menos son todos similares. Muda a información das fichas, e listo. O ideal é ir creando ao tempo os elementos correspondentes de Wikidata, e máis do mesmo: guíate polos que xa existen. Estou a procurar crear en Commons as categorías das parroquias que faltan, tamén intentarei axudar con iso. Apertas! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de agosto de 2020 ás 19:25 (UTC)
Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro
[editar a fonte]Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.
Imaxes de Antas de Ulla
[editar a fonte]Boas! Parabéns polo teu traballo engadindo imaxes dos lugares, eu no seu día fixérao para completar os lugares do concello da Coruña. Parece que non te deches de conta de que falta un lugar: Chorente, San Fiz de Amarante, Antas de Ulla. Descubrino mirando a Categoría:Lugares de Galicia sen imaxes.--Jglamela (conversa) 29 de agosto de 2020 ás 11:31 (UTC)