Saltar ao contido

Conversa usuario:Sernostri/árabe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dúbida: Porqué na transliteración ás veces hai maiúsculas e outras minúsculas? É dicir, iso non debería ser a transcrición? (Digo isto dende a ignorancia total, non vaias pensar). --Norrin (Fálame) 19 de marzo de 2014 ás 16:59 (UTC)[responder]

Seguín a fonte orixinal. A transliteración é como se reflicte a pronuncia do árabe en galego e a transcrición é a adaptación das letras árabes ao galego, isto último é o que interesa para o que se está a facer, a romanización do árabe adaptado ao galego; para evitar confusións supoño que o mellor será que só vaia esta última no texto definitivo.--Sernostri (conversa) 19 de marzo de 2014 ás 17:17 (UTC)[responder]
Mais eu teño entendido o contrario, que a transcrición reflicte a pronuncia (que nos marcámola co AFI) e que a transliteración reflicte a escrita... Aínda que entendo que ás veces a fronteira é difusa. Por certo, grazas polo traballo! --Norrin (Fálame) 19 de marzo de 2014 ás 17:30 (UTC)[responder]
A transcrición baséase na lingua oral e a transliteración na escrita, supoño que o autor fala no texto de transcrición pola adaptación que supón a perda dos diacríticos o que fai que non se considere propiamente transliteración. Pero non sei, habería que estar ao tanto de bibliografía sobre romanización do árabe para saber se é habitual facelo así. --Sernostri (conversa) 19 de marzo de 2014 ás 17:44 (UTC)[responder]
Por iso, por iso... non será que a columna de transcrición debería ir en transliteración e viceversa? Digo, porque sería a primeira vez que vexo un sistema de transliteración que fai diferencia entre maiúsculas e minúsculas... --Norrin (Fálame) 20 de marzo de 2014 ás 08:46 (UTC)[responder]
O que che comentaba... en:Romanization of Arabic --Norrin (Fálame) 20 de marzo de 2014 ás 09:13 (UTC)[responder]



Boas Usuario:sernostri, estás a basearte nisto? --Norrin (Fálame) 2 de abril de 2014 ás 07:36 (UTC)[responder]

Efectivamente, é o traballo de Fresco ao que me refería.--Sernostri (conversa) 2 de abril de 2014 ás 13:58 (UTC)[responder]