Conversa usuario:Storyreffer
Benvido(a) á Galipedia, Storyreffer!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --☣Banjo tell me 14:57, 31 marzo 2009 (UTC)
Artigos verbo de Noruega[editar a fonte]
Boas, Storyreffer. Vexo que estás argallando artigos sobre Noruega. Es noruegués? Igual xa viches que hai un usuario chamado Xapones, e que está dedicándose a facer todo o que pode para engadir artigos relacionados co Xapón á Galipedia. Se ti es noruegués, coido que sería moi útil que fixeras algo similar. Iso é todo. Pois nada, meu. Benvido á Galipedia e aquí me tes para o que queiras. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 20:15, 2 abril 2009 (UTC)
- Moi ben, arxentino, logo. Pois iso, que lle deas duro e aquí me tes a min e a moitos outros para as posíbeis dúbidas que vaian xurdindo, que algunha ha de haber. Abur.--Atobar (conversa comigo) 21:22, 2 abril 2009 (UTC)
Kamal Saaliti[editar a fonte]
Boas, o artigo Kamal Saaliti, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 10 de xullo de 2019 ás 07:24 (UTC)