Conversa usuario:TradutorGalego
Dámosche a benvida á Galipedia, TradutorGalego!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2020 ás 08:32 (UTC)
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa
[editar a fonte]Ola TradutorGalego. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.
Graciñas, un saúdo e a seguir!.--Maria zaos (conversa) 15 de abril de 2020 ás 09:02 (UTC)
Cousiñas da Axuda que poden ser de interese
[editar a fonte]Ola, ningún problema coa páxina de Tomografía axial computadorizada. Son cambios que se fan nun momento, non o consideres un atranco. Todo ten volta aquí e ninguén nace aprendido; o importante é que todos temos moito que achegar! Contesteiche na páxina de conversa da páxina actual. Agardarei un pouquiño por se alguén quere achegar algunha referencia para manter o título actual. Deixoche aquí unhas cousiñas que poden ser do teu interese:
- Como trocar o nome dunha páxina
- Cousiñas relacionadas coa ortografía
- A política da Galipedia para o nome dos artigos
- Que son as redireccións?
- Como facer redireccións
Benvido de novo e espero que te animes a revisar máis entradas, porque o certo é que hai moito traballo nesta área. Actualmente temos 121 artigos pendentes de revisión ortográfica, como podes comprobar nesta lista.. Un saúdo e a seguir.--Maria zaos (conversa) 15 de abril de 2020 ás 09:55 (UTC)