Saltar ao contido

Conversa usuario:USCtrad02

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, USCtrad02!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.-Maria zaos (conversa) 27 de abril de 2022 ás 17:47 (UTC)[responder]

Jack the Giant Killer[editar a fonte]

Ola, USCtrad02. Grazas pola colaboración. Porén, se permites un consello, compriría que lle botasen unha ollada aos diferentes apartados sobre a edición na Galipedia, sobre todo sobre o formato. No artigo que ti comezaches, Jack the Giant Killer, fixen algúns cambios relacionados, precisamente co formato. Sobre os títulos, a nosa convención é indicar o título na lingua orixinal agás que exista tradución da obra ao galego e cuxo caso, si iría en galego. Por iso o cambio do título ao inglés, e tamén no interior do artigo.

Tamén obviei unha das referencias porque non era pertinente ao mandar a unha recensión da editorial onde non se mencionaba o aspecto referenciado. Sobre as referencias, é mellor incluír toda a bibliografía no seu apartado e colocar na nota só o apelido do autor/a, a data e a páxina onde se pode comprobar. De non coñece-la páxina, só apelido e ano.

Finalmente, non dubides en facer calquera consulta. Ánimo e a darlle duro. Un saúdo.