Copa América 2011
Tipo | Copa América ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | Confederación Sudamericana de Fútbol ![]() |
Número de participantes | 12 ![]() |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización |
Estádio del Bicentenario (pt) ![]() Estádio Padre Ernesto Martearena (pt) ![]() Estádio Mario Alberto Kempes (pt) ![]() Estádio 23 de Agosto (pt) ![]() Estadio Monumental Antonio Vespucio Liberti (Buenos Aires) Estadio Malvinas Argentinas (Provincia de Mendoza) Estadio Ciudad de La Plata (Partido de La Plata) Estadio Brigadier General Estanislao López (Santa Fe, Arxentina) ![]() |
País | Arxentina ![]() |
Intervalo de tempo | 1 de xullo de 2011 – 24 de xullo de 2011 ![]() |
Número de edición | 43 (2011) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Uruguai (15º) ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 26 ![]() |
Goles | 54 ![]() |
Máis goles marcados | Paolo Guerrero↔ Perú (5) |
Xogador máis valioso | Luis Alberto Suárez ![]() |
Número de espectadores | 882.621 ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | ca2011.com… ![]() |
A Copa América 2011 é a edición número 43 da máxima competición suramericana de fútbol entre seleccións nacionais, organizada pola Conmebol, e disputada na Arxentina. O torneo comezou o 1 de xullo de 2011 e rematou o 24 de xullo coa vitoria final para a Selección de fútbol do Uruguai.
Sedes
[editar | editar a fonte]Cidade | Estadio | Capacidade |
---|---|---|
Buenos Aires | Estadio Monumental Antonio Vespucio Liberti | 57.921[1] |
Córdoba | Estadio Mario Alberto Kempes | 57.000[2] |
La Plata | Estadio Ciudad de La Plata | 53.000[3] |
Santa Fe | Estadio Brigadier General Estanislao López | 47.000[4] |
Mendoza | Estadio Malvinas Argentinas | 40.268[5] |
San Juan | Estadio San Juan del Bicentenario | 25.000[6] |
San Salvador de Jujuy | Estadio 23 de Agosto | 23.000[7] |
Salta | Estadio Padre Ernesto Martearena | 20.408[8] |
Participantes
[editar | editar a fonte]Os equipos participantes nesta edición 2011 da Copa América son as 10 seleccións nacionais que compoñen a Conmebol mais 2 seleccións que foron invitadas, a de México e a de Costa Rica.
Equipos participantes | |||
---|---|---|---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Inicialmente a Selección de fútbol do Xapón estaba invitada a participar no torneo, pero a federación xaponesa de fútbol tivo que rexeitar a invitación por mor do terremoto que afectou a unha parte do norte do país en marzo de 2011.
Primeira Fase
[editar | editar a fonte]Grupo A
[editar | editar a fonte]
|
|
Grupo B
[editar | editar a fonte]
|
|
Grupo C
[editar | editar a fonte]
|
|
Segunda Fase
[editar | editar a fonte]Eliminatorias
[editar | editar a fonte]As eliminatorias comezaron cos cuartos de final, aos que se clasificaron os 2 primeiros equipos de cada grupo, e os 2 equipos que remataron no 3º posto conseguindo mais puntos, ou en caso de empate a puntos, aquel co mellor índice de goles.
Terceiros clasificados | Pts | X | G | E | P | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 |
![]() |
3 | 3 | 0 | 3 | 0 | 5 | 5 | 0 |
![]() |
3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 4 | -2 |
Competición | Copa América | ||
Tempada | 2011 | ||
Estadio | Monumental de Núñez (Buenos Aires) | ||
Capacidade | 56.654 persoas | ||
Data | 24 de xullo de 2011 | ||
Resultado | 3 · 0 | ||
Campión | ![]() | ||
Finalista | ![]() | ||
|
Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
16 de xullo, Córdoba | ||||||||||
![]() | 0 | |||||||||
19 de xullo, La Plata | ||||||||||
![]() | 2 | |||||||||
![]() | 0 | |||||||||
16 de xullo, Santa Fe | ||||||||||
![]() | 2 | |||||||||
![]() | 1 4 | |||||||||
24 de xullo, Buenos Aires | ||||||||||
![]() | 1 5 | |||||||||
![]() | 3 | |||||||||
17 de xullo, La Plata | ||||||||||
![]() | 0 | |||||||||
![]() | 0 0 | |||||||||
20 de xullo, Mendoza | ||||||||||
![]() | 0 2 | |||||||||
![]() | 0 5 | |||||||||
17 de xullo, San Juan | ||||||||||
![]() | 0 3 | Terceiro posto | ||||||||
![]() | 1 | |||||||||
23 de xullo, La Plata | ||||||||||
![]() | 2 | |||||||||
![]() | 4 | |||||||||
![]() | 1 | |||||||||
Final
[editar | editar a fonte]A final da edición 2011 da Copa América tivo lugar no estadio Monumental de Núñez, en Buenos Aires, o 24 de xullo de 2011. Nela enfrontáronse a Selección do Uruguai e a Selección de Paraguai.
Para chegar a esta final, a Selección do Uruguai tivo que clasificarse no grupo C, cousa que fixo gañando 1 encontro fronte a México e empatando os outros 2 fronte a Perú e Chile. Nos cuartos de final eliminou á selección anfitrioa do campionato, Arxentina, e nas semifinais superou a Perú por 2 tantos a 0.
Pola súa banda, a Selección de Paraguai tivo como compañeiros no grupo B a Brasil, Ecuador e Venezuela, acadando como resultado 3 empates. Nos cuartos de final tivo que enfrontarse de novo a Brasil, co cal empatou novamente, aínda que acadou o pase a semifinais dende o punto de penalti. Nas semifinais repetiuse o enfrontamento con Venezuela, coa que Paraguai acadou o 5º empate seguido. O pase á final foi de novo acadado nos penaltis.
Na final o dominio do xogo pertenceu a Uruguai dende os primeiros minutos. No minuto 2 houbo un posible penalti a prol dos charruas por mans dun defensor guaraní dentro da área. No minuto 11 Uruguai abriu o marcador cun gol do dianteiro Luis Suárez. O segundo gol chegou no minuto 41, da man do tamén dianteiro Diego Forlán. Tralo descanso o encontro foi mais dividido, aínda que no minuto 89 Diego Forlán acadou o 3-0 a prol do Uruguai que pechou o marcador.
Uruguai acadou a súa 15ª Copa América, converténdose na selección mais laureada de Suramérica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ca2011.com (ed.). "Antonio Vespucio Liberti - Buenos Aires". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011.
- ↑ ca2011.com (ed.). "Mario Alberto Kempes - Córdoba". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011.
- ↑ ca2011.com (ed.). "Ciudad de La Plata - La Plata". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011.
- ↑ ca2011.com (ed.). "Brigadier General Estanislao López - Santa Fe". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011.
- ↑ ca2011.com (ed.). "Malvinas Argentinas - Mendoza". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011.
- ↑ ca2011.com (ed.). "Estadio del Bicentenario - San Juan". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011.
- ↑ ca2011.com (ed.). "23 de Agosto - San Salvador de Jujuy". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011.
- ↑ ca2011.com (ed.). "Padre Ernesto Martearena - Salta". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011.