Saltar ao contido

Diego Forlán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiego Forlán

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Diego Forlán Corazo Editar o valor en Wikidata
19 de maio de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCachavacha Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, tenista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade25 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaUruguai Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol
tenis Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Extremadura Unión Deportiva
1997–2002   CA Independiente 80(37)
2002–2004   Manchester United FC 63(10)
2004–2007   Villarreal Club de Fútbol 106(54)
2007–2011   Atlético de Madrid 134(74)
2011–2012   Inter de Milán 18(2)
2012–2014 Sport Club Internacional 34(10)
2014–2015 Cerezo Osaka 42(17)
2015–   CA Peñarol
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1999–1999   Uruguai sub-20
2002–2014   Uruguai 112(36)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2019–   CA Peñarol Editar o valor en Wikidata
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiPablo Forlán Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlejandra Forlán Editar o valor en Wikidata
ParentesJuan Carlos Corazzo Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webdiegoforlan.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: DiegoForlanOficial Twitter: DiegoForlan7 Instagram: diegoforlancorazo BNE: XX5022299 FIFA: 189259 UEFA: 63683 Editar o valor en Wikidata

Diego Martín Forlán Corazo, nado en Montevideo o 19 de maio de 1979, é un futbolista uruguaio que xoga de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de futbolistas. O seu pai, Pablo Forlán, xogou coa selección do Uruguai nos Mundiais de 1966 e 1974, e o seu avó, Juan Carlos Corazo, xogou no Independiente.

Forlán xogou en varios clubs de Suramérica, o último o Independiente, antes de ser traspasado ao Manchester United en xaneiro de 2002 por 6,9 millóns de libras.

Manchester United

[editar | editar a fonte]

Debutou no Manchester United o 29 de xaneiro de 2002 contra o Bolton Wanderers, pero non marcou o seu primeiro gol, de penalti, ata o 18 de setembro, nun partit da Liga de Campións contra o Maccabi Haifa.

Converteuse nun dos xogadores favoritos da afección cando marcou dous goles contra o Liverpool para gañar 1-2 en Anfield. Os 17 goles de Forlán en 95 partidos non tiñan comparación cos 150 goles en 210 partidos do seu anterior compañeiro de equipo Ruud van Nistelrooy, e estaba preto a súa saída do club. A chegada de Wayne Rooney marcou o fin dos días de Forlán en Inglaterra.

Villarreal

[editar | editar a fonte]

Forlán estivo preto de fichar polo Levante, pero acabou fichando o 21 de agosto de 2004 polo Villarreal, onde conseguiu o trofeo Pichichi na tempada 2004-2005, con 25 goles. Ademais colaborou na clasificación do Villarreal para a Liga de Campións por primeira vez na súa historia. Tamén gañou a Bota de Ouro europea xunto con Thierry Henry.

Atlético de Madrid

[editar | editar a fonte]

O 30 de xuño de 2007 Forlán fichou polo Atlético de Madrid por uns 21 millóns de euros.[1] Na súa primeira tempada foi o segundo máximo goleador do equipo por detrás de Sergio Agüero. Na segunda tempada, a 2008-09, marcou 32 goles converténdose en máximo goleador do equipo, da liga, conseguindo novamente o trofeo Pichichi, e de Europa, conseguindo tamén a Bota de Ouro por segunda vez. O 8 de maio de 2008 Diego Forlán converteuse no máximo goleador uruguaio da historia da liga española con 69 goles.

Na tempada 2009-10, Diego Forlán tivo un papel fundamental no éxito en Europa do Atlético de Madrid ao marcar cinco dos últimos seis goles do seu equipo na Europa League, competición que acabou gañando. Forlán marcou contra o Valencia en semifinais e fixo os dous da gran final contra o Fulham, partido no que foi escollido mellor xogador. Na liga marcou 18 goles en 31 partidos, para pechar a tempada con cifras de 28 goles en 46 partidos.

A tempada 2010-11 tamén comezou cun título, xa que o 27 de agosto de 2010, o Atlético proclamouse campión da Supercopa de Europa tras gañar por 2-0 ao Inter de Milán.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Ata xaneiro de 2011, foi internacional coa Selección de fútbol do Uruguai 69 veces e marcou 29 goles. O seu debut coa selección foi o 27 de marzo de 2002, nun partido amigable fronte a Arabia Saudita disputado na cidade de Riad.

No Mundial de 2002 marcou un gol no empate 3-3 fronte a Senegal, cando a súa selección quedou eliminada do torneo. Neste encontro, realizou o seu debut nun Mundial ao iniciarse a segunda metade do partido, cando a súa selección caía derrotada 0-3.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Manchester United
Villarreal
Atlético de Madrid

Selección

[editar | editar a fonte]
Uruguai

Individual

[editar | editar a fonte]
  1. "Forlán acepta a oferta do Atlético". UEFA.com. 30-06-2007.  (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]