Copa EHF
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | balonmán |
Organizador | Federação Europeia de Andebol (pt) |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1981 – |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Andebol do Sport Lisboa e Benfica (2022) |
Outro | |
Páxina web oficial | ehfel.eurohandball.com |
A Copa EHF foi unha competición entre clubs de balonmán europeos organizada pola Federación Europea de Balonmano (EHF), que se disputou anualmente dende a tempada 1993-94 ata a 2011-12 e na que competían representantes das Ligas Europeas de Balonmán, se ben dende a tempada 1981-82 se disputou baixo o nome de Copa IHF e nela competiron equipos non europeos. Estaba considerada a terceira competición a nivel continental pola categoría dos clubs que participaban nela, trala Liga de Campións e a Recopa de Europa.
Nas súas orixes, estaba organizada pola Federación Internacional de Balonmán (IHF), ata a tempada 1992-93 e participaban tamén clubs non europeos. Durante este período a competición era denominada Copa IHF.
A partir da tempada 1993-94, o número de representantes das ligas mellor valoradas na clasificación da EHF aumentou, polo que a competición se pechou a equipos europeos e pasou a ter a denominación actual.
A partir da tempada 2012-13, deixou de disputarse trala unificación desta coa Recopa, dando como resultado a EHF European Cup, unha Copa á que van os mellores equipos non clasificados para a Liga de Campións ademais dos campións das copas nacionais. Un dos cambios máis importantes da competición foi que a final comezou a disputarse a un só partido e en campo neutral. Finalmente a competición continuou denominándose Copa EHF.
Categoría masculina
[editar | editar a fonte]Fases finais
[editar | editar a fonte]Palmarés por equipos
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Anos Campión |
---|---|---|
SC Magdeburg | 1999, 2001, 2007 | |
THW Kiel | 1998, 2002, 2004 | |
BM Granollers | 1995, 1996 | |
TBV Lemgo | 2006, 2010 | |
Frisch Auf Göppingen | 2011, 2012 | |
SG Flensburg | 1997 | |
RK Metkovic Jambo | 2000 | |
FC Barcelona | 2003 | |
BM Alzira Avidesa | 1994 | |
TUSEM Essen | 2005 | |
HSG Nordhorn | 2008 | |
VfL Gummersbach | 2009 | |
SC Pick Szeged | 2014 | |
Rhein-Neckar Löwen | 2013 | |
Füchse Berlin | 2015 |
Palmarés por ligas
[editar | editar a fonte]País | Campións |
---|---|
Handball-Bundesliga | |
Liga ASOBAL | |
Liga de balonmán de Croacia | |
Liga de balonmán de Hungría |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Copa IHF
- Federación Europea de Balonmán (EHF)
- Copa de Europa de balonmán
- Supercopa de Europa de balonmán
- Recopa de Europa de balonmán
- EHF Challenge Cup
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da EHF (en inglés)