Copa da UEFA Amateur
Tipo | competición internacional de seleccións de fútbol |
---|---|
Organizador | UEFA |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1967 – |
A Copa da UEFA Amateur foi unha competición de fútbol de seleccións nacionais europeas non profesionais (afeccionados), organizada pola UEFA. Disputáronse catro edicións entre 1967 e 1978.
Historia
[editar | editar a fonte]En febreiro de 1965, a UEFA exponse a creación dun torneo para seleccións de afeccionados, é dicir, non profesionais. Este torneo iniciaríase o mesmo ano no que comezou a disputarse a Copa da UEFA. O principal problema era definir cal era a diferenza entre o que era un xogador profesional e o que non, xa que entón non era moi habitual que un xogador fose profesional. É por isto que das 33 federacións adscritas á UEFA, tan só 12 se inscribiron para o torneo.
Ademais, unicamente podían participar federacións que contasen con categoría profesional, para diferenciar o fútbol profesional do afeccionado. Por esta razón, moitos países do leste e escandinavos quedaron fóra da competición xa que non contaban con liga profesional, polo que as súas estrelas quedaron sen disputar o torneo.
O formato de competición foi o seguinte. Doce seleccións divididas en catro grupos de tres equipos xogaron partidos a ida e volta. Os campións de grupo clasificáronse para a fase final disputada nunha única sede e con partidos a eliminatoria única, a semifinais, terceiro e cuarto posto e final.
Cabe destacar a anecdótica edición de 1974, na que Alemaña Federal e Iugoslavia acordaron compartir o título e non xogar unha final.
Tras a última edición de 1978, abandonaranse as competicións europeas para o fútbol afeccionado ata que en 1996 créase a actual Copa das Rexións da UEFA.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Ano | Sede da final | Campión | Subcampión | Resultado |
---|---|---|---|---|
1967 | Palma | Austria | Escocia | 2-1 |
1970 | Forte dei Marmi | España | Países Baixos | 2-1 |
1974 | Rijeka | Alemaña Federal Iugoslavia |
Compartiron título | |
1978 | Atenas | Iugoslavia | Grecia | 2-1 |