Cordilleira Verkhoiansk
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | República de Sakha, Rusia | |||
| ||||
Cordilleira | Eastern Siberian Bergland (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 2.409 m | |||
Dimensións | 1.200 () km | |||
Punto máis alto | Mus-Khaya (en) (2.959 m ) | |||
Material usado | Rocha metamórfica | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Cretáceo | |||
A cordilleira Verkhoiansk (en ruso: Верхоянский хребет; Verkhoianskii khrebet; en iacut: Үөһээ Дьааҥы сис хайата, Üöhee Caañı sis xayata), é unha cadea monstañosa de máis de 1200 km de lonxitude situada no norte de Rusia, a ambos os lados do círculo polar ártico e no centro da Siberia Oriental.
Administrativamente, pertence á república de Sakha da Federación de Rusia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Este macizo forma un grande arco de 1200 km entre os ríos Lena e Aldan no oeste e o río Iana no leste. NA cordilleira nacen moitos ríos: na vertente oriental, Sartang, Durgalach, Yana, Bytantaj e Omoloi e na vertente occidental, ríos máis curtos que verten case todos ao Lena e ao Aldan.
O punto culminante elévase no sur ata os 2049 m. O asentamento máis importante da rexión é Verkhoiansk, na beira do río Iana. Augas abaixo deste río atópase outro poboado, Batagaj.
Na rexión hai xacementos de carbón, prata, chumbo e zinc. A cordilleira está situada xusto ao oeste da unión entre a placa eurasiática e a placa norteamericana.[1]
Clima e flora
[editar | editar a fonte]As temperaturas máis baixas en lugares habitados foron rexistradas nesta rexión, que adoita permanecer cuberta baixo un profundo manto de neve a maior parte do ano. Durante a última glaciación, a cordilleira tiña extensos glaciares. A paisaxe no verán é o típico das montañas alpinas.
A cordilleira é o fogar da tundra alpina, con varias especies de musgos e liques.[2] Atópanse algúns bosques esparexidos principalmente de lárices e Pinus pumila.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista da cordilleira
-
Riscos abruptos
-
Área con montes suaves e concas entre as montañas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ News Archive - The Earth Institute at Columbia University
- ↑ "Verkhoyansk Mountains". Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica, Inc. Consultado o 11 de abril de 2017.
- ↑ Verkhoyansk Range // Great Soviet Encyclopedia: [in 30 vols.] / Ch. ed. A.M. Prokhorov. - 3rd ed. - M. Soviet Encyclopedia, 1969-1978.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cordilleira Verkhoiansk |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |