Corliss Williamson
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1973 (51 anos) Russellville, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade do Arkansas (pt) Russellville High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 111 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1995 - 2007 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Sacramento Kings | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Corliss Mondari Williamson, nado o 4 de decembro de 1973 en Russellville, Arcansas, é un ex xogador de baloncesto estadounidense e actual adestrador da Universidade de Central Arcansas, que xogou para catro equipos diferentes nas súas 12 tempadas na National Basketball Association (NBA). Con 2,01 metros, xogaba nas posicións de ala-pivote e aleiro. Actualmente traballa como adestrador asistente dos Sacramento Kings.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Profesional
[editar | editar a fonte]Williamson foi elixido no posto 13 do Draft da NBA de 1995 polos Sacramento Kings. A súa mellor tempada foi a 1997-98, cando xogou 79 partidos e acadou 17.7 puntos por encontro para os Kings, rematando segundo no galardón ó xogador con maior progresión da NBA. Antes do comezo da tempada 2000-01 foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Doug Christie. Tras xogar 42 partidos cos Raptors, Williamson foi traspasado ós Detroit Pistons, e foi nomeado Sexto Home do Ano da NBA na tempada 2001-02. Foi ademais membro dos Pistons que gañaron a NBA na tempada 2003-04. Tras ser traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Derrick Coleman e Amal McCaskill o 8 de agosto de 2004, foi traspasado de novo ós Kings ó 22 de febreiro de 2005, a cambio de Brian Skinner e Kenny Thomas.
Equipos
[editar | editar a fonte]- Sacramento Kings (1995–2000)
- Toronto Raptors (2000–2001)
- Detroit Pistons (2001–2004)
- Philadelphia 76ers (2004–2005)
- Sacramento Kings (2005–2007)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com/historical (en inglés)
- Estatísticas de Corliss Williamson coma xogador Arquivado 29 de outubro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)