Saltar ao contido

Joan Coromines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Corominas»)
Modelo:BiografíaJoan Coromines

(1980) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Joan Coromines i Vigneaux Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1905 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1997 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Pineda de Mar, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
Universidade Central Editar o valor en Wikidata
Director de teseRamón Menéndez Pidal e Américo Castro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, profesor universitario, filólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona
Universidade de Chicago Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosJosé García López (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisPere Coromines i Montanya Editar o valor en Wikidata  e Celestina Vigneaux i Cibils Editar o valor en Wikidata
IrmánsErnest Corominas
Júlia Coromines Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDiccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (2002) (en) Traducir, (sec:Coromines i Vigneaux, Joan, p.200-202) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX844806

Joan Coromines i Vigneaux, nado en Barcelona o 21 de marzo de 1905 e finado en Pineda de Mar (Maresme) o 2 de xaneiro de 1997, foi un lingüista, autor do Diccionari etimològic i complementari de la llengua catalana e do Onomasticon Cataloniae.

Coromines foi un dos principais especialistas en lingüística. Tiña un gran coñecemento do catalán, castelán e occitano, e máis da lingüística indoeuropea e arábiga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo do político Pere Coromines e da pedagoga Celestina Vigneaux, e irmán do matemático Ernest Corominas. Xa de novo comezou a amosar un forte interese na lingüística. Estuda na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Barcelona, completando posteriormente estudos en varias cidades, entre 1925 e 1929: Montpellier, Madrid (onde cursa o doutoramento), e máis Zürich. Na cidade helvética amplía estudos con Jakob Jud, que inflúe nel profundamente. No ano 1930 comezou a traballar no Institut d'Estudis Catalans, colaborando no equipo lexicográfico de Pompeu Fabra. Publica a súa tese de doutoramento Vocabulario aranés en 1931. No mesmo ano comezou a preparar o Onomasticon Cataloniae.

Logo da guerra civil española exiliouse en diversos países, ata que consegue unha cátedra na Universidade de Chicago en 1948. En 1950 foi nomeado membro do Institut d'Estudis Catalans, aínda que de feito non se incorporou ao mesmo ata 1952, logo dunha breve estada en Cataluña, após trece anos de exilio. Volveu para Cataluña en 1967 e radicou en Pineda de Mar, onde pasaría os últimos anos da súa vida, traballando aínda con intensidade sobre lexicografía. Entre 1980 e 1991 preparou o Diccionari etimològic i complementari de la llengua catalana. No 1994 acabou o Onomasticon Cataloniae.

Coromines mantivo posturas profundamente catalanistas, rexeitando unha cátedra en Madrid e premios do goberno español a causa do tratamento da situación da lingua catalá polo estado español.