Universidade de Chicago
Aparencia
A Universidade de Chicago é unha das universidades de investigación máis recoñecidas no mundo, fundada en 1890 polo magnate do petróleo John D. Rockefeller. Abriu o seu primeiro curso o 1 de outubro de 1892.
Ten un total de setenta e cinco premios Nobel (a segunda institución logo da Universidade de Cambridge).
A Universidade de Chicago, é máis coñecida polos seus Premios Nobel en Economía , en especial a Escola de Economía de Chicago xa que conta cunha total de 9 Premios Nobel.
Algúns dos seus departamentos son importantes e coñecidos como Escola de Chicago, por exemplo a Escola de Socioloxía.
A universidade alberga tamén a editorial máis grande de todas as universidades nos Estados Unidos, a University of Chicago Press.