Cova do Cavallone
Tipo | cova turística | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Taranta Peligna, Italia e Lama dei Peligni, Italia (pt) | |||
| ||||
Historia | ||||
Data de descuberta ou invención | 1704 | |||
Sitio web | grottedelcavallone.it | |||
A cova do Cavallone (en italiano Grotta del Cavallone ou Grotta della Figlia di Jorio) é unha cavidade subterránea italiana situada nas proximidades de Lama dei Peligni, na provincia de Chieti, rexión dos Abruzos. Aberta nos meses de verán cunha cota de admisión, a súa primeira exploración data de 1704.
Situación
[editar | editar a fonte]A caverna atópase nas montañas do Parque Nacional da Majella e accédese a ela a través dun teleférico, que salva unha altura duns 550 metros. A base do teleférico está en Taranta Peligna, no quilómetro 27 da estrada S.P. 84.
Descrición
[editar | editar a fonte]A cova é de 10-20 metros de ancho e case a mesma altura todo o tempo, con numerosas espeleotemas incluíndo estalagmitas, travertinos e piscinas de gours. Conta con iluminación eléctrica, con carreiros, pasos moi concretos e pontes de ferro.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros datos de exploración e documentación da cova son de 1704, a cargo de Jacinto De Simeonibus. Foi utilizada como refuxio durante a segunda guerra mundial, no período comprendido entre decembro de 1943 e febreiro de 1944 (aínda hoxe poden verse as firmas dos refuxiados dentro da cavidade). Foi novamente explorada nos anos 1950.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Grotta del Cavallone, na páxina do Concello (en italiano)
- Grotta del Cavallone, páxina oficial (en italiano)
- Grotta del Cavallone, en Abruzzoverdeblu.it Arquivado 04 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. (en italiano)