Cova do Rei Cintolo
Tipo | cova | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Argomoso, España | |||
| ||||
A cova do Rei Cintolo está situada na parroquia de Argomoso (Mondoñedo). É a cova calcaria máis grande de Galicia e no seu interior pódense observar estalactitas e estalagmitas. Está formada por tres andares de galerías, a inferior cunha vía de auga con circulación parcialmente sifonante, que forman un total de case 7.500 metros de lonxitude[1], o que fai que sexa a cova coñecida con maior percorrido horizontal de Galicia, polo que é bastante coñecida.
Situación
[editar | editar a fonte]A caverna atópase no lugar de Sopena, na parroquia de Argomoso, en Mondoñedo. O enclave atópase a escasos quilómetros do centro da vila.
Historia
[editar | editar a fonte]A cova foi explorada, do punto de vista arqueolóxico, por primeira vez por José Villa-amil y Castro na década de 1870, da que deixou constancia no seu libro Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia. En 1893 cítase no xornal La Voz de Luarca outra exploración e un ano máis tarde aparece citada na guía de Gabriel Puig y Larraz chamada Guía de cavernas de España. Daquela estimábase a dimensión da cova nuns 200 metros.
En 1954, a iniciativa do Club Montañeiros Celtas de Vigo, fíxose un campamento para a exploración e topografía da caverna. Descóbrense novas zonas na cavidade, así como o río subterráneo, ao que chamaron río Celtas. Máis tarde distintos grupos espeleolóxicos de toda España foron completando as investigacións e os traballos de topografía. A finais dos anos 1960 comezan os intentos de obter unha topografía xeral da cova, ao tempo que se descobre a galería Venus á dereita da sala do Río (tamén coñecida como salas Finais do Río).
En 1973 a cova gaña sona grazas a un documental de TVE, que supuxo a primeira filmación da cova. A partir daquela a caverna comezou a ser visitada por un gran número de persoas, que provocaron deterioracións no seu interior. En 1976 decidiuse colocar un enreixado, debido aos espolios que estaba a sufrir a caverna, que ameazaban coa destrución da cavidade.
Nas escavacións dirixidas no verán de 2002 pola arqueóloga Rosa Villar atopáronse materiais da Idade de Ferro, da cultura castrexa (cerámica e osos de vaca, porco e cervo) na súa entrada. En 2006 o concello de Mondoñedo puxo en marcha un sistema de visitas guiadas á caverna, poñendo fin a unha época de peche que semellaba definitiva.
En 2019 a cova foi recoñecida como o «mellor destino científico de Galicia» e en 2022 distinguida como a «mellor cova de Galicia».[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Páxina do Concello de Mondoñedo". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2010.
- ↑ "A cova do Rei Cintolo, distinguida como a “Mellor Cova de Galicia 2022”". GCiencia. 15 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A cova do Rei Cintolo, na páxina do Concello de Mondoñedo Arquivado 08 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
- Cova do Rei Cintolo. G.E. Edelweiss