Saltar ao contido

Cris Lores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCris Lores
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncineasta Editar o valor en Wikidata

Vimeo: crislores Editar o valor en Wikidata

Cris Lores, nado en Pontevedra[Cómpre referencia] en 1975,[1] é un cineasta, músico e proxeccionista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cris Lores pronto abandonou os estudos secundarios para traballar na construción. Posteriormente formouse como proxeccionista, feito que influíu na súa concepción do cinema como espectador e como manipulador.

Ten traballado no ámbito do cinema expandido, en colaboración con Belén Veleiro. Nas súas actuacións utilizan varios proxectores e películas domésticas de Super 8, que deteñen ante o foco para provocar a súa destrución. Os resultados abstractos desta técnica pódense apreciar en películas como Alzheimer (2013).

O seu cinema explora dúas vertentes: unha mais narrativa e "acabada", na que se ilustran narracións, ideas ou textos poético-filosóficos, e outra máis experimental e abstracta, "fragmentos, anacos, retrincos, apontamentos plásticos, improvisaçons e experimentaçons técnicas", que constitúen o mellor da súa produción.[2] O seu filme Corpi in movemento gañou o premio de Novos Valores da Deputación de Pontevedra en 2010.[3]

A súa longametraxe De verdade queredes saber o que pensamos? estreouse no Festival Primavera do Cine en 2023.[4]

Como músico tocou a batería no grupo Allgodown, co que sacou en 2002 o disco Trip, e mais no conxunto de música espontánea Urro, xunto con Luís Garrido e Alexandre Losada. A música de Urro ten especial presenza n’A Pedra do Lobo (Alberte Pagán, 2010), así como n’O proceso de Artaud (Ramiro Ledo, 2010) e en Fóra (Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas, 2012).[1]

Proxecto Remolque

[editar | editar a fonte]

Cris Lores é o impulsor do Proxecto Remolque, que consiste na recuperación dos vellos trailers en 35 mm abandonados nas cabinas de proxección para darlles unha segunda vida a través de intervencións materiais no propio celuloide. Ten feito obradoiros sobre a manipulación desta metraxe encontrada nos festivais Cineuropa (2017) e Primavera do Cine (2019). O Proxecto Remolque ten, de momento, nove intervencións finalizadas, entre as que destacan as seguintes: PR01 (Olalla Márquez, 2017), A mosca (Alberte Pagán, 2017), Vila Xastre (Cris Lores, 2018), PR06 (2018; unha "película perfecta", sen título nin autor, que se proxecta tal e como foi atopada), e PR04 e PR08 (2018), do pintor de Tomiño Basilio Calzado.[5]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Big Bang (1996)
  • La memoria del río (2003)
  • Nueve (2007)
  • 888 árbores (2008)
  • Corpi in movemento (2010)
  • Cielulosas (2010)
  • Virando (2010)
  • Viran2 (2010)
  • LimpaParaBrisas (2011)
  • Ventana (2011)
  • PonteQuieta (2011)
  • Xesús, María e Xosé (2011)
  • 8 (2012)
  • Corpi in movimento Due (2012)
  • Corpi in movemento II (2012)
  • Alzheimer (2013)
  • Sombrarrotes (2013)
  • Unos van outros veñen… (2014)
  • NCG II (2014)
  • AR-G!!!!!!!!! (2015)
  • Frames no frame (2017)
  • Alzheimer B (2017)
  • Vila Xastre (2018)
  • Ad libitum (2018)
  • Saltator Referendum (2019)
  • De verdade queredes sabes o que pensamos? (2023)
  1. 1,0 1,1 "Lores, Cris". Novo Cinema Galego. O arquivo das novas prácticas cinematográficas na Galiza. 
  2. Pagán, Alberte (29-05-2013). "Cris Lores, o home da cámara" (PDF). Follas do Cineclube. 
  3. "Corpi in movemento". Novo cinema Galego. 
  4. "De verdade queredes saber o que pensamos?". Primavera do Cine. 
  5. Pagán, Alberte (2020). "Illas descoñecidas". en Ledo Andión, Margarita (ed.) (2020), Para unha historia do cinema en lingua galega. [3] De illas e sereas, Editorial Galaxia, pp. 71-101, ISBN 978-84-9151-488-6

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]