Cristóbal Colón (ópera)
Cristóbal Colón Cristovo Colón | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Castelán |
Libretista | Antonio Gala |
Estrea | 24 de setembro de 1989 |
Teatro da estrea | El Liceu |
Lugar da estrea | Barcelona |
Música | |
Compositor | Leonardo Balada |
Personaxes | |
Cristóbal Colón (tenor) |
Cristóbal Colón (en galego Cristovo Colón) é unha ópera en dous actos con música do compositor catalán Leonardo Balada e libreto en castelán de Antonio Gala. Esta ópera foi encargada polo goberno español para conmemorar o quinto aniversario do descubrimento de América, tendo un grande éxito de crítica, chegando a dicir da mesma que "é unha partitura pivotal no teatro lírico do noso tempo". Foi estreada no Gran Teatre del Liceu de Barcelona o 24 de setembro de 1989.
Esta ópera mostra as características estilísticas propias do autor e nela se suceden os contrastes rítmicos, harmónicos e dinámicos. Na orquestración teñen un papel fundamental as cordas e a percusión, tendo esta última unha importancia vital. Os momentos máis destacados son as arias do tenor "Salve Reina del mundo" (1º acto) e "Converso me llamaste" (2º acto).
A acción da ópera ten lugar a bordo da Santa María, e mediante o emprego do flash-back nárrase a primeira viaxe de Colón ás Indias ata chegar ao momento do descubrimento.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Keith Anderson, La Ópera de la A a la Z, Naxos (2002)
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |