Crista
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo crista (derivado do latín crista, -ae, 'moño', 'penacho') utilízase con varios significados:
- Anatomía animal
- A crista, parte carnosa situada lonxitudinalmente na cabeza de certas aves.
- A crista de plumas ou penacho, formación de plumas que tamén exhiben algunhas aves.
- As cristas duras, formacións de natureza ósea ou córnea que presentan algúns réptiles na cabeza e nas costas.
- Algúns anfibios presentan cristas carnosas na cabeza e nas costas.
- Anatomía humana
- Unha crista é unha protuberancia ósea que, como no caso da crista pectinia da cara posterior do fémur onde asenta o músculo pectíneo, serve de punto de inserción a un músculo.
- Así mesmo, nalgunhas obras de anatomía, fisioloxía e medicina, descríbense como cristas algunhas protuberancias de partes do corpo, cando as percorren de forma lonxitudinal e prominente (por exemplo, a crista que forman os vultos visíbeis das vértebras, a crista ilíaca da pelve, ou a crista do esterno (chamada carina ou quilla nas aves.)
- Embrioloxía
- A crista neural é unha poboación de células migratorias e pluripotentes que se xera durante o desenvolvemento dos vertebrados.
- Outras disciplinas
- En xeoloxía, xeografía e orografía chámanse cristas a formacións montañosas como cordilleiras e serras de cumios máis ou menos agudos, a algunhas formacións rochosas ou, simplemente, a un cumio de agudas penas dunha montaña.
- Outros usos
- A crista é a protuberancia que teñen algúns cascos militares.
- A crista dunha onda ou vaga refírese á súa cima, xeralmente coroada de escuma.
- Crista é o nome común do corte de cabelo mohicano ou mohawk, utilizado principalmente na subcultura punk.
- Véxase tamén
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Crista |