Penacho (ornitoloxía)
O penacho ou crista é un grupo de plumas que presentan algunhas especies de aves na parte superior da cabeza.[1][2]
As plumas destas cristas poden ser eréctiles ou estar ergueitas de forma permanente, dependendo das especies. Por exemplo, as cacatúas e as bubelas teñen penachos de plumas eréctiles, mentres que o penacho da grúa coroada (Balearica regulorum) está sempre de punta.
Crese que algúns dinosauros tamén terían penachos de plumas na cabeza.
As aves con penachos de plumas adoitan usalos para comunicarse cos seus conxéneres e como un elemento da parada nupcial. Ademais, adoitan despregar a súa crista cando están asustadas ou se mostran agresivas, xa que deste xeito poden parecer máis grandes ou producir sorpresa ao ourizalo rapidamente e lograr intimidar ao seu adversario con maior facilidade, xa sexa un depredador, un membro da súa propia especie ou calquera outro animal que a moleste.
Os penachos adoitan estar compostos por semiplumas, un tipo de pluma intermedio entre a penuxe e a pluma, son plumas con raque desenvolvido pero con barbas laxas e soltas. Estas plumas son máis suaves e flexíbeis que as plumas típicas. Porén, as cristas de plumas de moitas cacatúas están compostas por plumas típicas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cacatua alba co penacho totalmente despregado.
-
Grúa coroada (Balearica regulorum).
-
Pomba coroada Victoria (Goura victoria).
-
Pingüín macaroni (Eudyptes chrysolophus).
-
Cacatúa sulfúrea (Cacatua sulphurea) coa crista ourizada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para penacho. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para crista. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bonney, Rick e Rohrbaugh, Jr., Ronald (2004): Handbook of Bird Biology (2ª ed.). Princeton, NJ: Princeton University Press. ISBN 0-938027-62-X.
- Dierschke, V. (2008): Aves de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1476-6.
- Fraigneau, Cloe (2008): Reconocer fácilmente las plumas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1416-6.