Saltar ao contido

Cristina Fernández Davila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCristina Fernández Davila
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Galicia
2024 –
Circunscrición electoral: Pontevedra

Alcaldesa de Ponteareas
2021 – 2023
← Xosé RepresasNava Castro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, funcionaria pública Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Facebook: cristina.fernandezdavila.71 Editar o valor en Wikidata

Cristina Fernández Davila, nada en Vigo en 1966, é unha técnica especialista en informática de xestión e política galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende 1993 é funcionaria do IES Val do Tea (Ponteareas), tendo asumido diversas responsabilidades nas asociacións de nais e pais do alumnado e foi presidenta da FANPO (Federación de Asociacións de Nais e Pais de centros de ensino públicos das comarcas Condado-Paradanta e Louriña).

Dende 2012 é concelleira do BNG no concello de Ponteareas, asumindo no 2015 a segunda tenencia de alcaldía e as concellarías de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior. Dende as eleccións municipais de maio de 2019, Fernández Davila asumiu a tenencia de alcaldía, así como as concellarías de Ensino, Eventos, Saúde e Consumo, converténdose en alcaldesa de Ponteareas en maio de 2021 ao ser elixida trala renuncia do seu predecesor, Xosé Represas Giráldez.[1]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.[2]

  1. Fuente, María J. (21 de maio de 2021). "«O alcalde facilitou o proceso moitísimo e eu só teño que agradecer a súa grande xenerosidade»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 
  2. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]