Xosé Represas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1956 Xinzo, España |
Morte | 24 de maio de 2021 (65 anos) Ponteareas, España |
Causa da morte | morte natural |
Alcalde de Ponteareas | |
2015 – 2021 (dimisión) ← Salvador González Solla – Cristina Fernández Davila → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Ponteareas |
Ocupación | político, empregado de banca |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Xosé Represas Giráldez, nado en Xinzo (Ponteareas)[1] o 20 de maio de 1956 e finado o 24 de maio de 2021, foi un político galego[2], alcalde de Ponteareas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en Empresariais pola Universidade de Vigo, traballou nunha entidade financeira en Ponteareas. Foi directivo da Comunidade de Montes de Xinzo e presidente da Asociación Forestal de Galicia. Afiliado ao BNG, concorreu ás eleccións municipais e entrou como concelleiro do BNG en Ponteareas en xuño de 2007, en substitución de Roberto Mera. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a lista do BNG en Ponteareas e foi elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE, A Riada do Tea e EU-Son[3]. Nas seguintes eleccións, en 2019, volveu saír elixido alcalde.
O 29 de abril de 2021 renunciou á alcaldía por enfermidade,[4] e faleceu o 24 de maio dese ano.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xosé Represas, novo Portavoz do BNG en Ponteareas". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 16 de xuño de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Fallece el exalcalde de Ponteareas, Xosé Represas". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de maio de 2021. Consultado o 25 de maio de 2021.
- ↑ "El nacionalista Represas asume el mando de Ponteareas con un pacto de izquierdas" Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ "Una enfermedad obliga a Xosé Represas a renunciar a la Alcaldía de Ponteareas". 30/4/2021. Consultado o 24/5/2021.