Cristina Ferreiro Real
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1983 (41 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Premios | |
Cristina Ferreiro Real, nada en Lugo o 9 de maio de 1983, é unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É Técnico Superior en Realización de Audiovisuais e Espectáculos. Autora de pezas de videoarte e arte experimental, deuse a coñecer en 2006 ao gañar o Premio de Poesía Concello de Ames co libro A extinción dos harmónicos, en 2007 obtivo o Premio Francisco Añón con Ansiedade e planetas, tamén nese ano foi finalista do 3º Premio Biblos-Pazos de Galicia. Con Desequilibras e caer gañou o segundo Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba. En 2012 gañou o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño por Abecedario póstumo[1]. En 2013 gañou o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón coa obra As paisaxes eléctricas[2].
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- A extinción dos harmónicos, 2007, Concello de Ames.
- Ansiedade e planetas, 2008, Concello de Outes.
- Desequilibras e caer, 2009, Bubela.
- Abecedario póstumo, 2013, Espiral Maior.
- As paisaxes eléctricas, 2014, Sotelo Blanco.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Catro esquinas e cinco contos máis, 2008, Concello de Ourense/Asociación de Libreiros de Ourense e Casa da Xuventude de Ourense.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación, 2011, Bubela.
- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión, 2013, Bubela.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
Premios
[editar | editar a fonte]- XII Premio Fiz Vergara Vilariño no 2012, por Abecedario póstumo.
- XXVI Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2013, por As paisaxes eléctricas.