Saltar ao contido

Cristina de Middel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristina de Middel
Biografía
Nacemento1979
Alacante
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Valencia
Universidade de Oklahoma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weblademiddel.com Editar o valor em Wikidata
Instagram: danaeboronatlademiddel BNE: XX1683181 Editar o valor em Wikidata

Cristina de Middel (Alacante, 1975) é unha fotógrafa documental e artista española que vive e traballa dacabalo entre Brasil, México e España. Traballou como fotoperiodista para diferentes xornais españois e ONG antes de decidir dedicarse a un traballo máis artístico e persoal. En España gañou o Premio Nacional de Fotografía en 2017. En 2022 foi nomeada presidenta da Axencia Magnum.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou fotoperiodismo e graduouse pola Universidade Autónoma de Barcelona. É máster en fotografía pola Universidade de Oklahoma e máster en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia. En 2012 autopublicou Afronautas, un fotolibro sobre o breve programa espacial de Zambia en África do Sur.[1][2][3] O libro esgotouse rapidamente e foi moi aclamado pola crítica.[4][5][6][7] Con este traballo, De Middel foi nomeada en 2013 para o premio de fotografía Deutsche Börse.[8][9] Tamén en 2013 recibiu o premio Infinity do Centro Internacional de Fotografía (ICP).[10]

Segundo a crítica, De Middel combina os seus traballos documentais con outros persoais onde cuestiona a linguaxe e a veracidade da fotografía como documento, e xoga con reconstrucións ou arquetipos que difuminan a fronteira entre a realidade e a ficción.[11]

En outubro de 2017 concedéuselle o Premio Nacional de Fotografía, outorgado polo Ministerio de Cultura de España, que segundo dixo o xurado do certame, os traballos da artista reformulan “os límites da realidade da linguaxe fotográfica”.[12][13][14]

No ano 2022, a artista foi nomeada presidenta da Axencia Magnum; soada empresa fotográfica creada por Robert Capa e Henri Cartier-Bresson.[15]

Feiras e exposicións[editar | editar a fonte]

O seu traballo artístico mostrouno en numerosas galerías europeas e latino americanas. No ano 2016 realizou a súa primeira exposición individual en Madrid na galería Juana de Aizpuru, participando coa devandita galería na Feira Frieze London e París Photo.[16][17][18][19]

Participou en feiras como, artgenève 2018, ARCO 2017, PHotoEspaña 2016, Paris Photo 2016.[20] En 2016 colaborou co Centro Cultural de España en Santiago (Chile), elixindo 8 fotógrafos e fotógrafas de diferentes nacionalidades, como Ronny García, Anna Da Sacco e Gabriela Rivera, etc aos que guiou nun taller para realizar a exposición colectiva "Si-Bilis-Non".[21]

En 2018, dentro do marco de PHotoEspaña, foi a comisaría da exposición no Centro Fernán Gómez (Madrid), cunha tripla proposta expositiva, ‘Players by Samsung’.[22] En 2019, expuxo as súas obras "Preparados, listos, arquivo" no centro de arte e cultura Tabacalera, espazo expositivo do Ministerio de Cultura e Deporte en Madrid.[23] Ese mesmo ano, formou parte da 3ª edición do Festival de Mulleres Fotógrafas de Barakaldo BAFFEST, na súa sección principal baixo a lema "Nós" xunto a Bego Antón, Bego Elisa González Miralles, Mar Sáez, Sara Merec e Teresa do Romeu.[24]

Obras en Museos e Coleccións[editar | editar a fonte]

A súa obra atópase en diferentes museos e coleccións públicas e privadas, entre outros:

  • Colección da cidade de Birmingham (Gran Bretaña)
  • Colección Universidade Politécnica de Valencia (España)
  • Fundación Sarthou Carreres
  • Fundación Foto Colectania (España)
  • Saxe-Coburg Private Collection
  • Wedge Private Collection
  • Banco Espírito Santo (Portugal)
  • Museo Universidade de Alacante (España)
  • Work in Eivissa's city council Art Fund (España)
  • Work in Alacante's city council Art Fund (España)
  • A Collezione di Fotografia Europea. Reggio Emilia (Italia)

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • The Afronauts. Londres: Autopublicado, 2012. Edición inglesa: ISBN 9788461585960 . Tirada de 1000 copias.
  • Vida E Milagres de Paula P. Alacante, España: Museo da Universidade de Alacante, 2009. Tirada de 500 copias. Español. É un traballo temperán sobre a "historia real dunha falsa prostituta".
  • SPBH Book Club Vol III. Londres: Self Publish, Be Happy, 2013. Tidada de 500 copias.
  • Party: Quotations from Chairman Mao Tse-tung. Madrid: RM; Londres: Arquive Of Modern Conflict, 2013. ISBN 9788415118671. Tirada de 1500 copias.
  • This is What Hatred Did. México; Barcelona: RM Editorial/ Londres: Arquive of Modern Conflict, 2015. ISBN 9780992941383. Con texto de Amos Tutuola, "A miña vida na maleza de Pantasmas".

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Cum Laude, "Martín Chambi", Unión Latina, 2011.
  • PhotoFolio Arles 2012.
  • O premio Deutsche Börse Prize, 2013
  • Infinity Award, Centro Internacional de fotografía (ICP), 2013.
  • Party: Quotations from Chairman Mao Tse-tung premio PhotoEspaña Mellor libro de fotografía do ano, categoría internacional, 2014.
  • Premio Nacional de Fotografía de España 2017.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Davies, Lucy (8 de xuño de 2014). "Cristina de Middel: The Afronauts". The Daily Telegraph. Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  2. "Entrevista: "ASX Interviews Cristina de Middel" (2013)". Americansuburbx.com. Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  3. ""The Afronauts" exposición en Quai1: Cristina de Middel". Lanewgallery.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2013. Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  4. O'Hagan, Sean (14 de abril de 2013). "How photographers joined the self-publishing revolution". The Guardian. Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  5. "photo-eye - Magazine". Photoeye.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  6. "Review: The Afronauts by Cristina De Middel", Jörg Colberg. Consultado el 3 de xaneiro de 2015.
  7. "Cristina De Middel : The Mongonauts". The New York Times. Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  8. Courtesy of the artist and the Photographers' Gallery, London. "Deutsche Börse photography prize: 2013 shortlist – in pictures". The Guardian. Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  9. "Cristina de Middel". Vogue.it. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  10. "Cristina de Middel". Icp.org. Consultado o 7 de decembro de 2014. 
  11. "El Cultural - Revista de cultura y artes referente en España - Elcultural.com en El Español". El Español (en castelán). Consultado o 2024-06-16. 
  12. "Cristina Middel ganadora del Premio Nacional de Fotografía 2017". La Vanguardia (en castelán). 2017-10-27. Consultado o 2024-06-16. 
  13. "La periodista valenciana Cristina de Middel, Premio Nacional de Fotografía". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  14. "Atención obras: Entrevista a Cristina de Middel, Premio Nacional de Foto - RTVE Play" (en castelán). 2018-01-11. Consultado o 2024-06-16. 
  15. "La fotógrafa Cristina de Middel, primera española en ocupar la presidencia de Magnum". ELPAÍS (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2022. 
  16. "Cristina De Middel en Juana de Aizpuru | Exit Express". Exit Express (en castelán). 13 de decembro de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2017. 
  17. "Verdades y mentiras". abc (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2017. 
  18. ARTEINFORMADO (20160929). "La alianza Cristina de Middel-Juana de Aizpuru, protagonista del mercado de fichajes español. Mercado. sep 2016 | ARTEINFORMADO". ARTEINFORMADO (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2017. 
  19. "La Ventana del Arte - Galería Juana de Aizpuru - Exposición Cristina de Middel 2017, The Perfect Man". Consultado o 31 de outubro de 2017. 
  20. ARTEINFORMADO (20140603). "Cristina de Middel. Artista, Comisario" (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2019. 
  21. ARTEINFORMADO (20160729). "Si-Bilis-No, Exposición, Fotografía, ago 2016" (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2020. 
  22. "PHotoESPAÑA Y SAMSUNG INAUGURAN LA EXPOSICIÓN PLAYERS BY SAMSUNG COMISARIADA POR CRISTINA DE MIDDEL - PHotoESPAÑA". web.archive.org. 2024-01-03. Archived from the original on 03 de xaneiro de 2024. Consultado o 2024-06-16. 
  23. Ministerio de Cultura (2019-04-29). "Cristina De Middel: "Preparados, listos, archivo" - Tabacalera. Abr - jun 2019". Consultado o 2024-06-16. 
  24. SA, Baigorri Argitaletxea (2018-05-24). "Barakaldo acoge Baffest, con Cristina de Middel al frente" (en castelán). Consultado o 2022-02-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]