Saltar ao contido

Criterios de Bradford Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os criterios de Bradford Hill, tamén coñecidos como criterios de Hill para a causalidade, son un grupo de nove principios que poden ser útiles para establecer as evidencias epidemiolóxicas dunha relación causal entre unha causa suposta e o efecto observado, que foron amplamente usados en investigación sobre saúde pública. Foron establecidos en 1965 polo epidemiólogo inglés Austin Bradford Hill.[1]

En 1996, David Fredricks e David Relman fixeron comentarios sobre os postulados de Koch e os criterios de Hill no seu influínte artigo sobre patoxénese microbiana.[2]

Definición

[editar | editar a fonte]

En 1965, o estatístico inglés Austin Bradford Hill propuxo un conxunto de nove criterios para poder proporcionar probas epidemiolóxicas da existencia dunha relación causal entre unha suposta causa e un efecto observado. (Por exemplo, demostrou a conexión entre fumar cigarros de tabaco e o cancro de pulmón.) Velaquí a lista dos criterios:[1]

  1. Forza (tamaño do efecto): Unha pequena asociación non significa que non hai un efecto causal, aínda que canto máis grande sexa a asociación, maior é a probabilidade de que sexa causal.
  2. Consistencia (reproducibilidade): Os descubrimentos consistentes observados por diferentes persoas en diferentes lugares con diferentes mostras aumentan a probabilidade dun efecto.
  3. Especificidade: A causalidade é probable se hai unha poboación moi específica no sitio específico coa enfermidade sen outra explicación probable. Canto máis específica é a asociación entre un factor e un efecto, maior é a probabilidade de que haxa unha relación causal.[1]
  4. Temporalidade: O efecto debe ocorrer despois da causa (e se hai un atraso esperado entre a causa e o efecto esperado, entón o efecto debe ocorrer despois dese atraso).
  5. Gradiente biolóxico (relación dose-resposta): Unha maior exposición debería levar xeralmente a unha maior incidencia do efecto. Porén, nalgúns casos, a simple presenza dun factor pode desencadear o efecto. Noutros casos, obsérvase unha proporción inversa: unha maior exposición leva a unha menor incidencia.[1]
  6. Plausibilidade: Un mecanismo plausible entre causa e efecto é útil (pero Hill sinalou que o coñecemento do mecanismo está limitado polo coñecemento actual).
  7. Coherencia: A coherencia entre os descubrimentos epidemiolóxicos e os de laboratorio incrementa a probabilidade dun efecto. Porén, Hill sinalou que "a falta de ditas evidencias de laboratorio non pode anular os efectos epidemiolóxicos sobre as asociacións".
  8. Experimento: "Ocasionalmente é posible apelar ás evidencias experimentais".
  9. Analoxía: O uso de analoxías ou semellanzas entre a asociación observada e outras asociacións.

Algúns autores[3] consideran tamén o criterio de reversibilidade: se a causa é eliminada entón o efecto debería tamén desaparecer.

Debate en epidemioloxía

[editar | editar a fonte]
Todo traballo científico é incompleto. Todo traballo científico é susceptible de ser desbotado ou modificado polo avance dos coñecementos. Iso non nos outorga a liberdade de ignorar o coñecemento que xa temos ou de pospoñer a acción que parece que demanda nun momento dado.
—Bradford Hill, on the fallacy of persisting with existing research and rules.[4]

Os criterios de Bradford Hill foron amplamente aceptados como directriz útil para investigar a causalidade en estudos epidemiolóxicos, mais o seu valor foi cuestionado poque quedaron algo desactualizados.[5]

Ademais, tamén se discutiu sobre o método de aplicación. Algunhas opcións de aplicación propostas son:

  1. Usar consideracións contrafactuais como base de aplicación de cada criterio.[6]
  2. Subdividilos en tres categorías: evidencias directas, mecanísticas e paralelas, que se espera se complementan unhas a outras. Esta reformulación operacional dos criterios foi proposta recentemente no contexto da medicina baseada en evidencias.[7]
  3. Considerar os factores que poden confundir e os nesgos.[8]
  4. Usar os criterios de Hill como unha guía, pero non consideralos como conclusións definitivas.[9]
  5. Separar a asociación causal e as intervencións, porque as intervencións en sanidade pública son máis complexas que o que se pode avaliar cos criterios de Hill.[10]

Un argumento contra o uso dos criterios de Bradford Hill como consideraións exclusivas para probar a causalidade é que o mecanismo básico de probar a causalidade non é aplicar criterios específicos —sexan os de Bradford Hill ou argumentos contrafactuais— senón a dedución con sentido común científico.[11] Outros argumentan que é importante o estudo específico do cal se produciron os datos e, aínda que os criterios de Bradford Hill poden ser aplicados para testar a causalidade nestes escenarios, o estudo tipo pode descartar a dedución ou indución da causalidade, e os criterios son só útiles para inferir a mellor explicación deses datos.[12]

O debate sobre a aplicación dos criterios inclúe tamén se poden ser aplicados ou non ás ciencias sociais.[13] Proponse que hai diferentes motivos detrás da definición da causalidade; os criterios de Bradford Hill aplicados a sistemas complexos como as ciencias da saúde son útiles nos modelos de predición, onde se busca unha consecuencia; os modelos de explicación sobre por que ocorre a causalidade dedúcense menos facilmente dos criterios de Bradford Hill porque neses modelos é necesaria a instigación da causalidade, máis que a consecuencia.[Cómpre referencia]

Exemplos de aplicación

[editar | editar a fonte]

Os investigadores aplicaron os criterios de Hill para a causalidade para examinar as evidencias en varias áreas da epidemioloxía, incluíndo conexións entre exposición a mofos e unha hemorraxia pulmonar infantil,[14] a radiación ultravioleta B, a vitamina D e o cancro,[15][16] a vitamina D e o embarazo e os resultados neonatais,[17] o alcohol e os resultados das doenzas cardiovasculares,[18] as infeccións e o risco de accidente cerebrovascular,[19] a nutrición e os biomarcadores relacionados cos resultados de enfermidades,[20] os alimentos e nutrientes relacionados coas doenzas cardiovasculares e a diabetes[21] e o consumo de bebidas edulcoradas con azucre e a frecuencia da obesidade e as enfermidades relacionadas coa obesidade.[22] Foron tamén usados en estudos epidemiolóxicos non humanos, como sobre os efectos de pesticidas neonicotinoides sobre a abella do mel.[23] Propúxose o seu uso na mellora da calidade dos servizos de atención sanitaria, salientando como poden usarse os métodos de mellora da calidade para proporcionar probas dos criterios.[24]

Desde a descrición dos criterios, publicáronse moitos métodos para avaliar sistematicamene as evidencias que apoian as relacións causais, por exemplo os cinco criterios de graduación das evidencias da World Cancer Research Fund (Convincente; Probable; Evidencias limitadas – suxerente; Evidencias limitadas – sen conclusión; Efecto substancial sobre o risco improbable).[25]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Hill, Austin Bradford (1965). "The Environment and Disease: Association or Causation?". Proceedings of the Royal Society of Medicine 58 (5): 295–300. PMC 1898525. PMID 14283879. doi:10.1177/003591576505800503. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2024. 
  2. Fredricks, David; Relman, David (xaneiro de 1996). "Sequence-Based Identification of Microbial Pathogens: a Reconsideration of Koch's Postulates". Clinical Microbiology Reviews 9 (1): 18–33. PMC 172879. PMID 8665474. doi:10.1128/CMR.9.1.18. 
  3. Howick J, Kelly P, Kelly M (2019). "Establishing a causal link between social relationships and health using the Bradford Hill Guidelines.". SSM Popul Health 8: 100402. PMC 6527915. PMID 31193417. doi:10.1016/j.ssmph.2019.100402. 
  4. Christopher, Ben (21 de setembro de 2016). "Why the Father of Modern Statistics Didn't Believe Smoking Caused Cancer". Priceonomics. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2022. 
  5. Schünemann H, Hill S, Guyatt G; et al. (2011). "The GRADE approach and Bradford Hill's criteria for causation". Journal of Epidemiology & Community Health 65 (5): 392–95. PMID 20947872. doi:10.1136/jech.2010.119933. 
  6. Höfler M (2005). "The Bradford Hill considerations on causality: a counterfactual perspective?". Emerging Themes in Epidemiology 2 (1): 11. PMC 1291382. PMID 16269083. doi:10.1186/1742-7622-2-11. 
  7. Howick J, Glasziou P, Aronson JK (2009). "The evolution of evidence hierarchies: what can Bradford Hill's 'guidelines for causation' contribute?". Journal of the Royal Society of Medicine 102 (5): 186–94. PMC 2677430. PMID 19417051. doi:10.1258/jrsm.2009.090020. 
  8. Glass TA, Goodman SN, Hernán MA, Samet JM (2013). "Causal inference in public health". Annu Rev Public Health 34: 61–75. PMC 4079266. PMID 23297653. doi:10.1146/annurev-publhealth-031811-124606. 
  9. Potischman N, Weed DL (1999). "Causal criteria in nutritional epidemiology". Am J Clin Nutr 69 (6): 1309S–14S. PMID 10359231. doi:10.1093/ajcn/69.6.1309S. 
  10. Rothman KJ, Greenland S (2005). "Causation and causal inference in epidemiology". Am J Public Health 95 (Suppl 1): S144–50. PMID 16030331. doi:10.2105/AJPH.2004.059204. hdl:10.2105/AJPH.2004.059204. 
  11. Phillips, CV; Goodman KJ (2006). "Causal criteria and counterfactuals; nothing more (or less) than scientific common sense?". Emerging Themes in Epidemiology 3 (1): 5. PMC 1488839. PMID 16725053. doi:10.1186/1742-7622-3-5. 
  12. Ward, AC (2009). "The role of causal criteria in causal inferences: Bradford Hill's "aspects of association". Epidemiologic Perspectives & Innovations 6 (1): 2. PMC 2706236. PMID 19534788. doi:10.1186/1742-5573-6-2. 
  13. Ward, AC (2009). "The Environment and Disease: Association or Causation?". Medicine, Health Care and Philosophy 12 (3): 333–43. PMID 19219564. doi:10.1007/s11019-009-9182-2. 
  14. Etzel, Ruth A. (2003). "Stachybotrys". Current Opinion in Pediatrics (en inglés) 15 (1): 103–106. ISSN 1040-8703. PMID 12544280. doi:10.1097/00008480-200302000-00017. 
  15. Grant WB (2009). "How strong is the evidence that solar ultraviolet B and vitamin D reduce the risk of cancer? An examination using Hill's criteria for causality". Dermatoendocrinology 1 (1): 17–24. PMC 2715209. PMID 20046584. doi:10.4161/derm.1.1.7388. 
  16. Mohr SB, Gorham ED, Alcaraz JE, Kane CI, Macera CA, Parsons JE, Wingard DL, Garland CF (2012). "Does the evidence for an inverse relationship between serum vitamin D status and breast cancer risk satisfy the Hill criteria?". Dermatoendocrinology 4 (2): 152–57. PMC 3427194. PMID 22928071. doi:10.4161/derm.20449. 
  17. Aghajafari F, Nagulesapillai T, Ronksley PE, Tough SC, O'Beirne M, Rabi DM (2013). "Association between maternal serum 25-hydroxyvitamin D level and pregnancy and neonatal outcomes: systematic review and meta-analysis of observational studies". BMJ 346 (Mar 26): f1169. PMID 23533188. doi:10.1136/bmj.f1169. 
  18. Ronksley PE, Brien SE, Turner BJ, Mukamal KJ, Ghali WA (2011). "Association of alcohol consumption with selected cardiovascular disease outcomes: a systematic review and meta-analysis". BMJ 342 (Feb 22): d671. PMC 3043109. PMID 21343207. doi:10.1136/bmj.d671. 
  19. Grau AJ, Urbanek C, Palm F (2010). "Common infections and the risk of stroke". Nat Rev Neurol 6 (12): 681–94. PMID 21060340. doi:10.1038/nrneurol.2010.163. 
  20. de Vries J, Antoine JM, Burzykowski T, Chiodini A, Gibney M, Kuhnle G, Méheust A, Pijls L, Rowland I (2013). "Markers for nutrition studies: review of criteria for the evaluation of markers". Eur J Nutr 52 (7): 1685–99. PMID 23955424. doi:10.1007/s00394-013-0553-3. 
  21. Miller, Victoria; Micha, Renata; Choi, Erin; Karageorgou, Dimitra; Webb, Patrick; Mozaffarian, Dariush (2022-02-01). "Evaluation of the Quality of Evidence of the Association of Foods and Nutrients With Cardiovascular Disease and Diabetes: A Systematic Review". JAMA Network Open 5 (2): e2146705. ISSN 2574-3805. PMC 8814912. PMID 35113165. doi:10.1001/jamanetworkopen.2021.46705. 
  22. Hu FB (2013). "Resolved: there is sufficient scientific evidence that decreasing sugar-sweetened beverage consumption will reduce the prevalence of obesity and obesity-related diseases". Obes Rev 14 (8): 606–19. PMC 5325726. PMID 23763695. doi:10.1111/obr.12040. 
  23. Cresswel, James E; Desneux, Nicolas; VanEngelsdorp, Dennis (24 de xaneiro de 2012). "Dietary traces of neonicotinoid pesticides as a cause of population declines in honey bees: an evaluation by Hill's epidemiological criteria". Pest Management Science 68 (6): 819–827. PMID 22488890. doi:10.1002/ps.3290. 
  24. Poots, Alan J; Reed, Julie E; Woodcock, Thomas; Bell, Derek; Goldmann, Don (2 de agosto de 2017). "How to attribute causality in quality improvement: lessons from epidemiology". BMJ Quality & Safety 26 (11): 933–937. PMID 28768711. doi:10.1136/bmjqs-2017-006756. hdl:10044/1/49089. 
  25. What the Continuous Update Conclusions Mean American Institute for Cancer Research, n.d., consultado o 13 de xulo de 2017

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]